¡Últimas horas! 1 año de Premium al 25% de dto ¡Lo quiero!
Alegría Cuac FM
Podcast

Alegría Cuac FM

122
17

Canle do programa de radio Alegría, da radio comunitaria da Coruña CUAC FM.

Canle do programa de radio Alegría, da radio comunitaria da Coruña CUAC FM.

122
17

Alegría en CUAC FM 20 de outubro de 2015 T13X03

Hoxe, entre Isa Lema e Tomi Desastre (culpable da realización técnica) realizamos este terceiro programa da 13ª tempada. Comezamos falando sobre as Marchas da Dignidade (a galega cara ao Obradoiro) do sábado 24 de outubro. Tamén tivemos tempo para comentar unhas xornadas sobre movementos sociais e software libre na Cidade da Cultura e acabamos felicitando a Radio Kras de Asturias que recibiu a boa nova de que un expediente sancionador que lle abriran foi desestimado pola propia administración. A loita dos medios comunitarios segue tendo base sólida para defendernos! Alegría!
Politic and economy 10 years
0
0
171
56:59

Alegría en CUAC FM 23 xuño de 2015 T12X36

Hoxe comezamos falando da piscina municipal descuberta que temos na Coruña pero que non está operativa, despedimos a Combo dinamo que onte anunciaban a sua disolución. Falamos con Pablo Mella, fotógrafo e arquitecto. Comentounos que hai que visitar a Illa de San Simón, si ou si. Buscade na web de Turismo de Redondela. Tamén falamos sobre un concerto solidario este venres 26 no Ágora. Alí actuarán SLAM y Octopus' Garden homenaxeando a The Doors e The Beatles e recollendo alimentos para o Banco de Alimentos. Tamén tivemos econova adicada a recomendacións para o San Xoan.
World and society 10 years
0
0
81
57:00

Alegría en CUAC FM 16 xuño de 2015 T12X35

2015 é o Ano Internacional do solo e hoxe adicamos un minutos interesantes a falar cun dos maiores expertos galegos sobre a materia. O programa comezaba brindando polos 20 anos que cumplira a nosa asocación cultural, o Colectivo de Universitarios Activos o día antes do programa, o 15 de xuño. Falamos tamén con Xosé Luís Sobrino que dende Betanzos nos contaba que querían recuperar a radio municipal para a cidadanía. Agora está pechada. Dalle a play!
Politic and economy 10 years
1
0
102
57:00

Alegría en CUAC FM 9 6 2015 T12X34

Hoxe despertabamos coa nova do falecemento de Pedro Zerolo e fixemos un breve comentario para comezar o programa. A entrevista do día foi con María Seijo de CIGA Saúde. Explicounos as consecuencias do peche de case un 20% das camas nos catro hospitais que temos na cidade e o seu entorno e como se derivan fondos á sanidade pública. Tamén comentamos os choio que teñen por diante os membros da Marea Atlántica, nin máis nin menos que 486 asuntos en marcha que teñen que resolver do anterior governo municipal.
Politic and economy 10 years
0
0
66
57:00

Alegria en CUAC FM 2 xuño 2015 T12X33

Hoxe falamos con Carlos Iglesias, un dos vocais de Alcer (http://www.alcercoruna.org/) e aprendimos da importancia de que todo o mundo doe órganos pero sobre todo de que a familia saiba que queres doar e non cambie de opinión no último momento. Tamén tivemos econova, unha idea sobre videotutoriais sobre as posibilidades da Terceira Ronda e tamén sobre a concesión do edificio do Hotel NH Atlántico. Programón!
Politic and economy 10 years
0
0
52
57:00

Alegría en CUAC FM 26 maio 2015 T12X32

Hoxe, segundo día dunha nova etapa na cidade cun governo municipal formado por persoas que ata hai pouco non estaban na política activa, falamos con María García Gómez e Daniel Díaz Grandío, novos concelleiros dende o pasado domingo pola Marea Atlántica e que ían nos números 9 e 10 da candidatura. Tamén chamamos a André Pastor, un dos fundadores de Radio Filispim a nosa emisora irmá de Ferrol que están celebrando 10 anos de vida. Moito mérito. E algunha cousiña máis.
Politic and economy 10 years
0
0
144
56:09

Entrevista a Xulio Ferreiro futuro alcalde A Coruña en Alegría CUAC FM

Entrevista realizada no programa do 19 de maio, 5 días antes de que a Marea Atlántica gañase as eleccións na cidade da Coruña por 4 votos ao partido popular. Non se falou demasiado de política, pero cremos que pode resultarvos interesante coñecer a quen vai governar a cidade co seu equipo nos vindeiros anos.
Politic and economy 10 years
0
0
163
39:07

Alegría en CUAC FM 19 maio 2015 T12X31

Hoxe, con todo o equipo de Alegría, falamos con Xulio Ferreiro candidato da Marea Atlántica á alcaldía da nosa cidade. Tamén tivemos uns minutos para a Econova de Bea Ulalume e un par de cancións. E animamos a que o día 24 todo o mundo vaia a votar!!
Politic and economy 10 years
0
0
94
57:00

Alegria en CUAC FM 12 maio 2015 T12X30

Alegría adicou este programa en gran parte a entrevistar (por teléfono por un asunto de última hora) a Yoya Neira, candidata do PSOE (nº5) ás eleccións municipais. Por suposto, comentamos outros asuntos de actualidade. Tiñámos a Mariano e Bea de vacacións así que contamos coa colaboración de Chema Casanova nos mandos técnicos.
Politic and economy 10 years
0
0
63
57:00

Alegría en CUAC FM do 5 maio 2015 T12X29

Programa adicado a falar con María Xosé Bravo, concelleira do BNG na cidade da Coruña. Unha entrevista na que tocamos moitos temas comezando pola importancia dunha boa educación. Tamén comentamos un "detalle" que tivo La Voz de Galicia con Carlos Negreira (antigo traballador do xornal) o pasado domingo e rematamos falando brevemente dunha "mentirijilla" na que pillaron a Esperanza Aguirre, que afirma que non tolera a mentira. A disfrutalo, compartilo... Contamos hoxe coa inestimable axuda de Chema Casanova nos mandos técnicos do programa. Grazas Chema! Ah, e dimos a noraboa a A Fume de Carozo (programa polo que teñen pasado moitos rapaces e rapazas por primeira vez diante dun micro) e a Roberto Catoira o seu impulsor e técnico porque hoxe cumplían 6 anos en antena.
Politic and economy 10 years
0
0
86
57:00

Alegría en CUAC FM 28 abril 2015 T12X28

Programón! Con todo o equipo no estudio e comezando como se tivesemos comido algo raro, falamos con calma con Carlos Villar, director de Ecos do Sur sobre un proxecto no que están a traballar no Agra do Orzán. Tamén comentamos o problema dos tipos de interés en préstamos exprés. Por último comentamos moi brevemente a enquisa da Voz sobre as eleccións locais e tamén anunciamos un monólogo de Chusco Somoza. Pulsa play e divírtete (a aprende).
Politic and economy 10 years
0
0
79
57:00

Alegría en CUAC FM 21 abril 2015 T12X27

Hoxe entrevistamos á xente de AGARESO que nos falou dun proxecto educativo moi chulo que teñen con 600 rapaces neste curso, utilizando a radio como unha das técnicas educativas. Tamén comentamos o proceso que viviu a formación política Ciudadanos dende febreiro ata a elección do seu candidato á alcaldía. Por último, a Econova de Bea Ulalume. Alegría!
Politic and economy 10 years
0
0
66
57:00

Alegría en CUAC FM 14 abril 2015 T12X26

No Alegría de hoxe falamos sobre a privatización da sanidade pública co médico Pablo Vaamonde co-autor do libro A saude como negocio. Non perdas a entrevista. Comentamos uns whatsups enviados pola posible candidata a alcaldía da Coruña por Ciudadanos a un deputado do PP (ex concelleiro en Coruña no governo de Negreira). Tivemos tamén unha breve conexión telefónica con Pepe Lado do Proxecto Cárcere para falar do Encontro da Rede Transibérica de espazos culturais autoxestionados. E rematamos con econova. Case nada!
Politic and economy 10 years
0
0
66
57:00

Alegría en CUAC FM 7 abril 2015 T12X25

Tras un parón por Semana Santa, regresamos co equipo ao completo. Hoxe falamos con Fran que xunto ao seu irmán Guille inauguran hoxe a nova tenda de instrumentos Rock Box. Sempre é unha boa nova que un negocio local aumente de tamaño. E a entrevista no estudio foi con duas representantes de Médicos do Mundo en Galicia que fan un traballo impagable para que se cumplan os Dereitos Humanos na sanidade e que tódalas persoas sexan atendidas cando estan enfermas. Para rematar, unha Econova molona. Tamén escoitamos a B.B. King, que hoxe estaba ingresado nun hospital aos seus 89 anos.
Politic and economy 10 years
0
0
65
57:00

Alegría en CUAC FM. 17 de marzo de 2015 T12X21

Alegría! Xa temos nova sesión falando do Fracking, e da convocatoria dunha manifestación en defensa da Sanidade Pública Galega este xoves 19 ás 20 horas (saida da Casa do Mar). E da operación Pokemon, e da Gürtel e tivemos Econova con moitos espazos nos que podes mercar productos ecolóxicos...
Politic and economy 10 years
0
0
83
57:00

Alegría en CUAC FM 24 febreiro 2015 T12X19

Programa moi interesante o de hoxe con duas entrevistas nas que podemos aprender un montón de cousas. Ramón Núñez, economista e membro do Consello de Contas na primeira parte do programa. E nos últimos minutos falamos co presidente de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) Juan de Sola sobre a sua tarefa.
Politic and economy 10 years
0
0
88
57:00

Alegría en CUAC FM 10 marzo 2015 T12X20

Hoxe tivemos entrevista con María Xosé Martínez, vicerreitora de Estudantes Cultura e Deportes e Claudia Delso, unha das dinamizadoras dun encontro entre estudantes e titulados da UDC que se celebra este sábado como un dos actos do 25 aniversario da UDC. Tamén tivemos Econova e boa música. Disfruta!
World and society 10 years
0
0
62
57:00

Alegría en CUAC FM 27 xaneiro 2015 T12X16

Hoxe en Alegría falamos da Marea Atlántica (min 16 máis ou menos) e do problema laboral dos 117 traballadores da empresa editorial de El Ideal Gallego, DXT, Diario de Arousa...(min 48 aprox) Tamén fixemos unha introducción plantexando varios temas de interese. E felicitamos a Bea e a Mariano que cumplen anos!
Politic and economy 10 years
0
0
59
57:00

Alegria en CUAC FM 23 decembro 2014 T12X13

Hoxe entrevistamos a tres representantes da candidatura Claro que Podemos no círculo de Podemos en Coruña. Explicaron a fase na que se atopa agora este partido político. Sabías que podes votar para escoller á Secretaría Xeral e as 20 compoñentes do Consello Cidadán que lles corresponden a nosa cidade se te inscribes (sen custe) antes do 30 de decembro.
Politic and economy 10 years
0
0
63
57:00

Alegria en CUAC FM 9 decembro 2014 T12X10

Alegría hoxe tivo a todo o equipo en antena. Falamos moito de casos xudiciais interesantes. Un funcionario de prisións que gravaba conversas delicadas e que posiblemente nos tivesen soprendido moito se as coñecesemos por cauces legais... Econovas interesantes e algunhas recomendacións de onde mercar en nadal comercio xusto (e o resto do ano).
Politic and economy 11 years
0
0
60
57:00
More of Alegría View more
Alegria en CUAC FM Programa emitido cada mércores de 19:00 a 20:00 horas. Alegría comezou a emitirse en outubro de 2003 e dende entón non falla nas ondas de CUAC FM. Cada tempada tentamos aprender un pouco de todo e que ti o fagas con nós. Falamos de política, temas de actualidade, realizamos entrevistas case en cada programa e adicamos uns minutos á Econova de Bea Ulalume. Todo iso misturado con boa música e un pouco de humor se o tema o permite. Cada martes ás 18 horas en directo. Máis Alegría en: www.facebook.com/groups http://www.ivoox.com/podcast-alegria-cuac-fm_sq_f124193_1.html Updated
You may also like View more
Radio Coruña Radio Coruña Updated
Podcast Cuac Está a pasar!? Proxecto radiofónico que emite dende a Zapateira-Galiza, queremos revoluciona-las ondas herzianas, sendo o altofalante da rúa, dunha rúa que ferve en soños. Combinaremos a tertulia máis cañeira coas entrevistas máis interesantes! Updated
En la Redacción ¿Alguna vez te has preguntado cómo funciona una emisora de radio? ¿Cómo se toman las decisiones en una redacción? ¿Por qué una noticia tiene más peso que otra, y el enfoque? Adéntrate con nosotros en la redacción de Radio Coruña, conoce nuestro día a día. Updated
Go to Politic and economy