Galiportus T2 X 01- O MARCO (VII) O galego de Asturias... vive ou sobrevive?
Description of Galiportus T2 X 01- O MARCO (VII) O galego de Asturias... vive ou sobrevive?
Hoxe comezamos nova temporada no Galiportus e facemos achegando un novo contido d'O Marco, ese espazo de fronteira de carácter auténtico. É un pracer partillarmos unha conversa que tivemos no verán coa xente que máis sabe do Galego da Asturias occidental, ese que leva séculos falándose entre o ríos Eo e Navia, e que loita por sobrevivir, perante a inacción da administración galega e os ataques da asturiana. Trátase dunha realidade complexa, coa presión oficialista do asturiano e a oficial do castelán, e para explicarnos todo conversamos con Moisés Cima, presidente de Axuntar (Asociación prá Normalización del galego de Asturias); Carlos Aenlle, activista de lingua nesas e outras comarcas; Quique Roxíos, poeta e tamén membro da asociación; e Natalia Xardón, doutora en lingüística e natural de Boal (Asturias), tamén boa coñecedora desa realidade. Logo dun bo anaco a falar con eles, despedímonos cun tema, unha cantiga fermosísima, versionada e chamada "El Teixo de Pastur", de Graça Amiguinho. Viva!