O Teleclube 03x18: "The Drama"

O Teleclube 03x18: "The Drama"

6/9/2026 · 25:42
0
226
0
226
El Salto Radio
Episode of El Salto Radio

Description of O Teleclube 03x18: "The Drama"


'O Teleclube' asiste á voda desastrosa de Zendaya e Robert Pattinson en 'O Drama'. Os dous actores colaboran co director de 'Dream Scenario', Kristoffer Borgli, para unha reflexión moral incomodísima.

Zendaya e Pattinson semellan ser unha parella idílica ata que participan nun reto e revelan a peor cousa que fixeron nas súas vidas. O resultado pon o futuro da súa voda en dúbida e dá lugar a unha serie de escenas que desencadean momentos que dan cada vez máis vergoña allea.

Borgli dirixe un filme que provoca a necesidade irresistible de debater o peor que fixemos, os nosos pensamentos máis turbios e o noso dereito de xulgar e cancelar ás demais. Escóitanos para coñecer as nosas reaccións!

🧐 E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube 💜. E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.

cine robert pattinson zendaya o teleclube the drama

Comments of O Teleclube 03x18: "The Drama"

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to Movies, TV and shows