Plástico Elástico 063. ENTREVISTA A MATO GROSSO. 14/12/2011.
Description of Plástico Elástico 063. ENTREVISTA A MATO GROSSO. 14/12/2011.
Mato Grosso preséntannos "Blanco Perfecto". Regalamos Entradas para Pacífico e Sinestesia.
Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita dos compostelanos Mato Grosso, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para presentarnos o seu Primeiro e Flamante L.P. "Blanco Perfecto" (Autoeditado, 2011).
Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Pacífico, Samesugas, Baldosa Amarilla, Sinestesia e Blows.
Regalamos Entradas para ver en directo aos vigueses Pacífico (Xoves 15 de Decembro no Moon Music Club de Compostela, presentando o seu Novo Disco "Indestructible") e aos compostelanos Sinestesia (Mércores 21 deste mesmo mes, na mesma Sala, presentando o seu Novo E.P. "Días de Cine"). Para conseguir unha delas, envíanos o antes posible un Mail ao enderezo do programa, respondendo correctamente á pregunta formulada nesta edición e indicándonos os teus datos persoais.
Despedimos esta nova páxina de actualidade musical lembrando o Concerto Solidario Blows Fuck Cancer, que terá lugar o Xoves 22 de Decembro no Mondo Club de Vigo, no que Amigos Artistas da talla de Amaro e Iván Ferreiro, Eladio y Los Seres Queridos, Ibán Marciano, March, Meteoro DJ, Nicolás Pastoriza, Paco Cat People, Pedrito Diablo & Los Cadáveras, Silvia Superstar, Thee Tumbitas e Triángulo de Amor Bizarro actuarán xunto a Blows e Especialmente a Álex Lago (Baixista do grupo vigués).
Nesta edición soaron: "SixFourNine", "Vichy Catalán", "Ni Todo Lo Demás" e "Mato Grosso" de Mato Grosso, "Día D" de Pacífico, "They Out Are There" de Samesugas, "Siempre en Espiral" de Baldosa Amarilla, "La Ciudad y Otros Escenarios" de Sinestesia e "Mujeres Que Corren con Lobos" de Blows.