iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Lapis e papel Lapis e papel
Lapis e papel - 3x04 - Contrapunto

Lapis e papel - 3x04 - Contrapunto

11/18/2021 · 40:00
0
70
0
70
Lapis e papel Episode of Lapis e papel

Description of Lapis e papel - 3x04 - Contrapunto

No cuarto capítulo da temporada centramos a nosa mirada na comedia, dado que o CVC de Valladares ven de rematar a "XXII Edición do Certame de Humor" que se festexou durante as dúas primeiras fins de semana de novembro.
Así mesmo, o Cine Teatro Salesianos prosegue con "Éche unha risa" e o Teatro Afundación reprogramou a meirande parte dos monólogos que ía acoller en meses pasados, como o de Joaquín Reyes, Martita de Graná ou Berto Romero.
Ademais, tomamos apunte do teatro que imos ter pola cidade durante as vindeiras semanas, entre o que destaca a fin da programación de Vigocultura no Auditorio Municipal e o comezo do "Circuito de la Red de Teatros Alternativos" na Sala Ártika.
Por outra banda, adicamos o "faladoiro" desta semana a "Confinad@s", de A Tequerreté Teatro, obra representada no CVC de Valladares formando parte do Circuíto Galego de Teatro Amador 2021 que narra a historia de catro amigos que deciden xuntarse por vídeo chamada para fuxir das rutinas provocadas polo illamento.
Finalmente, conversamos con Beni Costas sobre a nova edición do "Festifolc", que se vai desenvolver o derradeiro fin de semana de novembro, e do "Encontro de Teatro 2021" e "Circuíto Galego de Teatro Amador 2021" que acolleron no Auditorio da SCD "Atlántida" de Matamá.

Comments of Lapis e papel - 3x04 - Contrapunto
This program does not accept anonymous comments. !Sign up to comment!