Galiportus T2 X 03- Liberdade para o galego, coa Elsa Quintas
Description of Galiportus T2 X 03- Liberdade para o galego, coa Elsa Quintas
Son tempos duros para o galego. Logo dos últimos datos do IGE (Instituto Galego de Estatística, 2023), un tercio dos rapaces de entre 5 e 14 anos non saben expresarse na lingua propia. Por primeira vez en 1000 anos, o galego xa non é a lingua máis falada no seu territorio. Cos sinais alerta vermella acendidos, e cun decreto do "plurilingüismo" de 2010 moi criticado por amplos sectores sociais, conversamos coa Elsa Quintas, vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüistica, avogada, activista e tamén escritora. Con ela, ademais de sinalar as razóns que levan á situación de "emerxencia lingüística", falamos do libro do que é coautora, "Liberdade para o galego". Nel compáranse artigos da Carta Europea de Linguas Minoritarias co Plan de Normalización Lingüística de 2004, asinado por todas as forzas políticas. A visión xudicial de Elsa achéganos novos enfoques aos xa coñecidos nos que non hai liberdade de uso (nin obrigatoriedade no coñecemento) para o galego: saúde, educación, audiovisual, medios... Perante tanto pesimismo, é hora de actuar! En liberdade.
Acabamos o programa cunha recomendación musical da convidada: "Encerelhado", de Berlai.