Description
Somos unha revista que nace froito dun interese plausibel pola cultura en xeral. A nosa intención é a de difundir e participar nos movementos de vangarda galegos a nivel musical, literario ou artístico, así como proporcinar unha visión xusta do pasado no noso apartado de historia. Pretendemos ser unha ferramenta para aquel que queira darse a coñecer ou pretenda reforzar este movemento de expasión da cultura a partires da cidade da Vela Auria, rexurdir das cinzas, espertar do sono, coñecernos a nós mesmos e recoñecer a importancia vital da nova onda cultural galega.
Comments