Description of GLP- O MARCO V- O galego do Bierzo (1)
Volta "O Marco", esta sección do Galiportus dedicada a espreitar e botar unha ollada ao lado de "alá". Hoxe visitamos o Bierzo, esa comarca veciña a Valdeorras (Ou-Gz), con forte espírito de pertenza e que loita desde hai décadas polo seu recoñecemento, lonxe de "leonesismos" e máis lonxe aínda do significado da autonomía de Castela e León. Falamos con algúns dos principais protagonistas que reivindican o uso e a protección do galego do Bierzo, tan galego como o que se pode falar na Galiza "administrativa". Aténdennos Ricardo Témez, director do dixital "Bierzo diario"; Sara Rodriguez, tradutora berciana que creou o primeiro dicionario do galego do Bierzo, con case 15 mil termos; Paco Velasco, catedrático de latín, reformado e histórico activista galeguista na comarca; e Marisa Cela, membro da histórica Escola de gaitas de Vilafranca. 4 entrevistas con xente fenomenal que só queren unha cousa: que a lingua e a cultura galaico-portuguesa perviva do outro lado das Médulas ou de Pedrafita...