Plástico Elástico 059. ENTREVISTA A SUPERSUBMARINA. 16/11/2011.
Description of Plástico Elástico 059. ENTREVISTA A SUPERSUBMARINA. 16/11/2011.
Supersubmarina preséntannos Realimentación E.P. Repasamos a Axenda de Concertos e Regalamos Entradas para Invivo.
Esta semana en Plástico Elástico mantivemos conversa telefónica con Juancha (Batería) de Supersubmarina que a vindeira semana visitarán Galicia para presentarnos o seu novo E.P. "Realimentación" (Octubre Music, 2011).
Repasamos a Axenda de Concertos recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de El Columpio Asesino, Igor Paskual, Los Septiembre, Invivo, Mato Grosso e Los Chavales.
Regalamos Entradas para ver este sábado en directo aos compostelanos Invivo, presentando o seu segundo disco "Dogma" (ACI, 2011) no TNT de Compostela.
Despedimos esta nova páxina de actualidade musical co primeiro E.P. de Mina Tindle, o novo proxecto dunha rapaza francesa chamada "Pauline de Lassus" que formará parte do cartel de Voces Femeninas 2011, que terá lugar a vindeira semana en Ourense e Vigo.
Aproveitamos a ocasión para convidarvos a asistir a Tres Sesións Musicais a cargo de Plástico Elástico D.J. A 1ª terá lugar hoxe xoves 17 ás 23.00 no Bar Embora (Compostela), a 2ª o sábado 19 de novembro á mesma hora no mesmo local e a 3ª o mércores 23, tamén deste mesmo mes, no mesmo horario, no Bar A Reixa (Compostela). En ámbalas tres sesións pincharemos bandas que soan habitualmente no noso espazo musical.
Nesta edición soaron: El Columpio Asesino, Igor Paskual, Supersubmarina, Los Septiembre, Invivo, Mato Grosso, Los Chavales e Mina Tindle.