

Description of Meditación sementes de primaveira
Mais da metade da poboación mundial sufre a chamada astemia primaveral, unha sensación de cansazo, fatiga, falta de sono , apatía e melancolía.
Tamén durante este tempo o sistema imnulóxico actívase e ai unha maior disposición para sufrir alerxias, e tamén ai un aumento da irritabilidade e a disminución do humor.
Cambiar de estación e algo común e imos tentar reducilas molestias e recuperar a túa vitalidade.Asi que se notas un cansanzo inesplicable, problemas de concentración, falta de apetito, trastornos do soño, nerviosismo, dores de cabeza ou tristeza inxustificada, non te preocupes ocurreche a ti e a moitas mais persoas.
Unha dieta que conteña verduras de folla verde, frutas coma o plátano, legumes e cereais integrais. Comer mais a miúdo , ter boa hidratación, beber menos café , facer mais exercicio físico ou estar 30 minutos ao sol cada día e descansar ben pode aliviar este síntomas.
se levas así mais de 3 semans deberías ir ao médico, tal vez poidas ter anemia, ou alerxia ou poidas comezar cunha depresión.
Durante a primaveira o sol e asúa caloriña fan que pouco a pouco sexamos conscientes de que temos un corpo debaixo da roupa, e uns sentimentos de cambio desexando sair.O igual que desfrutamos de poñernos unha camiseta de manga curta e as gafas de sol, tamén desfrutamos de sentirnos ben por dentro, de sentir o subconsciente sosegado e con ganas de desfrute.
E o igual que é preciso botar crema solar, poñer unha gorra ou sombreiro na cabeza e protexer os ollos con gafas escuras parq que os raios deste sol non nos fagan dano e tamén necesario ter ferramentas para non caer na apatía primaveral e que os pensamentos cheos de enerxía nos invadan coa súa creatividade para deixarnos emboltar pola tenrura e enerxía telúrica das novas sementes que medran .
Meditación realiza e locutada en maio de 2022 por Patty Castro






Comments of Meditación sementes de primaveira