iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Deputación de Pontevedra Aquí faltan páxinas
Inmaculada Paz Andrade. Unha investigadora en loita contra os incendios

Inmaculada Paz Andrade. Unha investigadora en loita contra os incendios

4/3/2024 · 25:45
0
31
0
31

Description of Inmaculada Paz Andrade. Unha investigadora en loita contra os incendios


Inmaculada Paz Andrade foi unha científica incombustible que lles declarou a guerra aos incendios forestais. Con mentalidade inglesa e corazón profundamente galego, esta pontevedresa da parroquia de Lérez desenvolveu unha carreira investigadora pola que obtivo innumerables recoñecementos na comunidade científica, nunha especialidade pola que non sentía ningunha vocación cando empezou a estudar. Ela quería facer Medicina, pero a súa familia pensaba que esa non era carreira para unha muller. Entrou na Facultade de Ciencias por non quedar na casa e acabou introducindo a especialidade da microcalorimetría en España e converténdose na primeira muller en recibir o título de catedrática de Física na Universidade de Santiago de Compostela, entre outros moitos logros. Nun momento no que o acceso ao campo da investigación estaba reservado para os homes, esta pioneira foi quen de superar as barreiras impostas e de converterse en todo un exemplo inspirador para as novas xeracións de científicas. Neste capítulo contamos coa voz da investigadora, nunha entrevista concedida á Televisión de Galicia en 2014. 

Comments of Inmaculada Paz Andrade. Unha investigadora en loita contra os incendios
This program does not accept anonymous comments. !Sign up to comment!