
Podcast
AQUI E AGORA
By AQUI E AGORA
39
44
A radio da xente wapa!
Cada semana un tempo de radio diferente para un país diferente.
A radio da xente wapa!
Cada semana un tempo de radio diferente para un país diferente.
Aqui e agora 18/06/21 programa completo
Episode in
AQUI E AGORA
Aqui e agora 18/06/21 programa completo.
Somos un proxecto de radio galega e en galego que quere navegar polos novos formatos de difusión dixital. Aspiramos a medrar contigo, a crecer en contidos, seccións e colaboracións. Canta máis xente sexamos, mellor o imos pasar!
36:55
Aqui e agora - whatsapp edition
Episode in
AQUI E AGORA
En tempos de confinamento, chega unha nova edición do Aqui e Agora, un tempo de radio diferente para un país diferente. Diferente tamén porque o facemos básicamente empregando o whatsapp como xeito de nos comunicar para realizar o programa. E aínda asi por aqui andamos, Fátima López, Dani Carballada, Mitas Valencia, Xandro García Regueira e como non... o noso Lois Diéguez!
01:00:49
AQUI E AGORA 31/03/19 PROGRAMA COMPLETO
Episode in
AQUI E AGORA
Abrímoslle a porta a primavera como merece, lembramos os últimos coletazos do Cason e falando de Michael Jackson reflexionamos con Sonia, Xurxo e Lois, sobre os límites á creatividade, a arte e a liberdade de expresión.
51:28
AQUI E AGORA 31/03/19 LAPEXADA
Episode in
AQUI E AGORA
Pódenselle poñer límites á arte e á liberdade de expresión en función da calidade humana e os delitos que cometa unha persoa? Preguntas con respostas: Aqui e Agora.
34:11
AQUI E AGORA 31/03/19 AQUI PASOU O QUE PASOU
Episode in
AQUI E AGORA
Nunca segundas partes foron boas, a segunda entrega retrospectiva sobre o Casón non mellora a primeira. Miña nai querida, que desastre!
04:13
AQUI E AGORA 31/03/19 DESPEGAMOS
Episode in
AQUI E AGORA
E facémolo festexando a chegada da primavera... desfrutando desa música tan hortera, e que tanto nos presta!
13:03
Aqui e agora 17/03/19 programa completo
Episode in
AQUI E AGORA
Programa moi especial o desta semana, prendimos nunha silveira chamada Miguel Pernas, botamos unha hora e pico de conversa con este xigante da interpretación galega e... sentindoó moito quedamos sen tempo para a nosa lapexada. Pero non se preocupar, Xurxo, Sonia e Lois estarán con nós a semana que vén!
A todo esto, estreamos a nosa sección POLOMARABAIXO.GAL, da man do biólogo mariño Xandre García Regueira e coma sempre, damos unha volta pola historia do impais e escoitamos algún éxito machirulo... e por certo, señores do PP, fora as vosas suxas mans de Epi e Blas.
02:11:20
Aqui e agora 17/03/19 miguel pernas
Episode in
AQUI E AGORA
Falamos, en 1ª persoa con Miguel Pernas, un percorrido amplo e distendido por unha vida que comeza en Viveiro e transcorre a día de hoxe pola Coruña. Teatro, cinema, televisión, política... falamos incluso de amor e por certo, móllase Miguel e móllanse Dani e Fátima falando, por exemplo, do noso audiovisual. Con total liberdade e moita humanidade, asi foi a nosa parola con este dinosauro da escea galega.
Tan ben o estabamos a pasar, que se nos foi o reloxo das mans e deixamos sen tempo a Xurxo, Sonia e Lois, que estarán coma non, e coma sempre, con nós, contigo, a vindeira semana!
01:17:05
Aqui e agora 17/03/19 nas redes
Episode in
AQUI E AGORA
Pablo Casado petouno esta semana con Epi e Brais, acudimos no seu auxilio. No de Epi e Brais claro!
05:02
Aqui e agora 17/03/19 viva el vino y las mujeres
Episode in
AQUI E AGORA
Hoxe a nosa jux-box machista máis noxenta pon para ti unha barbaridade feita música na voz de Ana Kiro.
05:39
Aqui e agora 17/03/19 aqui pasou o que pasou
Episode in
AQUI E AGORA
Pon un pano tapando nariz e boca ou comezarás a sentir picores... desta volta viaxamos até 1987 para darnos un garbeo pola cuberta do Cason. Primeira parte...
11:40
Aqui e agora 17/03/19 marabaixo.gal
Episode in
AQUI E AGORA
Pero que gañas tiñamos de comezar a bogar POLO MAR ABAIXO, unha sección que chega da man do biólogo mariño Xandro García Regueira impulsar do espazo web POLOMARABAIXO.GAL, para achegarnos, dende unha óptica ecoloxista, ao noso mar. Avante toda!
11:52
Aqui e agora 17703/19 despegamos
Episode in
AQUI E AGORA
Comezamos falando de cinema, hoxe damos unha volta por pelis combativos, filmes que nos achegan unha perspectiva antiimperialista e internacionalista do mundo no que vivimos, pasa que, ao final... acabamos falando da Nocilla de amorodos.
20:00
Aqui e agora 10/03/19 programa completo
Episode in
AQUI E AGORA
Solventado algún pequeno gran problema técnico (que a xente máis detallista será quen de detectar) chegamos á nosa cita semanal cun tempo de radio diferente. De Franqueira a Novoneyra, pasando por Pablo Casado ou Wenceslao Fernández Flórez chega aos teus ouvidos un AQUI E AGORA atípico pero cheo de sentimento: o que lle puxemos, xunto con Cris Bajo e Vicky Louro, para falarmos da loita feminista.
02:00:38
AQUI E AGORA 10/03/19 LAPEXADA
Episode in
AQUI E AGORA
No noso espazo para o coloquio desta volta falamos da soidade e o recollimento. Xurxo Longueira, Sonia García Castro e Lois Diéguez protagonizan unha sección que pide ser escoitada na máis estrita intimidade... é broma! Non deixes de escoitar un tempo de radio no que, coa excusa dunha estadía do Lois Diéguez na casa petrucial do Uxío Novoneyra reflexionamos sobre a necesidade que ás veces sentimos de afastarnos un pouco do mundo tolo no que vivimos.
37:44
AQUI E AGORA 10/03/19 VIAXAMOS AO BOSQUE ANIMADO
Episode in
AQUI E AGORA
Coñecemos a outro Wenceslao Fernández Flórez da man da secretaria da fundación do autor do Bosque Animado. Alicia Longueira achéganos unha faciana moi pouco coñecida deste escritor coruñés: a súa vertente nacionalista, que marcou os seus primeiros anos de vida adulta.
13:31
AQUI E AGORA 10/03/19 ACHEGÁMONOS AO 8M!
Episode in
AQUI E AGORA
Achegámonos ao 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, da man de dúas activistas feministas alegres e combativas: Cris Bajo e Vicky Louro. Para que coñezas de primeira man unha outra visión diferente á que che venden os mass media sobre a loita pola plena igualdade das mulleres. Adiante!
42:05
AQUI E AGORA 10/03/19
Episode in
AQUI E AGORA
Rescatamos do esquecemento a un tipo con moitos ovos. Só podía ser el: Eulogio Gómez Franqueira.
02:51
AQUI E AGORA 10/03/19 LIBROS LIBRES
Episode in
AQUI E AGORA
Esta semana Mitas Valencia, achéganos dende as estanterias da Livraría Suévia da Coruña unha proposta de lectura infantil con arrecendo feminista. Benvida sexa!
04:48
AQUI E AGORA 10/03/19 A VOLTA AO MUNDO
Episode in
AQUI E AGORA
Viaxamos até London para falarmos con Miguel Rodríguez, impulsor, xunto con Duarte Romero, da iniciativa TÉ CON GOTAS que nos achega á realidade da comunidade galega en Inglaterra e nos ofrece a súa visión do que na Gran Bretaña pasa e acontece.
18:50
You may also like View more
Achegando a Literatura Galega
O podcast “Achegando a Literatura Galega” é un espazo no que pai e filla conversan sobre un escritor galego en cada capítulo. Obra, estilo, curiosidades e algunha cousa máis sobre os escritores máis importantes da nosa literatura. Updated
Canto Conto - Podcast
Que é "Canto Conto"? Nesta pequena presentación cóntovos de que vai este podcast e o porqué da súa creación. Queremos compartir co público dun xeito cercano e entretido a realidade dos nosos camiños e do noso traballo.
Converso con persoas que para min son de grande interese por diversos motivos e só agardo que atopetes nestas conversas entretimento, reflexión e puntos de encontro. Síguenos, podes esecoitarnos en iVoox e Spotify.
Podes seguir tamén as RRSS de MJ Pérez para estar ao tanto da saída de cada novo capítulo. Updated
Podcast Los cuentos para Ulises
Updated






















