iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By german estevez GALIPORTUS
Galiportus Ep.64- O Brasil, ese continente... (co Xoán Calviño)

Galiportus Ep.64- O Brasil, ese continente... (co Xoán Calviño)

7/5/2024 · 01:27:10
0
78
0
78
GALIPORTUS Episode of GALIPORTUS
Support

Description of Galiportus Ep.64- O Brasil, ese continente... (co Xoán Calviño)

Hoxe visítanos nos estudios da radio Xoán Calviño (Ou-Gz), linguista, poliglota e profesor da EOI de Ourense. Un bo día decidiu probar cos programas de ensino do español no Brasil e alá estivo por duas veces, para un total de 10 anos. Con el conversamos sobre a complexidade dun Estado de Estados, do tamaño de Europa e que se convertiu na referencia mundial da lusofonía. Falamos, pois, da súa experiencia, mais tamén da historia, estereotipos, das desigualdades, cultura e... peculiaridades da lingua. Un mundo, como xa sabemos, coroado por unhas músicas incríbeis. Escoitamos algunhas que nos recomenda o noso convidado: "Ao meu redor", de Marisa Montes; "Me faz um dengo", con Roberta Sá e Martinho da Vila; e "Águas de Março", da Elis Regina e Tom Jobim. No inicio tamén lembramos ese documentario de Carlos Núñez sobre as raices galegas e célticas do país ("Brasil somos nós") Non é fácil falarmos do Brasil nun só programa... mais sempre é bo facerse unha idea e porse na pel de quen alí viviu!! Beleza!

Comments of Galiportus Ep.64- O Brasil, ese continente... (co Xoán Calviño)
A
No comments yet. You can be the first!