iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Deputación de Pontevedra Aquí faltan páxinas
María Araújo. A guerrilleira que loitou contra as ditaduras de Franco e Batista

María Araújo. A guerrilleira que loitou contra as ditaduras de Franco e Batista

12/16/2024 · 41:44
0
35
0
35

Description of María Araújo. A guerrilleira que loitou contra as ditaduras de Franco e Batista


Nada en Carril en 1904, con só dous anos emigrou cos seus pais a Cuba, onde estudou nun convento, e logo casaría con Sebastián Carcaño, natural de Mugardos. Xuntos iniciáronse nas loitas proletarias e vinculáronse ao entón nacente movemento comunista cubano. En 1927 volveron a Galicia con dous fillos. María empezou a traballar nunha fábrica de conservas de Vigo, onde tomou as rendas do Sindicato de Conserveiras como militante do Partido Comunista de España. Durante a guerra civil participou na loita guerrilleira galega contra as forzas franquistas ata que a detiveron e a meteron no cárcere, onde entrou coa súa filla pequena, Dora, nada xa en Galicia. En 1944, o cónsul de Cuba en Vigo, Luis Bas Molina, axudouna a saír de prisión e regresar a Cuba con documentación falsa. A súa enerxía e o seu activismo continuaron alí, onde lles axudou aos guerrilleiros antifranquistas españois e aos comunistas cubanos contra a ditadura de Batista e apoiou o Goberno revolucionario, que se fixo co poder en 1959. Colaborou na campaña de alfabetización, nos Comités de Defensa da Revolución e na Federación de Mulleres Cubanas. Foi condecorada por Fidel Castro coa Orde Ana Betancourt, recibiu a Medalla 23 de Agosto da Federación de Mulleres Cubanas e a Medalla 28 de Setembro, que lle outorgaron os Comités de Defensa da Revolución. En 1989 chegaba ao seu fin, na súa casa da Habana, a vida de María a guerrilleira, unha incansable loitadora que viviu para facerlles fronte ás inxustizas. Neste capítulo contamos coa voz da súa filla, Dora Carcaño, que acompañou a súa nai no cárcere de nena e continuou o seu legado militante en Cuba. Tamén nos achega a súa perspectiva Pilar Cagiao, profesora de Historia de América na Universidade de Santiago de Compostela, autora do libro Muller e emigración, membro da Academia da Historia de Cuba e investigadora referente no estudo dos movementos migratorios entre Galicia e América desde un enfoque de xénero.

Comments of María Araújo. A guerrilleira que loitou contra as ditaduras de Franco e Batista
This program does not accept anonymous comments. !Sign up to comment!