

Description of Pleno ordinario do 24 de setembro de 2020
Sesión ordinaria do pleno na que ían na orde do día dous asuntos principais: a aprobación da RPT -que saíu adiante só cos votos do grupo de goberno, a abstención do PSOE e a votación en contra do PP- e unha declaración institucional a prol do mantemento da carga de traballo e o mantemento do emprego na factoría de Siemens-Gamesa das Somozas, que obtivo a unanimidade dos tres grupos. Tamén se introduciron dúas mocións urxentes, unha do PSOE e outra do BNG, ao respecto da asunción por parte da Consellaría de Educación dos gastos xerados nos centros de ensino por causa da pandemia e instando ao goberno galego a que se destinen máis recursos económicos e humanos á situación excepcional que se vive no ensino. Boa parte da sesión centrouse no debate destas mocións e tamén no apartado de preguntas.






Comments of Pleno ordinario do 24 de setembro de 2020