iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Radio Ateneo Libros para as medras
O fabricante de sombreiros

O fabricante de sombreiros

12/3/2024 · 04:03
0
6
0
6

Description of O fabricante de sombreiros

O fabricante de sombreiros de Pinto & Chinto é unha desas xoias que cando aparecen nos alegran os días. Unha obra para permanecer, chea de orixinalidade, imaxinación e bo facer. Este dúo de creadores (David Pintor e Carlos López) tan coñecidos pola viñetas de humor no xornal como polos libros infantís, agasállanos, de vez en cando, con materiais dunha calidade superior ante os que non nos queda outra que sacar o sombreiro e saudar (aínda que vos vou contar un segredo: o señor Martus creou un sombreiro que saúda el só, sen necesidade de ter que erguelo coa man).

Comments of O fabricante de sombreiros
This program does not accept anonymous comments. !Sign up to comment!
No comments yet. You can be the first!