iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By german estevez GALIPORTUS
Galiportus Ep. 67- Festas históricas

Galiportus Ep. 67- Festas históricas

7/15/2024 · 01:28:09
0
67
0
67
GALIPORTUS Episode of GALIPORTUS
Support

Description of Galiportus Ep. 67- Festas históricas

É verán, e toca falarmos de festas. Cada ano, ducias de recreacións con carácter histórico repártense polas vilas e cidades da Eurorrexión. O obxectivo é rebuscar no pasado un acontecimento que marcara a idiosincrasia do lugar para sempre. Loitas contra vikingos, feiras medievais, incursións romanas ou pasado hebreo, calquera motivo é bo para xuntar legado, tradicións, festa e música. Falamos disto todo nos nosos estudios con Marcos Argibay (presidente da Asoc. Civitas Limicorum- Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia, Ou-Gz), Miguel Garcia (presidente da Festa da Istoria de Ribadavia, Ou-Gz) e a Conchi Ogea (Vicepresidenta da Asoc. Esp. de festas e recreacións históricas) No celular, aténdennos Francisco Melo, vicepresidente da câmara de Chaves e "vereador" de cultura (e de congreso por Loures, na rexión de Lisboa); e Mário da Costa, presidente da Fed. Pt. de festas da história (e no momento da nosa conversa nas illas Azores, nunha festa en São Miguel de raíz histórica)
Con todos eles falamos do momento actual, da masificación turística, das non-banalizacións de festas con moito simbolismo... ou da conexión galaico-portuguesa, tamén nesta área. A despedida, coa BSO de Gladiator, dedicámoslla a Maria Méndez, a nosa colaboradora na sombra á hora de reunir xente que sabe tanto de como facer .... historia!

Comments of Galiportus Ep. 67- Festas históricas
A
No comments yet. You can be the first!