iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Deputación de Pontevedra Aquí faltan páxinas
Mary Quintero. A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única

Mary Quintero. A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única

6/26/2024 · 45:52
0
48
0
48

Description of Mary Quintero. A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única

Neste capítulo a propia Mary Quintero —a
primeira muller viva que forma parte da colección Aquí Faltan Páxinas— narra a
súa fascinante historia, a dunha nena de Melide, nada na España dos anos trinta,
que tivo a sorte de criarse nunha galería de cristal, que era como se lles
chamaba na época aos estudios de fotografía. O seu pai fotografaba e a súa nai
coloreaba. Ela, coma quen xoga, foino aprendendo todo. Fixo a súa primeira
exposición en Lugo cando tiña 15 anos e, desde ese momento, o seu pai insistiu
en que asinase co seu nome e animouna a ter o seu propio estudio, primeiro en
Lugo e despois en Vigo, a onde chegou nos anos cincuenta para facer sesións
fotográficas nas mellores casas da cidade, irrompendo nun mundo de homes no que
destacaban fotógrafos do prestixio de Pacheco, Balín ou Ángel Llanos. Montou o
seu estudio na céntrica rúa Urzáiz, no mesmo edificio onde vivía, e conciliou o
oficio de fotógrafa, á fronte dun equipo de once persoas, coa crianza de dúas fillas
e dous fillos. Cando chegou a fotografía a cor e ninguén parecía capaz de
dominar a nova técnica, ela desenvolveu un sistema propio de retoque
fotográfico que salvou o sector. A partir de aí, Kodak contratouna para darlles
cursos a fotógrafos de todas partes. Tamén usou maxistralmente o proxector de
fondos e, de novo, tivo que ensinar a moitos outros estudios a traballar con
el. Compartiu os seus coñecementos dunha forma xenerosa en centos de congresos
por todo o mundo e retratou varias xeracións da sociedade viguesa e moitos
rostros coñecidos ao longo de 77 anos de carreira, nos que recibiu o respecto e
a admiración das e dos seus colegas de profesión e os premios máis importantes.
Hoxe experimenta coa pintura, a súa outra paixón, e asegura estar
encantada coa fotografía dixital, aínda que a súa chegada lle obrigase a pechar
o estudio.

Comments of Mary Quintero. A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única
This program does not accept anonymous comments. !Sign up to comment!