Description of Lapis e papel - 3x07- Rematou o Entroido
No capítulo desta semana falamos da convocatoria dos "XXVI Premios de Teatro María Casares", así como tamén do Goya ao actor galego Chechu Salgado.
En canto á axenda, destacan a estrea mundial de “O’Péndulo”, de Inversa Teatro, unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia, e a chegada de Enrique Piñeyro con “Volar es humano, aterrizar es divino”, espectáculo onde recrea un voo de Avianca durante a súa aterrizaxe en Nova Iork
Finalmente, o faladoiro deste episodio está adicado a "A illa da deslembranza", obra de Ártika Compañía representada recentemente na Sala Ártika creada a base de metáforas e gran forza visual que quere achegar aos máis cativos un tema tan duro como é o alzhéimer.