

Description of para non concretarme - Tamara Andrés
“Para non concretarme” foi publicado por Edicións Positivas en xaneiro do 2024.
Deste libro dixéronse cousas como:
poemario en floración, cálido, primaveral.
a corporalidade está moi presente en todo o libro: as mans, a boca, a carne, iso que nos constrúe. Atopamos un territorio físico de pel e auga, do inmenso e o diminuto. A inmensidade é algo diluído e presente nas pequenas accións. Tamara Andrés xoga coa inmensidade coma as linguas (en todas as súas acepcións) xogan coas palabras.
Porque este libro é en certa maneira un terreo de xogo, a poeta xoga co poema, cos lectores e mesmo cos elementos gráficos e os signos de puntuación. É unha obra heteroxénea, con poemas de versos curtos e breves, algúns moi diferentes do resto do conxunto, como para facer honra a un título que promete experimentación. “nacemos cun río baixo a lingua”, lemos no título dun dos textos, comprendendo que a auga que se garda é tan importante coma a que mana, e esta tan importante coma a que se bebe. O libro é en ocasións mar e en ocasións encoro. O silencio cobra o mesmo protagonismo que a palabra.
“Para non concretarme”, abisma na orixe da linguaxe, na arquitectura do poema e convida ao lector a deixármonos xogar
unha obra creada en movemento para convidar a quen le a xogar, a indagar no poema e na linguaxe e a admirar a beleza pasaxeira.
Este territorio poético proposto por Tamara Andrés tínxese de orcela, o nome da cor onde descansa, como ela mesma afirma, desa travesía, dese camiñar, ou moverse baixo unha luz de abril, unha luz que mesmo discute a crueldade do abril de Eliot e a súa terra baldía, pero que a poeta precisa para atemperar a luz cegadora de agosto, «a luz do verán é asoballadora/ invasiva coma os impulsos/ como as persoas que mancan...».
A propia autora ten comentado en relación con esta obra:
Busco a palabra exacta para que sexa un lugar para poder descansar.
A poesía serve para interrogarme.
Hai que celebrar o que flúe pero que se está indo. Que facemos co que non se pode gardar?
Foi escrito cando estaba en viaxe constante.
Formalmente troco constantemente. Experimento sempre.



















![[ELHDLT] 14x02 Los coleccionables](https://img-static.ivoox.com/index.php?w=55&url=https://static-1.ivoox.com/audios/6/f/9/6/6f9641a17e3df79ca26d18c902a0131a_XXL.jpg)
Comments of para non concretarme - Tamara Andrés