BLACK DAYS ¡Disfruta de 6 meses de Plus al 25% de dto! ¡LO QUIERO!
Aquí faltan páxinas
Podcast

Aquí faltan páxinas

74
145

Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.

Cruz Risco. Pioneira do cinema galego

Cruz Martínez-Risco é unha figura clave do cinema galego, soterrada durante moitas décadas baixo a lousa dun inexplicable silencio. Filla serodia do intelectual Vicente Risco, estudou Xornalismo en Madrid e posteriormente formouse en Socioloxía e Dirección e Cinema na Universidade de París 8, nun contexto de renovación cultural tras o Maio do 68. Alí coñeceu outras estudantes que formaron con ela o Grupo 4, un colectivo de cineastas no que tamén participaban Elisabeth Aguirre, Pilar del Caz e Begoña Zanguitu. No verán de 1977, as catro mulleres viaxaron a Galicia para rodar o documental Por que marchamos, traballo fin de carreira de Cruz. O filme, de algo máis de media hora de duración, amosa como as galegas e galegos emigrados en Francia, ao volver a Galicia no verán, facían exhibición dunha riqueza que non tiñan, especialmente nas procesións relixiosas, que enchían de billetes. Coa integrante galega guiando a rodaxe, rexistraron escenas singulares en romarías, o que significou unha memoria audiovisual de gran valor para a identidade galega. A pesar de proxectarse en festivais coma a Seminci e en aldeas e cidades galegas, a cinta perdeuse, e só se conserva unha memoria escrita que documenta o seu contido e intencións. Cruz Risco tamén exerceu de técnica de son en títulos coma Le Musée fantôme (Jean Lassave, 1974); filmou a caída do réxime salazarista e o ronsel do 25 de abril; colaborou con Iñaki Núñez Rozados en Toque de queda (1976); rodou a curta Villa Los Ángeles mentres vivía en Altea (Alacant); escribiu con Emilio Pérez Calviño en Galicia o guión de Meiga; colaborou con Chano Piñeiro en Esperanza (1986); e fixo o son de Río de sombras (Daniel Domínguez, 1986). A investigación que comeza a agromar arredor da súa figura revela unha muller moderna, culta, rebelde e libre, e unha das primeiras galegas que se tentou profesionalizar no cinema. Pioneira esquecida, empeza hoxe a recoller recoñecementos tardíos que iluminan a creación audiovisual feminina en Galicia.
History and humanities 2 weeks
0
0
20
01:01:29

Avance - Cruz Risco. Pioneira do cinema galego

History and humanities 1 month
0
0
10
04:08

MARINA LEDO E BEGOÑA VILLAR. Primeira parella feminina de policías locais en Vigo

Corría o ano 1981 cando Marina Ledo ingresou na Policía Local de Vigo. Foi unha das tres axentes da primeira promoción con mulleres. Dous anos despois, en 1983, vestiu o uniforme Begoña Villar. En 1985, fartas de que a cidadanía falase só cos seus compañeiros homes, fixeron historia ao converterse na primeira parella de mulleres policías locais que patrullaban xuntas as rúas de Vigo. Nun momento en que a presenza feminina nos corpos de seguridade era minoritaria, a súa incorporación en equipo simbolizou un cambio de mentalidade e un paso cara á igualdade real no ámbito policial. Ambas superaron as probas de acceso nunha convocatoria aberta e tiveron que afrontar non só o reto profesional de garantir a seguridade cidadá, senón tamén prexuízos e estereotipos de xénero. Ao principio dirixían o tráfico con saia, tacóns e bolso, o que reforzaba estes estereotipos e limitaba a súa capacidade de movemento. O seu traballo nas patrullas destacou polo trato próximo coa veciñanza e a capacidade de resolución en situacións complexas. Co paso dos anos, a súa experiencia contribuíu a normalizar a presenza de mulleres en todos os servizos e rangos da Policía Local e inspirou moitas novas axentes que hoxe, grazas ao camiño que abriron estas pioneiras, ven na Policía unha profesión onde hai lugar tamén para elas.
History and humanities 1 month
0
0
42
41:57

Avance -MARINA LEDO E BEGOÑA VILLAR. Primeira parella feminina de policías locais en Vigo

History and humanities 2 months
0
0
15
06:13

AS MULLERES NO MUNDO DO VIÑO. Abrirse camiño reivindicando territorio e identidade

O viño é parte fundamental da cultura galega e, na provincia de Pontevedra, as mulleres xogaron un papel constante pero historicamente invisibilizado. Tradicionalmente, foron as encargadas do coidado das viñas, da vendima, do pisado e da conservación, e transmitiron saberes vitivinícolas de xeración en xeración. Co paso do tempo, moitas delas asumiron tamén a xestión das adegas, especialmente cando os homes emigraban. Nos últimos anos, a súa presenza profesionalizouse e diversificouse: enólogas, sommelieres, comercializadoras e responsables de innovación, ademais de liderar proxectos premiados na Denominación de Orixe Rías Baixas. Aínda que as cifras seguen revelando unha menor porcentaxe de mulleres en cargos directivos, a tendencia é ascendente e o seu recoñecemento no sector aumenta, abrindo camiño para novas xeracións que vinculan viño, territorio e identidade. Exemplos coma o de Anónimas Viticultoras, que este ano acadou o Premio Isabel Mijares na categoría de mellor novo proxecto, dentro da Barcelona Wine Week, talvez o máis prestixioso dos salóns do viño que se celebran na península ibérica, revelan un cambio de paradigma. O seu proxecto comezou no 2016 no corazón do Salnés grazas á unión dos talentos da enóloga Cristina Yagüe e da adegueira María Falcón para fundar unha iniciativa que se levanta sobre dúas premisas: outorgarlle visibilidade á figura da muller, fundamental pero desapercibida para o gran público no ámbito da vitivinicultura, e extraerlles todo o seu potencial ás moitas e potentes variedades de uva que crecen en Galicia.
History and humanities 4 months
0
0
32
01:03:30

AS MULLERES NO MUNDO DO VIÑO Abrirse camiño reivindicando territorio e identidade

14
05:34

CORONA GONZÁLEZ SANTOS. Unha vida entregada á fotografía e ao mecenado

Corona González Santos, nada a finais do século XIX e vencellada a Mos e ao Porriño, destacou polo seu compromiso social e por ser unha das primeiras fotógrafas afeccionadas en Galicia. Casada con Ramón González Fernández, empresario, banqueiro e filántropo de Ribadeo, formou con el un matrimonio moi implicado en causas benéficas e culturais: doazóns para bibliotecas, bolsas de estudo, melloras en infraestruturas e apoio a proxectos comunitarios. Na súa lúa de mel, o matrimonio viaxou á Exposición Universal de París, onde Corona quedou impactada pola obra de varias fotógrafas estadounidenses e decidiuse a adquirir a súa primeira cámara fotográfica. Como a maioría das fotógrafas non profesionais da época, Corona fotografaba o que acontecía á súa volta, polo que a súa produción ten un marcado carácter costumista: escenas familiares e de amigos; retratos individuais ou en grupo, de mulleres, nenas e nenos; secuencias en representacións teatrais, paisaxes, escenas agrícolas, mariñeiras... A revista Vida Gallega publicou en 1914 unha reportaxe súa titulada El arte y la belleza arredor dunha festa benéfica realizada no Casino do Porriño, onde se representaba teatralmente a peza Canción de cuna. Como filántropa deixou unha profunda pegada en Ribadeo, en Mos e no Porriño. A súa principal contribución nesta última localidade foi o consistorio porriñés, encargado en 1921 ao famoso arquitecto Antonio Palacios. Foi recoñecida como filla adoptiva de Ribadeo e recordada pola veciñanza como unha muller xenerosa e culta. Hoxe, parte do seu arquivo fotográfico está a ser recuperado, para devolverlle o lugar que merece na memoria colectiva. No Museo de Pontevedra consérvanse máis de 120 copias realizadas directamente a partir das placas que están en poder da familia e que permitiron coñecer e poñer en valor a súa obra fotográfica.
History and humanities 5 months
0
0
33
36:11

Avance - CORONA GONZÁLEZ SANTOS. Unha vida entregada á fotografía e ao mecenado

History and humanities 6 months
0
0
12
02:13

RITA FERNÁNDEZ QUEIMADELOS. A primeira muller que asinou proxectos de arquitectura en España

Rita Eugenia Benedicta Fernández Queimadelos naceu na Cañiza, nun fogar de comerciantes, propietarios da mercería La Modernista, en Ourense. Interesouse na arquitectura posiblemente por influencia do seu avó materno, Eduardo Queimadelos Ribera, que exercía de agrimensor na Cañiza, e tamén polos traballos de carpintería que se levaban a cabo habitualmente na súa casa. A pesar da oposición inicial do seu pai, co apoio decisivo das súas avoas, especialmente da materna, confirmou a súa vocación e conseguiu estudar arquitectura en Madrid como parte da primeira xeración de arquitectas españolas. Titulouse en 1940 —con Matilde Ucelay como precedente— e converteuse na primeira galega titulada en Arquitectura e na primeira muller en España en asinar oficialmente os seus propios proxectos arquitectónicos. Entre 1941 e 1946 traballou na Dirección Xeral de Rexións Devastadas, mentres compaxinaba obra privada en Madrid e Murcia. En 1942 casou con Vicente Iranzo Rubio e, logo do nacemento da súa terceira filla en 1947, interrompeu temporalmente a súa carreira. En 1955 reiniciou a súa actividade profesional en Murcia, onde exercería como arquitecta escolar provincial (1960–1967) e arquitecta municipal en Mula (1962–1967), ademais de manter traballos como profesional independente. En 1973 trasladouse a Barcelona, ao acadar o seu marido a praza de catedrático de Química Inorgánica Aplicada na Facultade de Farmacia da Universidade Central de Barcelona, e abandonou a práctica profesional. Agás algúns proxectos esporádicos, non volveu exercer. Faleceu en Barcelona o 26 de setembro de 2008, aos 97 anos, e deixounos como legado un exemplo de perseveranza e talento que lle abriu portas a novas xeracións. Pioneira no desenvolvemento de proxectos de arquitectura civil, rehabilitación e vivenda social, foi unha referente decisiva para que outras mulleres avanzasen nunha profesión tradicionalmente masculina.
History and humanities 7 months
0
0
39
52:14

Avance - RITA FERNÁNDEZ QUEIMADELOS. A primeira muller que asinou proxectos de arquitectura en España

17
02:15

MATILDE VÁZQUEZ A soprano galega que conquistou Madrid

Matilde Vázquez naceu en Cambados nos albores do século XX e mostrou desde nena unha grande afección pola música e unha voz con enormes calidades para o canto. Cando cumpriu os trece anos a súa familia tivo que trasladarse a Madrid, onde deu os seus primeiros pasos en compañías amadoras e comezou a recibir leccións de música e canto co mestre Luis Iribarne. Nos anos 20 actuou como cupletista pasando despois ao xénero da revista na compañía de Celia Gámez, pero a súa carreira despegou de verdade en 1927 co seu debut na zarzuela La del Soto del Parral, no Teatro Fuencarral. O seu salto definitivo á fama produciuse en abril de 1929 co emblemático éxito de Los claveles de Serrano, xunto ao tenor Tino Folgar, que a consolidou como estrela do xénero. En 1932 uniuse á Compañía Lírica Nacional e interpretou papeis emblemáticos como Aurora La Beltrana en Doña Francisquita, incluso na versión cinematográfica de 1935. Sumou numerosas recreacións en teatros madrileños e de Barcelona entre os anos 30 e 40 e chegou a facer varias xiras por Hispanoamérica. Tras a guerra civil fundou a súa propia compañía coa que protagonizou éxitos como La Caramba (1942) e Polonesa (1944), na que traballaba con Pedro Terol, e deixou rexistro discográfico con intérpretes como Marcos Redondo e Juan García. Nos anos 50 interpretou títulos finais como La Lola se va a los puertos ou La verbena de la Paloma e rematou a súa vida interpretativa arredor de 1955; a partir de aí dedicaríase á pintura de xeito afeccionado. Faleceu en Madrid o 23 de abril de 1992, e deixou unha traxectoria que representa o esplendor da zarzuela española no seu momento máis brillante e un legado de repertorio clásico que tivo unha influencia duradeira no teatro lírico español.
History and humanities 8 months
0
0
27
33:11

Avance - MATILDE VÁZQUEZ. A soprano galega que conquistou Madrid

13
01:54

Avance - Concepción Pérez Iglesias. Primeira alcaldesa de Galicia

María de la Concepción Pérez Iglesias, coñecida como Dona Concha, naceu en Santiago de Compostela, onde se formou como mestra na Escola Normal. Chegou a Portas en 1907 para dirixir a escola feminina, un labor que exerceu con rigor e cariño ocupándose de cincuenta alumnas por aula. Alí casou con Amador Méndez Santamaría, un adiñeirado emigrante retornado, maior ca ela, con quen estableceu a súa vida na parroquia de Lantaño, onde criou o seu único fillo, Nemesio. Quedou viúva en 1918 por causa da epidemia da gripe que asolou España. Logo do golpe de Estado de Primo de Rivera permitíuselles votar e acceder á vida pública ás mulleres cabezas de familia. A Concha propóñenlle unirse ao Goberno local como edil. De forma inesperada, durante o pleno da súa toma de posesión como concelleira o 9 de xaneiro de 1925, convértese na primeira alcaldesa de Galicia, escollida pola corporación municipal tras a renuncia do alcalde anterior. Durante os cinco anos do seu mandato (1925–1930) impulsou a construción de catro escolas, mellorou as comunicacións locais e fixo posible o nomeamento dun médico e dunha matrona. Coa súa dedicación e entrega gañou o respecto e afecto da veciñanza, que lle dedicou en vida múltiples homenaxes e ata serenatas en sinal de agradecemento. Máis aló dos seus logros administrativos, simboliza o acceso das mulleres á política nunha época marcada pola ditadura de Primo de Rivera. Coa volta ao Goberno do rei Afonso XIII o 28 de xaneiro de 1930, Concha cesa como alcaldesa. Tras abandonar o cargo, retoma a docencia e segue formando novas xeracións ata o seu traslado definitivo á Escola Nacional de Guadalupe en Santiago, onde exercerá ata pouco antes do seu falecemento, en 1939.
History and humanities 9 months
0
0
13
02:09

Concepción Pérez Iglesias. Primeira alcaldesa de Galicia

1
0
33
35:23

Marisol Soengas. Na vangarda da investigación contra o cancro

María Soledad (Marisol) Soengas González, nada en Agolada en 1968, é unha das científicas galegas máis recoñecidas de ámbito internacional no campo da oncoloxía. Licenciada en Bioloxía pola Universidade Autónoma de Madrid e doutora polo Centro de Bioloxía Molecular do CSIC, especializouse no estudo do melanoma, un dos cancros de pel máis agresivos. Tras traballar en centros punteiros dos Estados Unidos coma o laboratorio Cold Spring Harbor Laboratory e a Universidade de Michigan, regresou a España para dirixir o Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO). Os seus estudos identificaron novos mecanismos moleculares que explican a resistencia deste tumor a terapias convencionais e abriron vías para tratamentos máis eficaces. Soengas é tamén unha firme defensora da visibilidade das mulleres na ciencia e da divulgación científica, participando en iniciativas para fomentar vocacións STEM entre as máis novas. Recentemente tivo que enfrontarse persoalmente a un duro proceso de loita contra a mencionada doenza, algo que aproveitou para seguir axudando desde o relato público da súa experiencia. O seu traballo foi recoñecido con múltiples premios nacionais e internacionais.
History and humanities 9 months
0
0
41
56:42

Avance - Marisol Soengas. Na vangarda da investigación contra o cancro

04:12

As Mulleres de Gargamala. Cantareiras, tocadoras e gardiás da nosa tradición

Na pequena parroquia de Gargamala, no concello de Mondariz, as mulleres son as grandes depositarias da tradición oral e musical. Cantareiras, tocadoras e transmisoras de saberes, fixeron posible que romances, coplas e cantos de traballo sobrevivisen ao paso das xeracións. Reunidas en fiadas, seráns e festas, acompañaban os labores do campo e as celebracións con voces potentes e harmonías aprendidas de memoria. O seu repertorio abrangue desde cancións de berce ata pezas para bailes e procesións. Ademais de manter viva a música, estas mulleres tamén conservan historias, refráns e formas de falar propias da zona, converténdose en auténticas gardiás da identidade local. A súa contribución é hoxe valorada pola etnomusicoloxía que ve nelas un elo esencial para comprender a riqueza do folclore galego. CRÉDITOS Os testemuños dePerfeuta de Remeixido, Solmira da Cesteira, Fina de Vedrelos e Manuel do Pintor pertencen ao arquivo Arredor da Tradición, compilado por Xulia Feixoo eGuillerme Ignacio e publicados no libro Mulleres de Gargamala! Cantaresde tradición oral (aCentral Folque, 2017).  Foron cedidas tamén paraeste capítulo as seguintes músicas da mesma publicación: Jota. Tocadoras do Barro. Arquivo de Guilherme Ignacio Primeiro agharrado. Tocadoras do Barro. Arquivo de Guilherme Ignacio 04.03.2012. Jota. Tocadoras e gaiteiro do Barro. O Barro, Gharghamala, Mondariz, do Arquivo Arredor da Tradición 10.04.2017  Cantar De Reis Caminaba Una Señora. Lola Rodríguez Busto do Coxo (O Barro, 1943) e Lealdina Amil Valado de Inesa (O Barro, 1951), do arquivo de Guillerme Ignacio 10.04.2017 Cantar De Reis Eran Entre Dos Romeros. Lola Rodríguez Busto do Coxo (O Barro, 1943), do arquivo de Guillerme Ignacio, 04.03.2012. Tremelico, Dorinda Rodríguez Sánchez de Sinforosa (Mourelle, 1926), do arquivo de Guillerme Ignacio, 08.07.2012 Jota. Tocadores de Mourelle, do Arquivo de Leni Pérez. Rebeirana Da I-Aña. Dorinda Rodríguez Sánchez de Sinforosa (Mourelle, 1926), do Arquivo de Guilherme Ignacio 08.07.2012 Pasodobre 'Chora Videiriña'. Solmira Fernández Bernárdez da Cesteira (A Rúa, 1942), do Arquivo de Arredor da Tradición, 03.07.2017a. Cantar de entrada ao serán. Tocadoras do Barral. O Barral, Gharghamala, Mondariz, do Arquivo Arredor da Tradición 27.08.2002 Cantar Das Sachadas, Tocadoras do Barral. O Barral, Gharghamala, Mondariz, do Arquivo Arredor da Tradición 27.08.2002 Jota Da I-Aña. Tocadoras do Barral. O Barral, Gharghamala, Mondariz, do Arquivo Arredor da Tradición 10.04.2017 Primeiro Agharrado Da I-Aña. Tocadoras do Barral, do Arquivo Arredor da Tradición. 18.12.2016. Tamén se usou a Xota de Solmira Fernández Bernárdez da Cesteira (Id 3567) depositada no APOI poloArquivo Arredor da Tradición e recollida en 2020 en Mondariz  O resto do repertorio e dos testemuños foron gravados porMarián Fernández nunha sesión de recollida ao grupo de Pandereteiras deGargamala integrado por Lealdina, Ilda, Alegría, Dalmiro, María, Enrique,Rosa e Sandra, o 12 de setembro de2025.
History and humanities 10 months
0
0
49
49:04

Avance - As Mulleres de Gargamala. Cantareiras, tocadoras e gardiás da nosa tradición

11
03:32

Nais contra a droga. Érguete: 40 anos loitando para transformar a sociedade

A finais da década de 1970 e comezos da de 1980, as Rías Baixas sufriron unha vaga de narcotráfico que afectou gravemente a mocidade galega. A heroína apareceu en moitas casas galegas como un pesadelo invisible e as nais eran sinaladas como culpables de terlles consentido demasiado aos seus fillos, que se convertían en delincuentes e roubábanlles incluso ás súas propias familias. A droga apoderouse deles, levounos e, a algúns, tamén os apagou. Non sabían que lles pasaba. A maioría delas atopou “bolsas que parecían chocolate” nos seus fogares sen teren nin idea do que era. Aprendérono xuntas.
History and humanities 11 months
0
0
31
01:02:50

Avance - Nais contra a droga. Érguete: 40 anos loitando para transformar a sociedade

A finais da década de 1970 e comezos da de 1980, as Rías Baixas sufriron unha vaga de narcotráfico que afectou gravemente a mocidade galega. A heroína apareceu en moitas casas galegas como un pesadelo invisible e as nais eran sinaladas como culpables de terlles consentido demasiado aos seus fillos, que se convertían en delincuentes e roubábanlles incluso ás súas propias familias. A droga apoderouse deles, levounos e, a algúns, tamén os apagou. Non sabían que lles pasaba. A maioría delas atopou “bolsas que parecían chocolate” nos seus fogares sen teren nin idea do que era. Aprendérono xuntas.
History and humanities 11 months
0
0
10
02:37
You may also like View more
La ContraHistoria La historia como no te la contaron en la escuela. Presentado y dirigido por Fernando Díaz Villanueva. Updated
Fóra de Mapa O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Updated
A Trabe de Ouro Somos Orgullo Galego, un proxecto de divulgación en lingua galega sobre cultura, tradicións, historia ou lingua. Chegamos a Ivoox para subir unhas conversas que tamén tedes no noso Spotify e Youtube. Aquí falamos sobre etnografía e antropoloxía, lingua e cultura, historia, medio ambiente, lingua ou actualidade. Para máis información podes seguirnos nas nosas redes sociais e visitar www.orgullogalego.gal Updated
Go to History and humanities