Con motivo do aniversario do nacemento da actriz coruñesa María Victoria Casares Pérez (1922-2022) e no marco dos actos de celebración do Ano Internacional María Casares neste 2022, nutriremos o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de diversos textos para achegarnos á figura desta magnífica muller, actriz e personaxe pública de orixe coruñesa e de gran transcendencia na vida social, cultural e artística da Francia do século XX.
Neste audio: lectura dun fragmento das memorias de María Casares, publicadas en galego na editorial Trifolium no ano 2009. Traducidas directamente do francés por Ana Belén Martínez Delgado, lingua na que foron editadas orixinalmente no ano 1980, constitúen o testemuño máis completo acerca do exilio dunha muller que conseguiu triunfar lonxe do seu país, ata converterse en actriz universal, primeira figura da Comedia Francesa e do Teatro Nacional Popular francés.
Programación Ano Internacional María Casares nas BMC: https://www.coruna.gal/descarga/1453786373895/programacasares.pdf
Comments