iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Deputación de Pontevedra Aquí faltan páxinas
María Pardo Trapote. Unha soprano de Teis nos Estados Unidos

María Pardo Trapote. Unha soprano de Teis nos Estados Unidos

9/26/2024 · 36:25
0
26
0
26

Description of María Pardo Trapote. Unha soprano de Teis nos Estados Unidos

O 13 de xaneiro de 1892 naceu en Vigo María Pardo Trapote. A súa infancia transcorreu entre a quinta familiar do Troncal, no barrio vigués de Teis, e a cidade de Pontevedra, onde vivían seus avós maternos. Rematou con excelentes cualificacións os seus estudos na Sociedade Económica de Santiago e os cursos de piano e canto. A partir de 1913 comezou a destacar como unha brillante artista lírica e participou nun concurso no que obtivo unha pensión para ampliar os seus estudos en Italia, cunha estancia no conservatorio de Milán. A finais de 1915 constituíu un grupo musical coa violinista María Chaves, coa que realizou unha excursión artística por Galicia. Chegou a actuar tamén no Teatro Español de Madrid e en Portugal, onde casou en 1919. Tras unha etapa no país veciño emigrou aos Estados Unidos, onde comezou unha nova relación con Vicenzo Calvaresi, profesor de linguas romances, e pasou a ser coñecida como María Pardo de Calvaresi. En 1935 o seu nome apareceu nun programa da Sinfónica de Boston como soprano operística e profesora de canto. Esta gran dama da ópera faleceu en Boston o 9 de setembro de 1965, aos 73 anos, discípula do mestre, empresario teatral e director de ópera José Tolosa, e do barítono e profesor de música e declamación Ignacio Tabuyo y Muro. Neste capítulo contamos co testemuño da súa sobriña neta, Pilar de Saa, e coas achegas da musicóloga e investigadora Marieta Lorenzo, centrada na recuperación das figuras galegas da lírica nacional e internacional.

Comments of María Pardo Trapote. Unha soprano de Teis nos Estados Unidos
This program does not accept anonymous comments. !Sign up to comment!