Pleno Ordinario do 4 de xullo de 2015

Pleno Ordinario do 4 de xullo de 2015

7/4/2015 · 46:48
0
39
0
39
San Sadurniño
Episode of San Sadurniño

Description of Pleno Ordinario do 4 de xullo de 2015

Sesión plenaria ordinaria -a primeira do mandato corporativo- que aprobou sumarse de novo a Rede de oficinas de atención á cidadanía dentro do programa marco asinado por Xunta e Estado. No pleno tamén houbo unha moción presentada pola vía da urxencia polo BNG relativa á situación do sector leiteiro, e tamén varias preguntas. Foron unha do PSOE sobre o programa formativo ECMYNN e dúas do PP, unha sobre o estado de tramitación do PXOM e outra sobre a limpeza de pistas municipais. Un veciño do público preguntou que estaba facendo o Concello para arranxar problemas de ruídos que se producían en determinados momentos na casa de turismo rural O Outeiro e esixiu que se lle "pida perdón" á veciñanza de San Sadurniño polo feito de referirse na web municipal ás festas de Santa Sabela en vez de chamarlles "de Santa Isabel, como foi toda a vida". O responsable de elaborar a información aclarou que a utilización do nome galego se debía a que é a denominación oficial publicada no DOG para referirse ao festivo local.

pleno concello san sadurniño

Comments of Pleno Ordinario do 4 de xullo de 2015

Anonymous
We recommend you
Go to Politic and economy