Onda Vital do día 24/05/20182018/May/Thu
Programa de expansión da música galega, aberto a todo o sector en Galicia"Onda Vital" concíbese como un programa de expansión da música galega, aberto a todo o sector en Galicia. No seu tempo terán cabida entrevistas, gravación e emisión de concertos de bandas galegas, ou mesmo a sección "Venham mais 5", en que semanalmente Lara Tigre convidará outras persoas a ‘pinchar’ no espazo as súas cinco cancións favoritas en galego.
"Venham mais 5" converterá en DJ a todos os músicos e músicas de Galicia, pero tamén aos demais implicados no sector: programadoras/es, técnicos/as, produtores/as,...
A xornalista que está detrás da Dj Lara Tigre, Xiana Arias (A Fonsagrada, 1983), traballa no "Diario Cultural" da Radio Galega desde hai dez anos. É tamén escritora, publicou os poemarios "Ortigas" e "Acusación", é baixista da banda "Atrás Tigre" e protagonista e cantante no libro-cd "Sira e o robot. Adventures on Titan".
Comments