iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Deputación de Pontevedra Aquí faltan páxinas
Placeres Castellanos. Unha galega na resistencia galega contra os nazis

Placeres Castellanos. Unha galega na resistencia galega contra os nazis

5/27/2024 · 29:25
0
33
0
33

Description of Placeres Castellanos. Unha galega na resistencia galega contra os nazis

Non se entendería a historia de Placeres Castellanos sen a de Víctor Fraiz. Nin a de Víctor sen a de Placeres. Con el casou moi nova, sendo el o seu mestre. Foi perseguido e asasinado polo bando franquista nos meses posteriores á sublevación de 1936, ao igual que os seus fillos Víctor Jesús, Vicente e Moncho. Aquel golpe mudou por completo a vida da que foi a primeira muller da Agrupación Socialista de Vigo. A súa existencia converteuse, máis que nunca, nunha loita pola súa dignidade e pola da súa familia. Entregouse ao coidado de nenas e nenos e persoas feridas ata que tivo que escapar ao sur de Francia, onde permaneceu en campos de internamento e entrou en contacto coa resistencia francesa, coa que colaborou como guerrilleira de enlace. Finalizada a guerra, o seu activismo feminista levouna a representar a Marsella, onde traballaba como xornalista, no Congreso Internacional de Mulleres que tivo lugar en París en novembro de 1945. Alí coincidiu con Dolores Ibárruri, a Pasionaria. En 1948 reuniuse en París co seu fillo pequeno, co que partiu á Arxentina en 1949. Cando volveu a Galicia en 1955 reencontrouse coa súa familia, alugou unha casa e dedicouse a intentar recuperar os anos perdidos ata o seu falecemento en 1971. Neste capítulo contamos coa voz da súa neta, Silvia Caldas, que conviviu con ela desde que regresou a Galicia ata a súa morte. Ela custodia o seu valioso legado: unha maleta con escritos, fotografías e algunha prenda significativa que Placeres lle entregou e que conserva xunto ás anécdotas e leccións de vida que a súa avoa lle transmitiu e que a marcaron profundamente.

Comments of Placeres Castellanos. Unha galega na resistencia galega contra os nazis
This program does not accept anonymous comments. !Sign up to comment!