Description of GLP- O MARCO VI- O galego do Bierzo (2)
Hoxe dámoslle outra volta á cuestión do galego do Bierzo, falando con máis protagonistas. Máis visións que nos achegan a complexidade da realidade linguistica e sociocultural berciana. Conversamos co Hector Silveiro, nado en Vilafranca do Bierzo, docente e traballador da cultura, coordinador da comisión cultural "Martín Sarmiento" (e das xornadas do galego na escola) Tamén nos atende Raul Ochoa desde Valtuille de Arriba. Con el abordamos asociacionismo, tradicións e mocidade, en canto directivo da Asociación "Fiandón Berciano". En terceiro lugar, Xabier Lago, licenciado en Historia, escritor e membro activo do colectivo "Fala Ceibe". Por último, estamos co Paco Macías, de "edicións Positivas", a cabalo entre Bierzo e Compostela. El cóntanos como ve o futuro: retos, oportunidades...
Viva o galego do Bierzo!