iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Deputación de Pontevedra Aquí faltan páxinas
Mercedes Ruibal. Os trazos dramáticos dunha pintora alegre (1928 2003)

Mercedes Ruibal. Os trazos dramáticos dunha pintora alegre (1928 2003)

11/8/2024 · 50:30
0
26
0
26

Description of Mercedes Ruibal. Os trazos dramáticos dunha pintora alegre (1928 2003)

Naceu na parroquia pontevedresa de Xeve, nunha familia republicana de grandes inquedanzas artísticas que se viu obrigada a emigrar por mor da guerra. O seu pai era un apaixonado da música e da literatura, a súa nai, unha pintora naíf, o seu irmán José, dramaturgo, e a súa irmá Ángeles, cantante. Teté —o nome familiar de Mercedes— pasou a súa infancia e adolescencia en Xeve, ata que con vinte anos emigrou a Bos Aires para reencontrarse co seu irmán José. Alí iniciouse na pintura con Laxeiro como amigo, mentor e mestre. Realizou a súa primeira mostra individual na Sala Rose Marie, en 1956, e, pouco despois, en 1957, regresou a Galicia xa convertida en pintora. Tras realizar unha serie de exposicións en Vigo, trasladouse a Madrid, onde traballou como deseñadora de cerámica, visitou repetidamente o Prado e estableceu unha relación con artistas dos faladoiros do Café Gijón. En 1959 casou co arquitecto e pintor Agustín Pérez Bellas; xuntos percorreron medio mundo e residiron en Roma, onde compartiu estudio con Rafael Alberti, quen mantivo unha grande amizade con ela e lle dedicou algúns poemas á súa pintura. No seu estilo expresionista percíbense as influencias de Laxeiro, Rouault e do Goya das pinturas negras, coa crítica social sempre presente.  Cando nunha ocasión lle preguntaron polos motivos que a levaban a pintar cousas escuras e ata monstruosas, dixo: "Eu son alegre, optimista. Non son cruel nin torturadora. A pintura, non obstante, sáeme dramática e, ademais, quero que me saia así. As cousas con forza son as que fan vibrar". En Vigo relacionouse con Lugrís, Laxeiro e Lodeiro, e reflectiu a súa peculiar personalidade no texto Confesiones de volatinera con bragas de repuesto al dorso (1978), ilustrado polo seu home. Expuxo a súa obra en Galicia, Madrid, Bos Aires, Roma, Florencia, Lisboa, París e Londres. Foi galardoada co segundo Premio Kramer na Bienal Hispanoamericana de Arte de 1964, co Premio Reconquista de Vigo en 1992 e nomeada Viguesa Distinguida nese mesmo ano. A súa pintura figura nas coleccións de varios museos galegos e americanos, e tamén en coleccións privadas. Mercedes non tivo fillos pero amadriñou e criou a súa sobriña, Graciela Baquero Ruibal, que hoxe custodia a súa obra e que nos acompaña neste capítulo narrando algunhas das pasaxes da súa vida, estreitamente conectada coas diferentes etapas da súa pintura.

Comments of Mercedes Ruibal. Os trazos dramáticos dunha pintora alegre (1928 2003)
This program does not accept anonymous comments. !Sign up to comment!