Javier Garcia Biólogo Mariño, DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS: "É o principal regulador do clima global".
Description of Javier Garcia Biólogo Mariño, DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS: "É o principal regulador do clima global".
Falo con JAVIER GARCÍA GALDO Biólogo Mariño, experto en xestión pesqueira, consultor na área de recursos mariños. Con ampla experiencia como Docente e Mergullador profesional con participación en audiovisuais sobre temática mariña.
O 8 de xuño celébrase o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS. nesta data establecida pola ONU co obxectivo de recoñecer a importancia que teñen os océanos para todas as especies, xa que representan o principal pulmón do planeta, e son os responsables de xerar gran parte do osíxeno do planeta. Ademais, o océano alberga a maior parte da biodiversidade da Terra.
Os océanos son grandes extensións de auga salgada que cobren unha gran parte da superficie da Terra. Neles habitan unha gran diversidade de ecosistemas mariños con miles de especies animais e vexetais e que á súa vez son esenciais para que exista un equilibrio ecolóxico, que axuda aos seres humanos no seu sustento.
Estas grandes masas de auga funcionan como sostén planetario e son vitais para o natural ciclo da vida. Nelas prodúcense os chamados accidentes climáticos e outros fenómenos naturais que poden afectar de forma negativa algunhas rexións poboadas do planeta, sobre todo, ás que viven próximas ás costas.
Lema para 2021: o océano: vida e medio de subsistencia
A pesar da importancia dos océanos para a supervivencia do planeta, o home extrae do océano máis do que pode soportar. O 90% das poboacións de grandes peces están mermadas, e a metade dos acerrifes de coral do mundo, foron destruídas. É unha situación insostible que hai que solucionar.
O lema de 2021 está en consonancia co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 14: "Conservar e utilizar de maneira sostible os océanos, os mares e os recursos mariños".
Este ano 2021, a ONU organiza un evento dixital en torno ao tema elixido: O Océano: vida e medio de subsistencia, no que participarán máis de 40 líderes de opinión, celebridades, voces da comunidade, ademais de artistas e invitados especiais. Ti tamén podes ser testemuña desta celebración mundial para crear conciencia sobre os océanos.
🔊"Os beneficios do medio mariño catalóganse en tres tipos: servizos de abastecementos, servizos de identidade cultural e servizos de regulación".
🔊"Todo o que vertemos nos ríos remata no mar, actualmente o 80% do lixo que hai no mar é de orixe terrestre".
🔊"Os océanos produce o 70% do osíxeno que respiramos e absorve ao redor de 2/3 do CO2 que producimos a nivel mundial".
🔊"Debemos coñecer máis os océanos e os mares, porque respetamos máis o que coñecemos".
🔊"Como decía a dama das profundidades Sylvia Earle, Premio Princesa de Asturias da Concordia 2018: "Sen océanos non hai vida e sen azul non hai verde"".
👉Máis Información JAVIER GARCÍA GALDO:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/jgg.biologomarino
✔️Instagram: https://www.instagram.com/javierggaldo/
✔️Twitter: https://twitter.com/JavierGGaldo
✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/javier-garcia-galdo-588837ba/?originalSubdomain=es
👉Máis Información COLEXIO OFICIAL DE BIOLOGOS DE GALICIA:
✔️Páxina Web: https://biologosdegalicia.org/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/cobgalicia
✔️Twitter: https://twitter.com/COBGalicia
✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/cobgalicia/?originalSubdomain=es
✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCOoCU3tZtDrVhcjO_9Ov_1A
🎙️ "SUSCRÍBETE" ao podcast👍
👉Máis Información e outras entrevistas:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas