

Description of Lapis e papel - 3x01 - Teatro das aforas
Comeza a nova temporada de Lapis e Papel para achegar a actualidade das artes escénicas de todas as salas e auditorios de Vigo e a súa comarca.
O capítulo 3x01 trae as presentacións das programacións da Sala Ártika, Teatro Ensalle, Teatro Afundación e Vigocultura, así como tamén o "Circuíto Galego de Teatro Amador 2021", da FEGATEA, que se vai desenvolver no CVC de Valladares.
Ademais, conversamos con Fernanda Barrio, directora de Ártika, para coñecer mais de preto a labor que realizan dende a sala situada na Avenida de Beiramar.
Por outra banda, rememoramos o que foron os "XXV Premios de Teatro María Casares", desenvoltos pola AAAG, e laretamos sobre "Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva", de Olivas Negras.
Finalmente, recibimos a visita de Pepe, de Porta Aberta, para falar do "Certamen de Teatro Afeccionado de Vigo", que se vai desenvolver polos arredores da cidade durante o mes de outubro.