¡Disfruta 6 meses de Premium al 25% de dto! ¡LO QUIERO!
O incendio - Sara Vila Alonso

O incendio - Sara Vila Alonso

5/4/2025 · 10:00
0
53
0
53
Palabras Voadoras
Episode of Palabras Voadoras

Description of O incendio - Sara Vila Alonso

O incendio. Sara Vila
Xerais, Vigo, 2024

Deste libro dixéronse cousas como:


É posible que o premio Blanco-Amor que se lle outorgou a Sara Vila no ano 2024 por O incendio talvez se sitúe entre ese monllo das propostas máis atractivas das galardoadas até agora, entre outras razóns porque encerra moitas e vizosas lecturas.

Por veces O incendio semella adscribirse a esa narrativa chamada “de fronteira”, por veces sitúase na denominada novela de (auto)formación e mesmo, en ocasións, parece que presenciamos nela o desenvolvemento dunha novela psicolóxica. É todo isto por xunto e talvez máis cousas.

Pode parecer sinxelo -e non o é- darlle voz a unha adolescente que articula un discurso escrito coma se fose unha terapia para enfrontarse aos seus propios medos, á súa ansiedade, ás dependencias de ira e volta e, en xeral, ao seu propio pasado que a conforma como é. Non é sinxelo porque son moitos os riscos e tópicos en que se pode caer mais, antes ben, Vila consegue que cedamos a nosa complicidade a unha voz limpa, directa e próxima ao que contribúe, por certo, tanto a economía de medios que exhibe como o emprego dun rexistro expresivo popular que revela con transparencia o fondo do conflito. Se cadra é esta, alén dunha estrutura moi meditada e acaída, a clave que fai funcionar unha novela coma unha engrenaxe perfecta que xira arredor da devandita adolescente, da súa avoa e dunha cadela.

Estamos diante dunha novela de formación que culmina cunha novela que podemos chamar de “destrución”, cando a aldea arde. Nesta novela de formación, contada na voz da protagonista principal, decorre á súa vez outra na cal a avoa vai perdendo facultades físicas e mentais, entrando nun declive que só pode ter un final. Formalmente salientamos o achado de que cada capítulo conteña en si xa naquilo que derivará no seguinte. Este efecto de títulos en contigüidade na primeira e segunda parte das tres que ten), anima moito a lectura, imprímelle axilidade.

Cunha voz que escribe dende a inxenuidade, a tenrura e o humor, esta novela de Sara Vila Alonso explora a intimidade dunha nena que se fai adulta nun mundo hostil e violento, pero onde tamén afloran os afectos, a amizade e o pracer. «O incendio» é un relato sobre o lume, aínda que o importante sexa todo o que sucede antes de que comece a arder.

literatura novela cultura libros lecturas

Comments of O incendio - Sara Vila Alonso

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to Art and literature