Aquí faltan páxinas
Podcast

Aquí faltan páxinas

64
124

Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.

MATILDE VÁZQUEZ A soprano galega que conquistou Madrid

Matilde Vázquez naceu en Cambados nos albores do século XX e mostrou desde nena unha grande afección pola música e unha voz con enormes calidades para o canto. Cando cumpriu os trece anos a súa familia tivo que trasladarse a Madrid, onde deu os seus primeiros pasos en compañías amadoras e comezou a recibir leccións de música e canto co mestre Luis Iribarne. Nos anos 20 actuou como cupletista pasando despois ao xénero da revista na compañía de Celia Gámez, pero a súa carreira despegou de verdade en 1927 co seu debut na zarzuela La del Soto del Parral, no Teatro Fuencarral. O seu salto definitivo á fama produciuse en abril de 1929 co emblemático éxito de Los claveles de Serrano, xunto ao tenor Tino Folgar, que a consolidou como estrela do xénero. En 1932 uniuse á Compañía Lírica Nacional e interpretou papeis emblemáticos como Aurora La Beltrana en Doña Francisquita, incluso na versión cinematográfica de 1935. Sumou numerosas recreacións en teatros madrileños e de Barcelona entre os anos 30 e 40 e chegou a facer varias xiras por Hispanoamérica. Tras a guerra civil fundou a súa propia compañía coa que protagonizou éxitos como La Caramba (1942) e Polonesa (1944), na que traballaba con Pedro Terol, e deixou rexistro discográfico con intérpretes como Marcos Redondo e Juan García. Nos anos 50 interpretou títulos finais como La Lola se va a los puertos ou La verbena de la Paloma e rematou a súa vida interpretativa arredor de 1955; a partir de aí dedicaríase á pintura de xeito afeccionado. Faleceu en Madrid o 23 de abril de 1992, e deixou unha traxectoria que representa o esplendor da zarzuela española no seu momento máis brillante e un legado de repertorio clásico que tivo unha influencia duradeira no teatro lírico español.
History and humanities 1 week
0
0
16
33:11

Avance - MATILDE VÁZQUEZ. A soprano galega que conquistou Madrid

History and humanities 2 weeks
0
0
9
01:54

Avance - Concepción Pérez Iglesias. Primeira alcaldesa de Galicia

María de la Concepción Pérez Iglesias, coñecida como Dona Concha, naceu en Santiago de Compostela, onde se formou como mestra na Escola Normal. Chegou a Portas en 1907 para dirixir a escola feminina, un labor que exerceu con rigor e cariño ocupándose de cincuenta alumnas por aula. Alí casou con Amador Méndez Santamaría, un adiñeirado emigrante retornado, maior ca ela, con quen estableceu a súa vida na parroquia de Lantaño, onde criou o seu único fillo, Nemesio. Quedou viúva en 1918 por causa da epidemia da gripe que asolou España. Logo do golpe de Estado de Primo de Rivera permitíuselles votar e acceder á vida pública ás mulleres cabezas de familia. A Concha propóñenlle unirse ao Goberno local como edil. De forma inesperada, durante o pleno da súa toma de posesión como concelleira o 9 de xaneiro de 1925, convértese na primeira alcaldesa de Galicia, escollida pola corporación municipal tras a renuncia do alcalde anterior. Durante os cinco anos do seu mandato (1925–1930) impulsou a construción de catro escolas, mellorou as comunicacións locais e fixo posible o nomeamento dun médico e dunha matrona. Coa súa dedicación e entrega gañou o respecto e afecto da veciñanza, que lle dedicou en vida múltiples homenaxes e ata serenatas en sinal de agradecemento. Máis aló dos seus logros administrativos, simboliza o acceso das mulleres á política nunha época marcada pola ditadura de Primo de Rivera. Coa volta ao Goberno do rei Afonso XIII o 28 de xaneiro de 1930, Concha cesa como alcaldesa. Tras abandonar o cargo, retoma a docencia e segue formando novas xeracións ata o seu traslado definitivo á Escola Nacional de Guadalupe en Santiago, onde exercerá ata pouco antes do seu falecemento, en 1939.
History and humanities 1 month
0
0
8
02:09

Concepción Pérez Iglesias. Primeira alcaldesa de Galicia

18
35:23

Marisol Soengas. Na vangarda da investigación contra o cancro

María Soledad (Marisol) Soengas González, nada en Agolada en 1968, é unha das científicas galegas máis recoñecidas de ámbito internacional no campo da oncoloxía. Licenciada en Bioloxía pola Universidade Autónoma de Madrid e doutora polo Centro de Bioloxía Molecular do CSIC, especializouse no estudo do melanoma, un dos cancros de pel máis agresivos. Tras traballar en centros punteiros dos Estados Unidos coma o laboratorio Cold Spring Harbor Laboratory e a Universidade de Michigan, regresou a España para dirixir o Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO). Os seus estudos identificaron novos mecanismos moleculares que explican a resistencia deste tumor a terapias convencionais e abriron vías para tratamentos máis eficaces. Soengas é tamén unha firme defensora da visibilidade das mulleres na ciencia e da divulgación científica, participando en iniciativas para fomentar vocacións STEM entre as máis novas. Recentemente tivo que enfrontarse persoalmente a un duro proceso de loita contra a mencionada doenza, algo que aproveitou para seguir axudando desde o relato público da súa experiencia. O seu traballo foi recoñecido con múltiples premios nacionais e internacionais.
History and humanities 1 month
0
0
32
56:42

Avance - Marisol Soengas. Na vangarda da investigación contra o cancro

04:12

As Mulleres de Gargamala. Cantareiras, tocadoras e gardiás da nosa tradición

Na pequena parroquia de Gargamala, no concello de Mondariz, as mulleres son as grandes depositarias da tradición oral e musical. Cantareiras, tocadoras e transmisoras de saberes, fixeron posible que romances, coplas e cantos de traballo sobrevivisen ao paso das xeracións. Reunidas en fiadas, seráns e festas, acompañaban os labores do campo e as celebracións con voces potentes e harmonías aprendidas de memoria. O seu repertorio abrangue desde cancións de berce ata pezas para bailes e procesións. Ademais de manter viva a música, estas mulleres tamén conservan historias, refráns e formas de falar propias da zona, converténdose en auténticas gardiás da identidade local. A súa contribución é hoxe valorada pola etnomusicoloxía que ve nelas un elo esencial para comprender a riqueza do folclore galego. CRÉDITOS Os testemuños dePerfeuta de Remeixido, Solmira da Cesteira, Fina de Vedrelos e Manuel do Pintor pertencen ao arquivo Arredor da Tradición, compilado por Xulia Feixoo eGuillerme Ignacio e publicados no libro Mulleres de Gargamala! Cantaresde tradición oral (aCentral Folque, 2017).  Foron cedidas tamén paraeste capítulo as seguintes músicas da mesma publicación: Jota. Tocadoras do Barro. Arquivo de Guilherme Ignacio Primeiro agharrado. Tocadoras do Barro. Arquivo de Guilherme Ignacio 04.03.2012. Jota. Tocadoras e gaiteiro do Barro. O Barro, Gharghamala, Mondariz, do Arquivo Arredor da Tradición 10.04.2017  Cantar De Reis Caminaba Una Señora. Lola Rodríguez Busto do Coxo (O Barro, 1943) e Lealdina Amil Valado de Inesa (O Barro, 1951), do arquivo de Guillerme Ignacio 10.04.2017 Cantar De Reis Eran Entre Dos Romeros. Lola Rodríguez Busto do Coxo (O Barro, 1943), do arquivo de Guillerme Ignacio, 04.03.2012. Tremelico, Dorinda Rodríguez Sánchez de Sinforosa (Mourelle, 1926), do arquivo de Guillerme Ignacio, 08.07.2012 Jota. Tocadores de Mourelle, do Arquivo de Leni Pérez. Rebeirana Da I-Aña. Dorinda Rodríguez Sánchez de Sinforosa (Mourelle, 1926), do Arquivo de Guilherme Ignacio 08.07.2012 Pasodobre 'Chora Videiriña'. Solmira Fernández Bernárdez da Cesteira (A Rúa, 1942), do Arquivo de Arredor da Tradición, 03.07.2017a. Cantar de entrada ao serán. Tocadoras do Barral. O Barral, Gharghamala, Mondariz, do Arquivo Arredor da Tradición 27.08.2002 Cantar Das Sachadas, Tocadoras do Barral. O Barral, Gharghamala, Mondariz, do Arquivo Arredor da Tradición 27.08.2002 Jota Da I-Aña. Tocadoras do Barral. O Barral, Gharghamala, Mondariz, do Arquivo Arredor da Tradición 10.04.2017 Primeiro Agharrado Da I-Aña. Tocadoras do Barral, do Arquivo Arredor da Tradición. 18.12.2016. Tamén se usou a Xota de Solmira Fernández Bernárdez da Cesteira (Id 3567) depositada no APOI poloArquivo Arredor da Tradición e recollida en 2020 en Mondariz  O resto do repertorio e dos testemuños foron gravados porMarián Fernández nunha sesión de recollida ao grupo de Pandereteiras deGargamala integrado por Lealdina, Ilda, Alegría, Dalmiro, María, Enrique,Rosa e Sandra, o 12 de setembro de2025.
History and humanities 1 month
0
0
39
49:04

Avance - As Mulleres de Gargamala. Cantareiras, tocadoras e gardiás da nosa tradición

10
03:32

Nais contra a droga. Érguete: 40 anos loitando para transformar a sociedade

A finais da década de 1970 e comezos da de 1980, as Rías Baixas sufriron unha vaga de narcotráfico que afectou gravemente a mocidade galega. A heroína apareceu en moitas casas galegas como un pesadelo invisible e as nais eran sinaladas como culpables de terlles consentido demasiado aos seus fillos, que se convertían en delincuentes e roubábanlles incluso ás súas propias familias. A droga apoderouse deles, levounos e, a algúns, tamén os apagou. Non sabían que lles pasaba. A maioría delas atopou “bolsas que parecían chocolate” nos seus fogares sen teren nin idea do que era. Aprendérono xuntas.
History and humanities 3 months
0
0
26
01:02:50

Avance - Nais contra a droga. Érguete: 40 anos loitando para transformar a sociedade

A finais da década de 1970 e comezos da de 1980, as Rías Baixas sufriron unha vaga de narcotráfico que afectou gravemente a mocidade galega. A heroína apareceu en moitas casas galegas como un pesadelo invisible e as nais eran sinaladas como culpables de terlles consentido demasiado aos seus fillos, que se convertían en delincuentes e roubábanlles incluso ás súas propias familias. A droga apoderouse deles, levounos e, a algúns, tamén os apagou. Non sabían que lles pasaba. A maioría delas atopou “bolsas que parecían chocolate” nos seus fogares sen teren nin idea do que era. Aprendérono xuntas.
History and humanities 3 months
0
0
8
02:37

Juana de la Cruz Domínguez. Cen anos de paixón pola costura

Juana de la Cruz Domínguez, coñecida no Porriño como Juaniña, amosou desde moi nova un talento natural para a costura e unha gran paixón polo mundo da moda, en especial polos deseños de alta costura das grandes firmas. Comezou con este labor cando tiña só 9 anos e aos 13 inaugurou o seu primeiro taller na casa familiar. Alí formou decenas de mozas que seguiron o seu ronsel como modistas e confeccionou deseños únicos para clientas de toda Galicia, incluídas réplicas de modelos icónicos coma os vestidos de noiva da raíña Fabiola ou Lady Di. Viviu a apertura política da Segunda República, o terror da Guerra Civil e as penurias da posguerra, pero nunca deixou de confeccionar marabillosas creacións, para as que atopaba inspiración nas revistas da época e nos grandes modistos coma Balenciaga, Chanel ou Christian Dior. Ao longo de décadas, o seu taller foi un referente de creatividade, de onde saían pezas para días especiais que eran pura artesanía. Coñecida pola súa xenerosidade, cosía tamén para familias humildes sen cobrarlles, e vestiu desde noivas ata defuntos. Superou un cancro linfático sen deixar de coser e chegou mesmo a rematar un vestido de noiva desde o hospital. Xa centenaria, hoxe é unha muller querida e popular á que lle gusta participar nos eventos da vila. Juaniña é memoria viva do Porriño; a súa enerxía, o sentido do humor co que afronta a vida e a vontade de manterse activa e independente mentres poida fan dela un símbolo de vitalidade e un exemplo para todas nós.
History and humanities 3 months
0
0
19
42:01

Avance - Juana de la Cruz Domínguez. Cen anos de paixón pola costura

03:28

As alfombreiras. Unha tradición ancestral transmitida por mulleres

A confección de alfombras de flores é unha manifestación cultural secular que en Galicia permanece viva grazas ao papel esencial das mulleres, transmisoras dos códigos simbólicos desta tradición, depositarias da sabedoría popular herdada xeración tras xeración e, como en moitas outras ocasións, organizadoras e facedoras dun traballo comunitario e interxeracional que se segue repetindo cada primavera en moitas vilas da provincia de Pontevedra, e que, felizmente, semella ter garantida a súa continuidade. Familias e veciñanza participan nun proceso que require de numerosas xornadas de preparativos e vésperas interminables de traballo para lle dar forma a obras de arte tan fermosas coma efémeras. Con frecuencia, os deseños permanecen en segredo ata o día da celebración, o que crea sorpresa e emoción. Estas creacións, que hoxe acompañan festexos de carácter relixioso e tamén populares, están orixinalmente vinculadas a ritos ancestrais de fertilidade da terra, ás colleitas e á harmonía co medio natural. Aínda que orixinariamente se facían só con elementos vexetais, hoxe algunhas vilas engaden materiais que lles son propios, coma as cunchas en Bueu, as serraduras de madeira na Estrada e, de forma xeral, o sal tinguido en case todas as vilas cando a flor escasea ou cando se busca emular a perfección dos tapices. Máis aló do seu valor estético, representan un ritual de pertenza e renovación colectiva. Atopamos alfombras de flores en moitos outros puntos do Estado, en Europa e en países tan afastados coma o Xapón ou México, mais é en Galicia onde mellor se conserva a tradición e todo o significado simbólico que lle dá sentido: o tipo de flores e herbas que se usan, os lugares onde estas deben ser apañadas, o percorrido sagrado, as danzas que acompañan as celebracións... Todo forma parte dun legado que debe ser conservado, e niso traballa a Federación de Alfombristas de Galicia, na que se integran numerosos colectivos pontevedreses e que xa conseguiu que a Xunta o incluíse no censo galego de patrimonio inmaterial e que o Ministerio de Cultura o declarase manifestación representativa do patrimonio español. Agora, tras confiarlle á antropóloga Ana Filgueiras a elaboración dunha rigorosa investigación, agárdase pola decisión da Unesco para que esta práctica sexa incluída na Lista representativa do patrimonio cultural inmaterial da humanidade.
History and humanities 6 months
1
0
34
54:37

Avance - As alfombreiras. Unha tradición ancestral transmitida por mulleres

02:53

Terceira colección Aquí Faltan Páxinas

A terceira colección de Aquí Faltan Páxinas amplía a nosa xenealoxía de mulleres extraordinarias, coa adición de novas voces e historias que, malia seren esenciais para entender quen somos, quedaron á marxe do relato que se recolle nos libros. Neste percorrido detémonos en logros colectivos e vidas singulares, en pioneiras audaces e en grupos de mulleres anónimas que loitaron, resistiron e transformaron xuntas a realidade social para convertérense en referentes que hoxe nos inspiran.  Abrimos a colección coas mulleres que en toda a provincia confeccionan as alfombras de flores, transmisoras dunha tradición ancestral e responsables da organización dun traballo comunitario e interxeracional que hoxe se proxecta ao mundo enteiro e que está a punto de ser recoñecido pola Unesco como patrimonio inmaterial da humanidade. Poñemos en valor a historia de Juaniña, modista centenaria do Porriño, que desde nena fixo da costura unha paixón e unha forma de vida, e creou padróns de alta costura desde un pequeno taller que foi escola, memoria e comunidade. Ademais, sumámonos á homenaxe que este ano se lles dedica con motivo das Letras Galegas ás cantareiras e tocadoras que manteñen vivo o noso rico patrimonio oral e musicalcun episodio especial sobre as mulleres da pequena parroquia de Gargamala, en Mondariz. Tamén lembramos a loita das Nais Contra a Droga, que ergueron a voz contra o narcotráfico e transformaron a dor en mobilización cidadá, o que deu lugar a cambios lexislativos e sociais a través da Asociación Érguete, que celebra este ano en Vigo o seu 40.º aniversario.  Rescatamos a figura de Concepción Pérez Iglesias, primeira alcaldesa galega e mestra respectada que na década de 1920 abriulles as portas da política ás mulleres.  Entramos tamén no mundo do viño, onde as mulleres, invisibilizadas durante séculos, van asumindo nos últimos anos a xestión das adegas, con destacadas profesionais como Anónimas Viticultoras, e lideran proxectos premiados que vinculan viño, territorio e identidade. Escoitamos o brillo da voz de Matilde Vázquez, soprano cambadesa que conquistou Madrid e os grandes teatros coas súas zarzuelas e deixou unha importante pegada no panorama lírico español.  Recuperamos a memoria de Corona González Santos, unha das primeiras fotógrafas afeccionadas do país, ademais de filántropa e impulsora cultural, que deixou un arquivo de imaxes de gran valor histórico e artístico.  Detémonos en Rita Fernández Queimadelos, pioneira galega da arquitectura e primeira muller en España en asinar proxectos, exemplo de talento e perseveranza nunha profesión dominada por homes.  Celebramos a traxectoria da científica Marisol Soengas, recoñecida internacionalmente pola súa investigación contra o cancro, doenza que sufriu en primeira persoa, e firme defensora da presenza das mulleres na ciencia.  Coñecemos a fantástica historia de Marina Ledo e Begoña Villar, primeiras policías locais en patrullar xuntas as rúas de Vigo, símbolo dun cambio de mentalidade e referentes para as novas xeracións de mulleres nas forzas de seguridade. Reivindicamos a figura rebelde e moderna de Cruz Risco, pioneira do cinema galego, cineasta esquecida que comeza hoxe a recibir o recoñecemento que merece.  Novas páxinas de logros individuais e colectivos, de proxectos de vangarda, de patrimonio custodiado por mulleres, de voces que resistiron e que abriron camiños para que hoxe poidamos continuar transitando as vías que nos han de levar a vivir en igualdade.
History and humanities 6 months
0
0
8
05:24

María Araújo. A guerrilleira que loitou contra as ditaduras de Franco e Batista

Nada en Carril en 1904, con só dous anos emigrou cos seus pais a Cuba, onde estudou nun convento, e logo casaría con Sebastián Carcaño, natural de Mugardos. Xuntos iniciáronse nas loitas proletarias e vinculáronse ao entón nacente movemento comunista cubano. En 1927 volveron a Galicia con dous fillos. María empezou a traballar nunha fábrica de conservas de Vigo, onde tomou as rendas do Sindicato de Conserveiras como militante do Partido Comunista de España. Durante a guerra civil participou na loita guerrilleira galega contra as forzas franquistas ata que a detiveron e a meteron no cárcere, onde entrou coa súa filla pequena, Dora, nada xa en Galicia. En 1944, o cónsul de Cuba en Vigo, Luis Bas Molina, axudouna a saír de prisión e regresar a Cuba con documentación falsa. A súa enerxía e o seu activismo continuaron alí, onde lles axudou aos guerrilleiros antifranquistas españois e aos comunistas cubanos contra a ditadura de Batista e apoiou o Goberno revolucionario, que se fixo co poder en 1959. Colaborou na campaña de alfabetización, nos Comités de Defensa da Revolución e na Federación de Mulleres Cubanas. Foi condecorada por Fidel Castro coa Orde Ana Betancourt, recibiu a Medalla 23 de Agosto da Federación de Mulleres Cubanas e a Medalla 28 de Setembro, que lle outorgaron os Comités de Defensa da Revolución. En 1989 chegaba ao seu fin, na súa casa da Habana, a vida de María a guerrilleira, unha incansable loitadora que viviu para facerlles fronte ás inxustizas. Neste capítulo contamos coa voz da súa filla, Dora Carcaño, que acompañou a súa nai no cárcere de nena e continuou o seu legado militante en Cuba. Tamén nos achega a súa perspectiva Pilar Cagiao, profesora de Historia de América na Universidade de Santiago de Compostela, autora do libro Muller e emigración, membro da Academia da Historia de Cuba e investigadora referente no estudo dos movementos migratorios entre Galicia e América desde un enfoque de xénero.
History and humanities 1 year
2
0
56
41:44

Avance - María Araújo. A guerrilleira que loitou contra as ditaduras de Franco e Batista

Nada en Carril en 1904, con só dous anos emigrou cos seus pais a Cuba, onde estudou nun convento, e logo casaría con Sebastián Carcaño, natural de Mugardos. Xuntos iniciáronse nas loitas proletarias e vinculáronse ao entón nacente movemento comunista cubano. En 1927 volveron a Galicia con dous fillos. María empezou a traballar nunha fábrica de conservas de Vigo, onde tomou as rendas do Sindicato de Conserveiras como militante do Partido Comunista de España. Durante a guerra civil participou na loita guerrilleira galega contra as forzas franquistas ata que a detiveron e a meteron no cárcere, onde entrou coa súa filla pequena, Dora, nada xa en Galicia. En 1944, o cónsul de Cuba en Vigo, Luis Bas Molina, axudouna a saír de prisión e regresar a Cuba con documentación falsa. A súa enerxía e o seu activismo continuaron alí, onde lles axudou aos guerrilleiros antifranquistas españois e aos comunistas cubanos contra a ditadura de Batista e apoiou o Goberno revolucionario, que se fixo co poder en 1959. Colaborou na campaña de alfabetización, nos Comités de Defensa da Revolución e na Federación de Mulleres Cubanas. Foi condecorada por Fidel Castro coa Orde Ana Betancourt, recibiu a Medalla 23 de Agosto da Federación de Mulleres Cubanas e a Medalla 28 de Setembro, que lle outorgaron os Comités de Defensa da Revolución. En 1989 chegaba ao seu fin, na súa casa da Habana, a vida de María a guerrilleira, unha incansable loitadora que viviu para facerlles fronte ás inxustizas. Falaremos con Pilar Cagiao, profesora de Historia de América na Universidade de Santiago de Compostela, autora do libro Muller e emigración, membro da Academia da Historia de Cuba e investigadora referente no estudo dos movementos migratorios entre Galicia e América desde unha perspectiva de xénero. A sesión terá lugar o xoves 12 de decembro, ás 19 horas, na sala de conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.
History and humanities 1 year
0
0
19
02:16

Urania Mella. Pianista, educadora e defensora da paz e dos dereitos das mulleres

Foi unha muller exemplar adiantada ao seu tempo, defensora dos dereitos das mulleres, cun gran compromiso político pero tamén social e educativo. Urania ensinoulles a escribir ás súas veciñas analfabetas na Casa do Pobo, como fixo seu pai, Ricardo Mella, teórico do anarquismo condenado ao desterro e a quen Durruti lía na fronte. Combateu contra as tropas de Franco en Vigo no alzamento nacional do 36 e acusárona de ser mala nai e de radicalizar o seu marido, Humberto, que foi executado; non obstante, os prexuízos de xénero das autoridades fascistas evitaron que Urania correse a mesma sorte. A ela enviárona ao inferno do penal de Santurrarán e as súas fillas quedaron a cargo da familia paterna, católica e conservadora, e creceron pensando que a súa nai as abandonara. Os dous nenos, maiores ca elas, recordábana como unha muller cariñosa e traballadora e intuían que o que escoitaban na casa das súas tías non era certo. Cando Urania saíu en liberdade e chegou a Vigo, as súas fillas renegaron dela, suceso que a xente comentaba, polo que decidiu instalarse co seu fillo Raúl en Lugo, onde sobreviviu colléndolles puntos ás medias, porque xa non podía dar clases de piano e solfexo como fixera antes da guerra. Unha tarde, mentres agardaba que o seu fillo a viñese buscar para ir ao cine, Urania morreu a causa dun tumor cerebral que non lle trataran no cárcere. Co tempo, as súas fillas entenderon quen foi en realidade a súa nai, pero xa era tarde. Só lles quedou o seu piano, que se converteu nun altar onde honrar a súa memoria. Neste capítulo contamos co testemuño da persoa que ata o de agora conseguiu reunir máis información sobre Urania Mella, a investigadora Iria Presa, que comezou en 2012 a estudar a vida e obra do pai de Urania, o anarquista e topógrafo vigués Ricardo Mella, e, en paralelo, a de Urania. Desde entón mantén o seu periplo investigador visitando arquivos e entrevistándose con persoas en Tui, A Coruña, Ferrol, Bilbao ou Barcelona; mais tamén en Montevideo, Bos Aires, A Habana, Nova York, San Francisco, Michigan ou México, onde continúa a investigar na actualidade.
History and humanities 1 year
0
0
61
37:05

Avance - Urania Mella. Antifascista, feminista e defensora da República

Foi unha muller exemplar adiantada ao seu tempo, defensora dos dereitos das mulleres, cun gran compromiso político pero tamén social e educativo. Urania ensinoulles a escribir ás súas veciñas analfabetas na Casa do Pobo, como fixo seu pai, Ricardo Mella, teórico do anarquismo condenado ao desterro e a quen Durruti lía na fronte. Combateu contra as tropas de Franco en Vigo no alzamento nacional do 36 e acusárona de ser mala nai e de radicalizar o seu marido, Humberto, que foi executado; non obstante, os prexuízos de xénero das autoridades fascistas evitaron que Urania correse a mesma sorte. A ela enviárona ao inferno do penal de Santurrarán e as súas fillas quedaron a cargo da familia paterna, católica e conservadora, e creceron pensando que a súa nai as abandonara. Os dous nenos, maiores ca elas, recordábana como unha muller cariñosa e traballadora e intuían que o que escoitaban na casa das súas tías non era certo. Cando Urania saíu en liberdade e chegou a Vigo, as súas fillas renegaron dela, suceso que a xente comentaba, polo que decidiu instalarse co seu fillo Raúl en Lugo, onde sobreviviu colléndolles puntos ás medias, porque xa non podía dar clases de piano e solfexo como fixera antes da guerra. Unha tarde, mentres agardaba que o seu fillo a viñese buscar para ir ao cine, Urania morreu a causa dun tumor cerebral que non lle trataran no cárcere. Co tempo, as súas fillas entenderon quen foi en realidade a súa nai, pero xa era tarde. Só lles quedou o seu piano, que se converteu nun altar onde honrar a súa memoria. Neste faladoiro conversamos coa persoa que ata o de agora conseguiu reunir máis información sobre Urania Mella, a investigadora Iria Presa, que comezou en 2012 a estudar a vida e obra do pai de Urania, o anarquista e topógrafo vigués Ricardo Mella, e, en paralelo, a de Urania. Desde entón mantén o seu periplo investigador visitando arquivos e entrevistándose con persoas en Tui, A Coruña, Ferrol, Bilbao ou Barcelona; mais tamén en Montevideo, Bos Aires, A Habana, Nova York, San Francisco, Michigan ou México, onde continúa a investigar na actualidade.
History and humanities 1 year
0
0
28
02:17

Mercedes Ruibal. Os trazos dramáticos dunha pintora alegre (1928 2003)

Naceu na parroquia pontevedresa de Xeve, nunha familia republicana de grandes inquedanzas artísticas que se viu obrigada a emigrar por mor da guerra. O seu pai era un apaixonado da música e da literatura, a súa nai, unha pintora naíf, o seu irmán José, dramaturgo, e a súa irmá Ángeles, cantante. Teté —o nome familiar de Mercedes— pasou a súa infancia e adolescencia en Xeve, ata que con vinte anos emigrou a Bos Aires para reencontrarse co seu irmán José. Alí iniciouse na pintura con Laxeiro como amigo, mentor e mestre. Realizou a súa primeira mostra individual na Sala Rose Marie, en 1956, e, pouco despois, en 1957, regresou a Galicia xa convertida en pintora. Tras realizar unha serie de exposicións en Vigo, trasladouse a Madrid, onde traballou como deseñadora de cerámica, visitou repetidamente o Prado e estableceu unha relación con artistas dos faladoiros do Café Gijón. En 1959 casou co arquitecto e pintor Agustín Pérez Bellas; xuntos percorreron medio mundo e residiron en Roma, onde compartiu estudio con Rafael Alberti, quen mantivo unha grande amizade con ela e lle dedicou algúns poemas á súa pintura. No seu estilo expresionista percíbense as influencias de Laxeiro, Rouault e do Goya das pinturas negras, coa crítica social sempre presente.  Cando nunha ocasión lle preguntaron polos motivos que a levaban a pintar cousas escuras e ata monstruosas, dixo: "Eu son alegre, optimista. Non son cruel nin torturadora. A pintura, non obstante, sáeme dramática e, ademais, quero que me saia así. As cousas con forza son as que fan vibrar". En Vigo relacionouse con Lugrís, Laxeiro e Lodeiro, e reflectiu a súa peculiar personalidade no texto Confesiones de volatinera con bragas de repuesto al dorso (1978), ilustrado polo seu home. Expuxo a súa obra en Galicia, Madrid, Bos Aires, Roma, Florencia, Lisboa, París e Londres. Foi galardoada co segundo Premio Kramer na Bienal Hispanoamericana de Arte de 1964, co Premio Reconquista de Vigo en 1992 e nomeada Viguesa Distinguida nese mesmo ano. A súa pintura figura nas coleccións de varios museos galegos e americanos, e tamén en coleccións privadas. Mercedes non tivo fillos pero amadriñou e criou a súa sobriña, Graciela Baquero Ruibal, que hoxe custodia a súa obra e que nos acompaña neste capítulo narrando algunhas das pasaxes da súa vida, estreitamente conectada coas diferentes etapas da súa pintura.
History and humanities 1 year
1
0
31
50:30
You may also like View more
Fóra de Mapa O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Updated
La ContraHistoria La historia como no te la contaron en la escuela. Presentado y dirigido por Fernando Díaz Villanueva. Updated
As conversas de Orgullo Galego Somos Orgullo Galego, a comunidade en lingua galega máis grande de todo internet. Chegamos a Evoox para subir as conversas que emitimos tanto no Twitch como en Youtube. Para máis información podes seguirnos nas nosas redes sociais e visitar www.orgullogalego.gal Updated
Go to History and humanities