¡ÚLTIMAS HORAS! Disfruta 6 meses de Premium al 25% de dto ¡LO QUIERO!
Libros para quererse ben

Libros para quererse ben

4/24/2025 · 47:06
0
159
0
159
Entreliñas
Episode of Entreliñas

Description of Libros para quererse ben

Nesta terceira xeira do podcast incorporamos a voz de Luz Pérez Costas ao equipo de Entreliñas. Entrevistamos a Fina Casalderrey e falamos sobre o conxunto da súa obra e das súas recentes candidaturas aos premios Hans Christian Andersen e Astrid Lindgren. Asistimos ao renacer da revista Criaturas de Literatura Infantil e Xuvenil, da man de Daniel Landesa, Miguel Vázquez Freire e Tensi Gesteira. Ledicia Costas falounos de “Feriópolis”, a obra coa que vén de ganar o Premio Barco de Vapor. E acompañamos a Remedios Cid na nova ruta por Ourense Occidental da biblioteca móbil da Xunta de Galicia, a Furgoteca. Todos estes contidos enfiados coa voz e a música de faia, co seu último traballo: “Alvela”; os temas que nos acompañan son “Toutón”, “Dona Alvela” e “E se queres”. E unha lembranza moi especial para o noso querido Marcos López, impulsor deste podcast, coa súa canción preferida de Mondra: “Quererse ben”. E queréndonos ben, entre libros, fixemos este podcast Eva Mejuto e Luz Pérez Costas aos micros, Denís Losada na técnica e Belén G Freijeiro na producción.

literatura cultura poesia libros lecturas

Comments of Libros para quererse ben

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to Art and literature