¡ÚLTIMAS HORAS! Disfruta 6 meses de Premium al 25% de dto ¡LO QUIERO!
Ninguén queda- Brais Lamela

Ninguén queda- Brais Lamela

11/5/2023 · 28:51
0
53
0
53
Palabras Voadoras
Episode of Palabras Voadoras

Description of Ninguén queda- Brais Lamela

Unha poética dos vestixios. Do que pode construírse sobre os restos, sobre os fragmentos, como espazos de pertenza erguidos mesmo onde non quedaba nada. É unha das propostas de Ninguén queda (Euseino, 2022), a primeira novela de Brais Lamela. Un mozo conta a historia dun desposuimento, o da veciñanza de Negueira de Muñiz obrigada a desprazarse á Terra Chá tras seren as súas casas anegadas para facer un encoro. Mais esta historia entrecrúzase con outras, todas unidas polo desarraigo e, tamén, pola necesidade, e a vontade, de erixir comunidade malia todo.

Partindo do Plan de Colonización da Terra Chá dos anos 50, Lamela transpórtanos entre dous mundos, dúas épocas e dúas xeracións: as que habitan a cidade de Nova York e a provincia de Lugo. Un libro no que reflexiona sobre o fogar e o sentimento de pertenza.

Ninguén queda é unha novela construída por un proceso de sedimentación, pola superposición de capas diversas que resoan entre elas. Hai un proceso de ir desvendando as ocupacións sucesivas que foron deixando o seu rastro nun territorio que en principio podería semellar illado, como unha rexión de montaña na fronteira de Galicia.

Esta idea está no corazón do texto, non buscaba reforzar ningunha mitoloxía sobre as orixes. O fogar aparece como algo circunstancial, hai momentos nos que os personaxes poden sentir pertenza, pero é algo moi precario, que pode desaparecer. Isto conecta as experiencias pasadas coas máis contemporáneas

No fondo, o que está no centro do libro non son as cuestións históricas ou sociolóxicas, senón persoas, sempre con vidas e posicións múltiples, buscando facer pe nun espazo alleo.

A idea de construír dende o que permanece aparece de moitos xeitos: está na historia do pai que constrúe arte con refugallos, na figura do narrador, noutras historias de xente que refai as memorias das súas comunidades, ou das súas vidas.

Di o autor: o que me interesaba era introducir voces alleas que rompesen coa visión unitaria da voz do narrador, figuras como a súa parella ou o seu pai que cuestionasen o narrado ou contribuísen ao que se conta. Supoño que é importante, para min, mostrar que non hai unha historia única, acoller voces disidentes.


—Ninguén queda e os lugares mudan, hai algo que permanece?
—É un título que pode soar pesimista, pero para min era unha consigna que escoitaba aquí, en Galicia, e en Nova York. Nas entrevistas coa xente da colonización, referíanse ás vilas anegadas como lugares nos que non quedou ninguén. Gustoume ese eco de algo que escoitei en contextos moi distintos, pero a novela cuestiónao coa idea de que onde parece que non queda ninguén, ou en espazos construídos para iso, quedan cousas. Os obxectos ou as persoas que deciden non marchar é o que desafía esa consigna un tanto pesimista.
—É unha obra con moitas capas, pero queres enviar algunha mensaxe con ela?
—Ata agora a xente encontrou cousas moi distintas no libro. Non me gustaría que tivese unha mensaxe porque non creo nesa forma de escribir. Unha das cousas importantes para min é transmitir a sensación de que escribir literatura galega ou falar sobre Galicia pode querer dicir moitas cousas distintas, que un non está limitado a ter que estar aquí ou escribir dun xeito particular, ou sobre unhas cuestións específicas. Un pode escribir sobre Nova York e estar escribindo sobre Galicia, ou estar en Galicia e escribir sobre Nova York. Quería ter moitas capas e manter como unha balanza de xeito que alguén sempre atope algo q lle guste.



Algunhas cousas que nos quedaron:
• O trauma no exilio non é o esquecemento, senón a memoria
• Fai moito fincapé nos espazos nas diferentes ideas de fogar.
• Hai un xogo entre o que é real e o que non.
• Estrutura da novela: ire e vire errante.
• Este libro só pode ser escrito por un migrante.

podcast literatura novela cultura lecturas

Comments of Ninguén queda- Brais Lamela

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to Art and literature