iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
A Nova Realidade
Podcast

A Nova Realidade

102
88

Magazine onde daremos conta da actualidade do tecido asociativo teense (e doutro sitios tamén) e escoitaremos moita música e os básicos de salón e moitas cousas máis. Teremos un colaborador especial chamado Genebrando. Escoitádenos cada 15 días.

Magazine onde daremos conta da actualidade do tecido asociativo teense (e doutro sitios tamén) e escoitaremos moita música e os básicos de salón e moitas cousas máis. Teremos un colaborador especial chamado Genebrando. Escoitádenos cada 15 días.

102
88

Episodio 95 - 04/11/2025

No programa de hoxe, viaxamos pola cultura que nos traen asociacións e colectivos sociais da man de Nair e Brando na nosa Axenda Cultural: Pareidolia espazo de arte, Taty Ziska, ANPA Río Tella, ANPA CRA de Teo, Alejandro Regueiro, A.C. A Mámoa de Luou - Teo, Rosalia De Castro Cacheiras, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Asociación A Xesteira, A Ulla Viva, A Tequerreté Teatro, Club Patinaxe Artistica Teo, Praíña Sporting Club de TEO, S.D.Cacheiras, Fútbol Calo S.R., Club Billar Teo. Logo contamos coa compañeira Cris De Caldas que a parte de contarnos como lle está indo contando contos por todo canto recuncho hai, falounos dun problema que está traendo de cachola á veciñanza de Caldas de Reis e de Portas. E como non, o noso bloque musical, onde hoxe, aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba se lles unen Sabela con María Escarmiento, Os avós do mañá de Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Leticia Rey, LOITA AMADA e Broken Peach. E para rematar, Nair e Brando descubren algo máis dun ente misterioso que anda errando polo mundo adiante chamado Bruxo Cabacín. Escoitádenos e axudádenos a chegar a máis xente. E se vos gusta o que facemos, colaborade cunha aportación económica no noso Patreon. Bicasos! https://www.patreon.com/ANovaRealidade/gift
Magazine and lifestyle 1 week
0
0
6
01:31:54

Episodio 94 - 21/10/2025

E vimos para contarvos cousiñas na nosa Axenda Cultural que da man de Iván e Brando, xa que Nair causou baixa por enfermidade e lle mandamos uns bicazos reparadores dende aquí, vos poñen ao día das actividades e cousiñas que propoñen os colectivos que nos traen hoxe. teenses pola igualdade, Asociación de Mulleres Rurais de Teo, Cimteo Teo, Asociación Amigos peludos de Teo, Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, Alejandro Regueiro, Arc Os Tilos, Asociación A Xesteira, Colectivo A Rula, Asociación Cultural, Asociación Trinxidoiro, Pareidolia espazo de arte, Noitiñas de Teo, Sociedade Recreativa San Xoan de Calo, A.C. A Mámoa de Luou - Teo, ANPA CRA de Teo, Mercado de Alimento Labrego de Teo, Club San Francisco Teo, Club Billar Teo, Fútbol Calo S.R., S.D.Cacheiras, Praíña Sporting Club de TEO, S.D.C. Recesende - Página Oficial. Logo tivemos unha interesante conversa con José Luis García Fernández, doutor en psicoloxía e especialista en sexoloxía dunha pregunta que nos intriga moito: As nosas crianzas consumen porno? (queremos dar as gracias á amiga Fernandez Camiña Ana polo contacto) E o noso bloque musical, por suposto, que aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba se lles suman desta volta a Bule, Antía Muíño e Abe Rábade, Sabela, Os Bar Ban Sónicos e Vimbio. E para rematar, coñecemos máis do traballo e obra do amigo Oli Xiráldez que nos conta cousiñas moi interesantes que non podedes perder. Como o vedes? acompañádesnos? participade contándonos cousiñas e animádevos a facer comunidade. E, se nos queredes dar un apoio máis grande, podedes colaborar facendo un patrocinio no nosos Patreon. Bicasos!! https://www.patreon.com/ANovaRealidade/gift
Magazine and lifestyle 3 weeks
0
0
8
01:40:10

Episodio 93 - 07/10/2025

Traendo para vós a información da nosa Axenda Cultural da man de Nair e Brando coñeceremos as propostas que foron recopilando. Club San Francisco Teo, Club Billar Teo, Club Patinaxe Artistica Teo, Fútbol Calo S.R., S.D.Cacheiras, Praíña Sporting Club de TEO, S.D.C. Recesende - Página Oficial, IES de Cacheiras, Asociación de Mulleres Rurais de Teo, Asociación Socio Cultural Coto Manguelo, A.C. A Mámoa de Luou - Teo, A.C. A Carrabouxa de Teo, Anacos educativos. E non perdades o Reggetón que se marcou o Brando!! Logo falamos co amigo Xoán Curiel que nos falou un pouquiño de que tal comezaron as clases de guitarra e dun concerto moi especial que está aí á volta da esquina. O noso bloque musical con músicas de xente galega non pode faltar, e aos Mileth e A banda da Loba se lles unen, desta volta, LOITA AMADA, De Ninghures con Ortiga, Greasy Belly, Lidia India e Sheila Patricia. E para rematar, falamos con Laura Arroxo, secretaria xeral de CIG-Ensino que nos puxo ao día do estado do Ensino Público e das derradeiras demandas que se viñeron facendo por parte de alumnado e profesorado dos centros de ensino galegos. Apetece? temos menú variado eh!! Veña, e de paso podedes botarnos unha man patrocinándonos e aportando no noso Patreon para que poidamos medrar e facer cousas aínda máis grandes! Animádesvos? https://www.patreon.com/ANovaRealidade/gift
Magazine and lifestyle 1 month
0
0
19
01:26:17

Episodio 92 - 23/09/2025

Pois si, xa o anunciábamos a semana pasada e aquí estamos, este martes volta A Nova Realidade unha tempada máis! Programa 92 e xa pretiño dos 100 programas. Ese día queremos facer unha gran festa e queremos que participedes... como? Pois ide enviando saúdos (o número xa o sabedes e se non mirade en axentedeteo.gal) Hoxe, a partires das 21:30h podedes escoitarnos en directo en axentedeteo.gal/radio ou na app para móbiles Android AppXenteDeTeo que podedes atopar aquí https://play.google.com/store/apps/details... E vimos con cousiñas para vós, coma sempre. Coa nosa axenda cultural na que Nair e Brando nos irán poñendo ao día das propostas que por aí foron atopando para que teñades información das mesmas. E son Rosalia De Castro Cacheiras, Asociación Cultural O Tileiro, A.C. A Mámoa de Luou - Teo, A.C. A Carrabouxa de Teo, Sociedade Recreativa San Xoan de Calo, A Ponte Vella, Asociación A Xesteira, Anacos educativos, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Asociación Socio Cultural Coto Manguelo, Club Patinaxe Artistica Teo, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., Club Billar Teo, Club San Francisco Teo, Aspamite e Asociación Ecoloxista ADEGA. E berramos pola fin do xenocidio en Gaza! Viva Palestina Libre! Logo falaremos coa amiga Raquel Germade nun E ti que pintas? diferente, no que nos falará do seu novo proxecto na Rúa de San Pedro en Compostela. Non pode faltar a música no noso programa, e sobre todo, a música da nosa xente galega. Ás nosas bandas de cabeceira Mileth e peche A banda da Loba se lles unen desta volta Fransy González, Hard Gz, @iamhydn con Jared Moreno, Exeria e LOITA AMADA. Tamén falamos do novo EP da amiga Leticia Rey e de onde adquirilo porque ben o merece. E para rematar, coñeceremos a unha nova artista, cantante e compositora que dende Vigo non vos vai deixar indiferentes coa súa voz. Falamos de Naro @musicbynaro e nos conta quen é, como comeza e a onde quere chegar. E nós seguimos a pedir a vosa colaboración, a ver se desta vai, para que nos patrocinedes para poder facer cousiñas máis grandes. Se gustades, temos un Patreon no que podedes colaborar e que vos anunciemos nos programas. Apertazas!! https://www.patreon.com/ANovaRealidade/gift
Magazine and lifestyle 1 month
0
0
19
01:13:07

Episodio 91 - 24/06/2025

E ata aquí chegou a tempada 2024-2025 de A Nova Realidade. Nós non xogamos na Champions, nin pretendemos, o único que nos enche é escoitarvos dicir que vos gusta o que facemos. E se queredes contarnos algo, sempre temos as canles abertas para que o fagades. E con que vimos neste derradeiro programa da tempada? Pois coa axenda cultural que nos traen tan xenialmente nestes tempos Nair e Brando. Rosalia De Castro Cacheiras, A Requinta De Lampai, Plataforma por unha Ulloa Viva, A.C. A Carrabouxa de Teo, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Comisión de festas San Miguel de Rarís, Asociación Socio Cultural Coto Manguelo, A Ponte Vella, As Nosas Músicas, Xoaniña Creativa, Festival Arteficial Ribadavia e teenses pola igualdade. Logo temos o derradeiro E ti que pintas? desta tempada no que desta volta fomos a producto teense e que coñecimos na presentación de Arteneo Asociación cultural de artesanía de Teo. Falamos con Sofía de Xiralúa. Estudio Creativo. E tamén temos o noso bloque musical, que desta volta aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba se lles unen Minguante, Aida Tarrío e Raül Refree co seu Gala i Ovidio, Raposa, Zålomon Grass e TanDuB. E ao final, rematamos tempada coa nosa amiga e xenial artista MJ Perez que nos fala un pouquiño de por que perdeu a memoria... Queredes escoitalo? queredes compartilo? queredes disfrutalo? por a ver se neste verán nos axudades e vos convertides nos nosos patrocinadores no noso Patreon!! Escoitámonos!! https://www.patreon.com/ANovaRealidade
Magazine and lifestyle 4 months
0
0
21
01:27:27

Episodio 90 -10/06/2025

Comezamos, coma de costume, con Nair e Brando que nos traen a Axenda Cultural coas súas propostas de actividades culturais, musicais, sociais e deportivas. Claudia Castro, Asociación A Xesteira, Petri Daza Gonzalez, Banda de Música Cultural de Teo, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Minguante, Sociedade Recreativa San Xoan de Calo, Martiño Noriega Sánchez, Asociación Trinxidoiro, Piloto de comedia, TDAH Salnés, Fútbol Calo S.R., Club Patinaxe Artistica Teo. Logo temos con nós a Marcos Montiel e Hugo Clemente que nos falan do seu proxecto Por Un Puñado de Pellets de Kakum Filmes que xa presentaron no Festival de Cans o mes pasado e pasarán por aquí para contarnos cousiñas del. @kakum.filmes @porunpunhadodepellets A continuación o bloque musical que aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba se lles unen desta volta Malvares MV, LAW, @marela.banda con Alberto BP, Broken Peach e Guadi Galego. E para rematar, novo Básico de Salón!! Desta volta achegámonos ata pretiño de Arteixo para falar cos xeniais Scarecröw cos que pasamos unhas horas brutais e nos falaron do seu proxecto e nos tocaron uns temiñas en acústico. Xa sabedes que isto será un adianto e que o básico o emitiremos en directo o venres e o subiremos ao arquivo de podcast ese día tamén. Programa completiño! Querédelo escoitar? estupendo... querédelo compartir? perfecto... querédesnos axudar? temos un Patreon onde toda achega económica nos permitirá reducir os gastos que nos produxo que se nos fastidiase a mesa de son e tiveramos que cambiala en tempo record. Axudádenos porfa!! Apertazas!! https://www.patreon.com/anovarealidade/membership
Magazine and lifestyle 5 months
0
0
24
01:24:52

Episodio 89 - 27/05/2025

Hoxe tocou facer un repaso á nosa axenda cultural e deportiva que nos trouxeron Nair e Brando cunha chea de cousas interesantes para facer e disfrutar. Con teenses pola igualdade, IES de Cacheiras, Petri Daza Gonzalez, Festivala: Mulleres Creando, Rosalia De Castro Cacheiras, A.C. A Mámoa de Luou - Teo, ART for DENT, Arc Os Tilos, ANPA CRA de Teo, A.C. Río Tella, Alejandro Regueiro, Sociedade Recreativa San Xoan de Calo, Fútbol Calo S.R., Club Patinaxe Artistica Teo, Praíña Sporting Club de TEO, S.D.Cacheiras e Club Billar Teo. Logo, no noso bloque musical, aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba, os acompañan desta volta Broken Peach, Dioivo, Leticia Rey, MJ Perez, @iamhydn e TANXUGUEIRAS. E para rematar, traemos outro E ti que pintas? Desta volta falamos coa artista Alejandra Pardo Martínez de Pareidolia espazo de arte para que nos contara da súa traxectoria e dos seus proxectos. Que dicides? Escoitádesnos? Seguídenos e compartídenos para que cheguemos a máis xente... e, se vos presta, podedes patrocinarnos no noso Patreon para poder facer máis e mellor. https://www.patreon.com/anovarealidade/membership
Magazine and lifestyle 5 months
0
0
13
01:07:35

Episodio 88 - 13/05/2025

Hoxe comezamos coa nosa axenda cultural onde Nair nos trae, xunto con Brando, as propostas culturais para estes días. Arc Os Tilos, A.C. Río Tella, Festivala: Mulleres Creando, Ukestra do Medio, Festival de Cans, Banda de Música Cultural de Teo, A Ponte Vella, teenses pola igualdade, Mr Kamandula, Os John Deeres, Anacos educativos, Fútbol Calo S.R., Sdirmandade Oza, Club San Francisco Teo. A continuación, temos á nosa amiga Leticia Rey (que foi a primeira dos nosos básicos de salón) que vai sacar novo EP e estamos super emocionados de que nos conte cousiñas do que está por vir. E logo o bloque musical, como é costume, que desta volta aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba se lles suman @gala.i.ovidio de Aida Tarrío e Raül Refree, Ollo, Lóstrego, Caamaño&Ameixeiras con TANXUGUEIRAS e Hugo Guezeta con Guadi Galego. E para rematar, falamos con Luis, panadeiro de Viveiro, que nos contará a súa paixón pola súa arte (porque falará como artesán do pan) e aprenderemos cousiñas con el. Non o perdades... e se o perdedes, atendede á publicación do podcast que logo poderedes escoitar por iVoox ou en Podgalego en https://podgalego.agora.gal/a-nova-realidade/ E faládelle de nós á xente, compartídenos e escoitádenos... e se podedes, temos un patreon para poder promocionarte na radio, se queres que falemos de ti, mira os nosos plans de patrocionio e axúdanos tamén a medrar. https://www.patreon.com/anovarealidade/membership
Magazine and lifestyle 6 months
1
0
23
01:26:08

Episodio 87 - 29/04/2025

Traemos a nosa Axenda Cultural falándovos Nair e Brando de todo o que andiveron a pescudar nestes días. E falaron de A Requinta De Lampai, Mr Kamandula, Adhara & Ritman, Os John Deeres, Arc Os Tilos, A.C. Río Tella, A.C. A Carrabouxa de Teo, Asociación Cultural O Tileiro, Regueifa Tour, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Asociación Socio Cultural Coto Manguelo, Festivala: Mulleres Creando, As Nosas Músicas, Fútbol Calo S.R., Praíña Sporting Club de TEO, S.D.Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial, Club Patinaxe Artistica Teo, Club Billar Teo e Club San Francisco Teo. Logo escoitamos un par de recomendacións de derradeira hora que nos chegaron polo día do libro e que queremos incluír neste programa para agradecervos que o fixerades, por suposto. Graciñas Isabel Risco e Bea López Jerez. E logo un bloque musical no que aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba se lles suman elas mesmas co seu tema que ten novo videoclip (Olliños con Terrae) e tamén Exeria, Arrhythmia, Mondra con DULZARO e Belém Tajes con Leo Arremecághona e Xiao Berlai. E para rematar, por se non vos destes conta, onte houbo un apagón eléctrico ao besta... e imos falar de como o vivimos e teremos testimonios de xente do rural que nos contará como lles foi. Parécevos ben acompañarnos? deixaránnos os Gremlins facer o programa con normalidade? Escoitádenos e, se podedes e gostades, axudádenos a patrocinarnos con Patreon, que como non teñamos movemento nos borran a conta... https://www.patreon.com/anovarealidade/membership
Magazine and lifestyle 6 months
1
0
19
01:33:58

Especial Dia do Libro 2025

Un ano máis, celebramos o Día do Libro en A Nova Realidade, cunha cantidade de agarimo que nos enche de felicidade.... Non hai palabras para agradecervos un programa que da gusto facer, porque se fai só... facédelo entre toda a xente que enviastes as vosas recomendacións e que facedes deste día, unha regalía. Moitísimas Grazas de ❤️ Como nisto hai límites de mencións e etiquetas, imos meter nos comentarios a quenes non caiban nos límites que nos pon a plataforma. Bicasos e graciñas a: @paconogueiras @cintiayoung @alex_regueiro_ @aliciadgalicia @dacarballa @rocioportogestoso Andrea Rivas Jose Maceiras Ana Belén Álvarez Daniel Lata Claudia Barreiro @noamcnair22 Luis Porto Rosa Mato @lilalelaloba @xiana_lastra @son_daldea @lolyjusto @luciadafonte_gz Alejandra Ana Conde @anapereztv @grande.amore.grande.amore Fernandez Camiña Ana @rianxeirashow @xosemanuelsaa @iamhydn @eusoncharly @miriamgllanos @irenemedinb @letidataberna @carlota_mosquera @xiaoberlai @robertolealjimenez @borja_salgado_ Antón Vázquez @tero.rodriguez.teatro @celiapiamusica.arte @raquel_._senra David Otero @cequelinhos Miguel Castro @miguelalonso1984 @irenequinteiro @luzbeloso @victorrivasilustrador @forxadordeversos @isabelreibr @claudiacastropenelas @rosaliafernandezrial @mr.vieito_capitan.sabrosura @abretedeorellas @enbrion Xose Ramón Gayoso do @luartvg @chirucamacallas @is_a_bell_risco
Magazine and lifestyle 6 months
0
0
41
02:12:49

Episodio 86 - 08/04/2025

Aquí estamos, con moita cultura, música e humor, coma de costume. Comezando pola axenda cultural que nos traen Nair e Brando con A Cofradía - Taberna Cultural, A.C. A Carrabouxa de Teo, A Ponte Vella, Banda de Música Cultural de Teo, Arc Os Tilos, Sal do Teatro, A.C. Río Tella, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Fútbol Calo S.R., Praíña Sporting Club de TEO, S.D.Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial, Club Patinaxe Artistica Teo, Club Billar Teo, Club San Francisco Teo e chegando ao noso primeiro bloque no que coñeceremos de primeira man do nacemento dunha nova asociación cultural no Concello de Teo chamada Arteneo Asocioacion cultural de artesanía de Teo que organiza esta fin de semana unha mostra de artesanía e falamos con Nuria Prado Loureiro para saber máis polo miúdo. Logo virá o noso bloque musical no que aos nosos grupos de cabeceira Mileth e peche A banda da Loba se lles unen desta volta QFB, Chavellos con Vimbio, Scarecröw, DAKIDARRÍA e Fillas de Cassandra con Caamaño&Ameixeiras. E para rematar seguimos con música, xa que escoitamos uns cortes do novo básico de salón que teremos nos Básicos de Salón de A Nova Realidade e temos o gustazo de contar con Os John Deeres que xa andábamos tempo detrás deles e por fin os temos aquí. Neste programa teremos un adianto e o básico o publicaremos este venres ás 21:30. Préstavos? pois escoitádenos, compartídenos, falade de nós (ben ou mal pero con educación e respeto sempre) e se nos queredes apoiar con algo máis, temos un Patreon no que poderedes colaborar económicamente para facernos medrar e teredes premios en forma de promoción. Apertazas!! https://www.patreon.com/anovarealidade
Magazine and lifestyle 7 months
0
0
19
01:20:43

Episodio 85 - 25/03/2025

Hoxe traemos a axenda cultural, coma de costume onde Nair máis Brando darán conta das actividades e novas que nos propoñen as asociacións e os colectivos que traballan arreo pola cultura, a sociedade e o deporte coma son A.C. A Carrabouxa de Teo, Rosalia De Castro Cacheiras, A Ponte Vella, O Bruxo Cabacín, Down Compostela, Arc Os Tilos, ART for DENT, Asociación A Xesteira, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Club San Francisco Teo, Club Billar Teo, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., S.D.Cacheiras e S.D.C. Recesende - Página Oficial. E tivemos o noso bloque musical, coma de costume, que desta volta aos grupos de cabeceira Mileth e peche A banda da Loba se lle sumaron desta volta FAIA, Grande Amore, XeVA Oficial, A Orquestra Bravú Xangai, Mondra, Lidia India e Fillas de Cassandra. E para rematar falamos co cómico e conductor de @pilotodecomedia o gran Charly Char @eusoncharly para coñecer o seu traballo e como lle está a ir en O Novo Rei da Comedia TVG E aquí tedes o podcast coma de costume que tamén podedes escoitar en https://podgalego.agora.gal/a-nova-realidade/ Escoitádenos, comentade cousiñas para que saibamos que estades aí, compartídenos se vos presta e se queredes axudarnos máis, temos un patreon con diferentes plans de axuda. Apertazas!! https://www.patreon.com/anovarealidade/membership
Magazine and lifestyle 7 months
0
0
18
01:08:33

Episodio 84 - 11/03/2025

Comezaremos coa nosa axenda cultural con Aspamite, Asociación Amigos peludos de Teo, Arc Os Tilos, teenses pola igualdade, Asociación A Xesteira, Club San Francisco Teo, Club Billar Teo, Club Patinaxe Artistica Teo, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., S.D.Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial e logo fomos directamente ao noso primeiro protagonista que trae de volta a sección E ti que pintas? xa que nos acompañará Fernando Yáñez que nos contará como comeza a pintar e o seu traballo centrado no proxecto ART for DENT. Logo unha sección musical algo máis amplia xa que a nosa industria galega non para de producir demostrando o talento que hai e a grande diversidade que temos para elexir. Aos Mileth e A banda da Loba lles acompañaran hoxe @gala.i.ovidio de Aida Tarrío e Raül Refree, Exeria, Grande Amore, Mondra, RUXE RUXE e Belém Tajes cunha chea de artistas. E para rematar, falamos un anaquiño con Sandra Campos Otero do seu proxecto musical Mikaela Gab e do que poderemos escoitar algo. Que dicides? ídesnos acompañar? contádenos que vos parece ou se queredes aportar algo non tedes máis que facelo... e se nos queredes apoiar de verdade, temos un Patreon para todos os públicos. Apertazas!! https://www.patreon.com/anovarealidade
Magazine and lifestyle 8 months
0
0
19
01:28:42

Episodio 83 - 25/02/2025

Hoxe traemos un adianto do día da muller (o 8 de marzo) xa que nesa semana non teremos programa e así xa vos imos adiantando cousiñas na nosa axenda cultural con ANPA Río Tella, ANPA Cobas Ceip Os Tilos, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Arc Os Tilos, Cimteo Teo, A Requinta De Lampai, ART for DENT, Club Patinaxe Artistica Teo, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., S.D.Cacheiras, Club Billar Teo, Club San Francisco Teo e @fernando.yanez.1293. Despois falamos con Zora Leis e Charo Vázquez de teenses pola igualdade co gaio da charla sobre saúde que se vai celebrar no Concello de Teo este xoves 27 de Febreiro e tamén que nos conten cando vai ser a festa das mulleres que celebra cada ano esta asociación. Logo o noso bloque musical que, desta volta, aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba se lles suman A Banda de Elías (co amijo José Manuel Piedra á cabeza), Marián, Tres Pesos e Heredeiros da Crus. E para rematar falamos coa psicóloga Vázquez Laura da asociación Asanog Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia para que nos conte a súa labor e entender un pouquiño máis ese mundo de coidados psicolóxicos necesarios para familias con estas necesidades. Así que xa sabedes, escoitádenos, compartídenos, contádelle á xente que existimos, que falamos en galego e se vos presta, podedes apoiarnos económicamente en Patreon. Apertazas! https://www.patreon.com/anovarealidade
Magazine and lifestyle 8 months
0
0
28
01:17:55

Episodio 82 -11/02/2025

Hoxe vimos con moita música, sobre todo, pero sen esquecernos da nosa axenda cultural coa que demos comezo o programa, como de costume. Falamos, entre outros de Arc Os Tilos, Asociación Rio Tella, Anacos educativos, Asociación Cultural Gazafellos do Val, ANPA CRA de Teo, Queremos galego!, plataforma A Ulloa Viva, Arredor da tradición, Praíña Sporting Club de TEO, Futbol Calo S.R., S.D.Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial, Club Patinaxe Artistica Teo e Club Billar Teo. Sección patrocinada por A zapatería de Sandra. Logo falamos con don Abraham Benitez e da súa labor solidaria na realización de eventos deportivos en Ribeira e que está a preparar a 2ª andaina ART for DENT. O noso xa habitual bloque musical onde aos Mileth e A banda da Loba se lles sumanron Gala i Ovidio de Aida Tarrío e Raül Refree, Guadi Galego e TANXUGUEIRAS, De Ninghures, Pauliña e @somos.leria Secciòn patrocinada por A Despensa do Saa. E para pechar o programa, anunciamos novo básico de Salón. Desta volta tivemos a ben poder coñecer a @iamhydn e poder conversar un ratiño e que nos puideran ofrecer 2 temas en acústico. Hoxe, adianto no programa, non o perdades!! O Básico será publicado o venres 14 de Febreiro en directo ás 21:00 en axentedeteo.gal/radio e despois no seu correspondente podcast en ivoox. Ídesnos escoitar? querésnos contar algo? pois temos Instagram e temos este post onde nos podedes facer as vosas achegas! Escoitádenos e compartídenos se vos presta! E, se vos presta aínda máis, temos un Patreon onde podedes colaborar para facernos chegar a máis xente e medrar máis!! Apertazas!! https://www.patreon.com/anovarealidade/membership
Magazine and lifestyle 9 months
0
0
22
01:19:18

Episodio 81 - 28-01-2025

Hoxe, coa nosa axenda cultural falamos de A.C. A Carrabouxa de Teo, A.C. A Mámoa de Luou - Teo, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Arc Os Tilos, Anacos educativos, Grupo de teatro municipal de Ames, A Despensa Do Saa, InteRed Galicia ONGD, A Requinta De Lampai, Festivala: Mulleres Creando, Fútbol Calo S.R., Club Patinaxe Artistica Teo, Club San Francisco Teo, Praíña Sporting Club de TEO, e fixemos un pequeno cariño radiofónico a un veciño que tivemos en Teo durante moitos anos e que nos deixou a semana pasada, o gran Xosé Manuel Piñeiro. Logo Nair e Brando contáronnos uns propósitos de ano novo que pode ser que den que cavilar... ou non... Continuamos polo bloque musical onde, desta volta, aos Mileth e A banda da Loba se lles unen De Ninghures, Deleiba, Lucía Aldao, Vimbio e Exeria. E para rematar, o actor, músico, mestre e locutor de radio Fran Campos compartiu con nós un anaquiño para que saibades máis del e do que está a facer agora mesmo. E que saibades que o 14 de Febreiro van coa obra "Un médico na aldea" a Vilagarcía. Que dicides? préstavos acompañarnos? comentade cousiñas que queirades que falemos e dicídenos que vos parece... e se vos presta apoiarnos sabede que temos un Patreon onde podedes facelo económicamente para que poidamos seguir producindo o programa cada vez mellor. Apertaza!! https://www.patreon.com/ANovaRealidade
Magazine and lifestyle 9 months
0
0
16
01:19:52

Episodio 80 - 14/01/2025

Comezamos coa axenda cultural con ANPA CRA de Teo, Colectivo A Rula, Asociación Cultural, IV Premios Alfredo Iglesias de Alejandro Regueiro, A.C. A Carrabouxa de Teo, A.C. A Mámoa de Luou - Teo, Asociación Amigos peludos de Teo, Club San Francisco Teo, Club Patinaxe Artistica Teo, Asociación de veciños Os Tilos, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., S.D.Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial e Club Billar Teo, e, logo dela, teremos ao amigo Jásper Jsp que nos falará do peche da xira de LOITA AMADA deste venres na Sala Capitol de Compostela, no que debedes ir apurando para ir sacando as entradas xa que haberá un festón con moita xente convidada que farán as delicias de todas as que vos acheguedes a disfrutalo! Logo un bloque musical no que aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba se lles unen LOITA AMADA, Suevia, Os John Deeres, Hydn e pecharemos con A banda da Loba das que logo tamén as escoitaremos falarnos un anaquiño do seu próximo traballo Lovismo e do concerto de presentación que terá lugar tamén na Sala Capitol de Compostela o día 1 de Febreiro con xente convidada tamén. Xa elas volo contan... Así que xa sabedes... Tamén o poderedes escoitar en Podgalego. E se vos mola a nosa labor, precisamos de mecenas que nos axudedes a medrar, para iso temos un Patreon onde poderedes colaborar como mellor vexades. Bicasos!! https://www.patreon.com/ANovaRealidade
Magazine and lifestyle 10 months
0
0
25
01:11:39

Episodio 79 - 17/12/2024

Despedimos o ano 2024 con este derradeiro programa do mesmo. Hoxe traemos de novo a axenda cultural na que vos contaremos propostas das asociacións e colectivos veciñais como ANPA A Rabadela, ANPA Río Tella, CRA de Teo, Aspamite, AC A Mámoa de Luou, Asociación Cultural O Tileiro, SR de Calo, Rosalia de Castro Cacheiras, Plataforma por unha Ulloa Viva, Colectivo A Rula, Praíña, Futbol Calo, SD Cacheiras, Recesende, Clube Patinaxe Artísita de Teo, Club San Francisco Teo. Falamos da San Silvestre do día 28 e demos información de como anotarse e colaborar e que o noso Iván Tourís será o mestre de cerimonias do evento. De seguido o bloque musical no que aos nosos grupos de cabeceira Mileth e peche A banda da Loba se lles unen as propias Lobas que estrean tema novo, disco novo e xira nova, Os John Deeres que tamén teñen tema novo e arrincan con disco novo, Caamaño&Ameixeiras con Rodrigo Cuevas, Miguel Alonso que tamén sacou tema novo con videoclip dirixido por Irene Quinteiro e para rematar daremos a benvida ao Nadal con Broken Peach. No derredeiro bloque do programa, falamos co xa coñecido e colaborador deste programa, o amigo Alejandro Regueiro que nos vai a contar como serán os premios Alfredo Iglesias do vindeiro ano que se celebrarán o día 16 de Xaneiro no Concello de Teo. Agradecendo finalmente a confianza e que nos escoitedes e nos queirades. Que teñades unha boa saída e unha mellor entrada de ano!! Pois así pecharemos o ano, que dicides? ídesnos escoitar? compartídesnos? queredes axudarnos a medrar? Temos un Patreon onde podedes facelo económicamente se vos presta. Apertazas! https://www.patreon.com/ANovaRealidade
Magazine and lifestyle 11 months
0
0
17
01:16:14

Episodio 78 - 03/12/2024

Desta volta, logo da axenda cultural na que falamos de Aspamite, ANPA Cobas Ceip Os Tilos, Asociación Cultural O Tileiro, Arc Os Tilos, A Ulloa Viva, teenses pola igualdade, AC A Carrabouxa, Amigos Peludos de Teo, Asociación Cultural Coto Manguelo e os deportes co Praíña, Calo, Caheiras Recesende, Clube de Patinaxe de Teo, Club Billar Teo e Club San Francisco Teo, temos un primeiro bloque no que volta o E ti que pintas? no que Nair falanos da conta de instagram @mujercitastudio que é unha comunidade crada por dúas amigas que queren tecer unha memoria colectiva de mulleres artistas. Logo, no noso bloque musical teremos unha sorpresa na canción de cabeceira e á de peche de A banda da Loba lles acompañan Deleiba, Michu da Rocha, Os Imperfectos, @maricarme.trad e Fillas de Cassandra. Ademáis falamos dun docu que tedes que ver de Loita Amada e do concerto de despedida na Sala Capitol de Compostela. E para rematar, voltan os Básicos de Salón, pero hoxe non o escoitaremos enteiro... pasan a ter o seu propio espazo dentro da programación da radio de A Xente de Teo, co cal, escoitaremos un adianto do que será un básico de salón que levamos agardando hai tempo e que por fin podemos dicir que temos o do noso grupo de cabeceira, Mileth. Despedimos mandándolle os parabéns ao Teovivo polo seu décimo aniversario. Compartide, escoitade, dicídello á xente, disfrutádeo e, se vos presta, apoiádenos en Patreon para poder facer moito máis. https://www.patreon.com/ANovaRealidade
Magazine and lifestyle 11 months
0
0
23
01:10:26

Episodio 77 - 19/11/2024

Hoxe temos a nosa axenda cultural, coma de costume, falando do traballo das asociacións culturais, veciñais, folclóricas e deportivas. Asociacion Trinxidoiro, Aspamite, Colectivo A Rula - Asociacion Cultural, A Ponte Vella, Arc Os Tilos, Centro Socio cultural José Saramago de Vite, Arexionalista Teo, Asociacion Amigos Peludos de Teo, ANPA IES Cacheiras, Rosalia de Castro Cacheiras, Sociedade Recreativa San Xoan de Calo, Amas de Casa de Mazaricos - Asoc. Cultural el Hórreo, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, A Casa da Irmandade, A.C. A Mámoa de Luou - Teo, Plataforma por unha Ulloa Viva, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., S.D.Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial, Club Patinaxe Artistica Teo, Club Billar Teo, Club San Francisco Teo. Nun primeiro bloque, falamos de tradicións, mitos e lendas galegas un ratiño e damos a coñecer cousas das mesmas. Logo ven o noso bloque musical que aos nosos grupos de cabeceira Mileth e peche A banda da Loba se lles suman Leticia Rey e Andrés Rey, LAW, Mr Kamandula, IGMIG e Hugo Guezeta con DAKIDARRÍA. E no derradeiro bloque falamos con Zora Leis Barcia de teenses pola igualdade e con Chelo Cajide Labandeira do Cimteo Teo para coñecer as actividades que teñen previstas para a celebración do día Contra a Violencia Machista. Que vos parece? pinta ben? pois escoitádenos, compartídenos e, se vos presta, axudádenos a crecer patrocinándonos no noso Patreon. Bicasos!! https://www.patreon.com/ANovaRealidade
Magazine and lifestyle 12 months
0
1
29
01:11:11
More of AXenteDeTeo View more
En Estado de Emerxencia Outra cacholada do Iván Tourís para levar, de forma amena, as horas de corentena por mor do Covid-19. Música, humor, entrevistas e difusión das asociacións teenses. Updated
Programas Especiais Aquí meteremos todos os programas que se fagan con motivo da celebración dalgún evento que non estea clasificado dentro da programación da radio. Updated
Publicidade Promos publicitarias de eventos a modo de cuñas radiofónicas. Updated
You may also like View more
A Galería 2.0 Magazine que conta co menú habitual en este tipo de programas: información, música, concursos, entrevistas de actualidade, axenda cultural.. e colaboracións semanais nas que falamos de saúde, falamos de cine e tv... contamos tamén con tertulia cada xoves e sempre que podemos, música en directo. Updated
CUENTOS DE LA CASA DE LA BRUJA Los Cuentos de la Casa de la Bruja es un podcast semanal de Ficción Sonora y Audiolibros de Misterio, Ciencia Ficción y Terror. Todos los viernes, en Ivoox, un nuevo audio narrado por locutores humanos. ¿Te atreves? Divago a diario en mi Twitter: @VengadorT. Además te ofrezco mis servicios como locutor online con estudio propio. Puedes contactar conmigo en www.locucioneshablandoclaro.com o en info@locucioneshablandoclaro.com Updated
Ficción Marciana Espacio donde la narrativa es la protagonista, como ficciones sonoras o como audiolibros. Terror, Ciencia Ficción, Fantasía... relatos clásicos o contemporáneos, historias adaptadas cuidadosamente al formato podcast para conformar una antología de lo improbable. Updated
Go to Magazine and lifestyle