ÚLTIMAS HORAS ¡Disfruta de 6 meses de Plus al 25% de dto! ¡LO QUIERO!
Baleiro Perfecto
Podcast

Baleiro Perfecto

45
176

Hai falangullos e falangullos, pero ningún sucede no Baleiro Perfecto.

Eis un espazo onde o paradoxo de Fermi ben pode ser un evanxeo, onde os mapas imaxinarios agochan tesouros gardados por dragóns, onde a maxia é ciencia e cada quince días ocorre o inesperado.

Non o dubides. Isto é unha reunión de voces sobre ciencia ficción e fantasía. Cada programa é unha historia.

Baleiro Perfecto é invocado dentro do magazine cultural A que cheira, papá?

Hai falangullos e falangullos, pero ningún sucede no Baleiro Perfecto.

Eis un espazo onde o paradoxo de Fermi ben pode ser un evanxeo, onde os mapas imaxinarios agochan tesouros gardados por dragóns, onde a maxia é ciencia e cada quince días ocorre o inesperado.

Non o dubides. Isto é unha reunión de voces sobre ciencia ficción e fantasía. Cada programa é unha historia.

Baleiro Perfecto é invocado dentro do magazine cultural A que cheira, papá?

45
176

Fotografía - Baleiro Perfecto 45

O Baleiro Perfecto volve polas andadas desta volta para falar do mundo da fotografía na fantasía e ciencia ficción. Cámaras para capturar espíritos, fotografías que veñen do futuro... Desde a cámara escura ata a distopía imaxinaria da IA xenerativa, repasamos neste episodio todo o que a fotografía como arte aportou aos nosos xéneros favoritos.
Art and literature 10 months
3
0
601
01:50:34

Labirintos - Baleiro Perfecto 44

Deixamos o novelo e as miguiiñas de pan en cada cruce, pero os membros do Baleiro seguimos perdidos neste labirinto. Axuda! Nada, mentres buscamos a saída falamos dos labirintos de fantasía e de ciencia ficción máis famosos, mentre artellamos teorías arriscadísimas sobre o sentido último de perderse.
Art and literature 1 year
2
0
1.2k
01:54:04

Lentes - Baleiro Perfecto 43

Dedicamos un episodio aos lentes, para conmemorar todas esas infancias con parches e dioptrías, adolescencias con lentes de contacto e madurez con ollos cansados. Exploramos o significado literal e metafórico dos lentes e anteollos nas historias de ciencia ficción e fantasía, desde os lentes "falsos" de Clark Kent ata os superpoderes do visor de Cícople.
Art and literature 1 year
3
0
874
01:52:14

Body Horror - Baleiro Perfecto 42

Bocas, pernas, dedos, folículos, cartílagos, humores. Transmutacións e todos os horrores de Cronenberg caben neste novo episodio do Baleiro dedicado ao Body Horror.
Art and literature 1 year
4
7
1.3k
01:40:16

Dune - Baleiro Perfecto 41

Máis alá dos límites do podcast, alén dos recantos aos que ningún ourensán chegou xamais, alí hai un planeta chamado Arrakis. Disque a xente do Baleiro Perfecto conseguiu facerse cun pouco de especia e gravaron un episodio lisérxico sobre a posible chegada dun Lisan al-Gaib... quizais un chamado Chalamet...
Art and literature 2 years
4
0
2.5k
02:04:02

Disfraces - Baleiro Perfecto 40

É isto o Baleiro Perfecto ou tres nenos nunha gabardina finxindo ser un podcast sobre ciencia ficción e fantasía? Só un experto en disfraces pode apreciar a diferenza. Volve o Baleiro, e facémolo preto do Entroido para falar da máscara e o disfraz, do espía que se agocha a plena luz, do traxe de superheroe, do entroido de subversión. Bota connosco unha hora pensando en como facer un carnaval dos mundos de fantasía!
Art and literature 2 years
3
1
1.5k
01:49:59

Radio - Baleiro Perfecto 39

Ola? Hai alguén ai? Aquí o Baleiro perfecto, cambio. Oh, non, non hai ninguén... Sintonizamos a FM cuántica e intentamos facer contacto cun programa dedicado á radio! Desde a mítica retransmisión de Welles, o codec do Metal Gear ou a torre secuestrada polo Team Rocket, repasamos as radios máis famosas da cifi e a fantasía.
Art and literature 3 years
5
0
1.9k
01:39:08

Unllas - Baleiro Perfecto 38

Non estamos quedando sen tema para os Baleiros, sodes vós que non apreciades o poder das unllas! Abrimos tempada nova no Baleiro demostrando que non temos medo xa a estar fóra do mainstream e dedicamos un programa enteiro ás unllas. Porque si, porque nós podemos, porque quen nolo vai impedir. Afiade as de Lobeto ou arrincádellas ao velocirráptors. Cortamos o pelo con Eduardo Manostesoiras e pintámolas de cores cos Akatsuki.
Art and literature 3 years
6
2
785
01:45:04

Voar - Baleiro Perfecto 37

Ah voar, ese soño compartido por humanos e aves sen plumas. Estivemos argallando no taller do Baleiro Perfecto e deseñamos o barco/nave/anxo voador definitivo, pero ao final gravamos un podcast. Dedicamos un anaco a falar de voar na cifi e na fantasía e de verdade, neste hai unha miríada de referencias moi inesperadas: Casper, John Wick e Evangelion teñen oco no Baleiro. Ah, e nalgún punto falamos das vasoiras das bruxas. Coidado. COIDADO.
Art and literature 3 years
5
2
1.5k
01:58:11

Drogas - Baleiro Perfecto 36

Un estraño composto químico percorre o sangue da xente do Baleiro Perfecto e non sabemos que efectos secundarios terá. Superforza para rir de Darío? Megaresistencia para facer podcast de 2 horas? Alucinacións con antigos pantasmas de Pablo Pesado? Descubrímolo neste episodio dedicado ao marabilloso mundo das drogas, en particular das que inventan os autores de fantasía e cifi. Percorremos un mundo feliz e outras distopías, e afondamos nesa idea tan do século XX de que non se pode ser verdadeiramente artista sen drogarse.
Art and literature 3 years
5
3
616
01:59:08

Multiversos - Baleiro Perfecto 35

A xente do Baleiro Perfecto atravesou un portal e agora todo é exactamente igual pero polo que sexa todo o mundo ten acento de Asturias. Fuxen pero no seguinte a xente toda é Will Smith! Oh non, será que están atrapados no Multiverso? Multiversos paralelos, burbulla, fillos, as posibilidades infinitas dos mundos infinitos. Neste episodio falamos de todos eles, das teorías físicas que os explican, desde as fantasías de Elric de Melniboné ata o cinismo de Rick.
Art and literature 3 years
7
0
631
01:32:22

Piratas - Baleiro Perfecto 34

Por que ese barco co pavillón dun polbo lovecraftiano se achega tanto? Son os PIRATAS do Baleiro Perfecto! Surcamos os sete mares na procura dos tesouros en dúas horas de podcast onde a maridaxe co ron e as interpretacións desmadradadas do Monkey Island provocarán escorburto e farán agromar riquezas agochadas. Non nos responsabilizamos polas actuacións extremas que o capitán Pereiro poida adoptar durante o programa. En alta mar, dereito de piratas.
Art and literature 3 years
5
0
547
02:15:16

Intelixencia artificial - Baleiro Perfecto 33

Deberías saúdar a túa Alexa todas as mañas? Está a policía facendo pactos demoníacos con ordenadores ultrapotentes? Son todos os coruñeses Terminators esperando a orde adecuada de Skynet? Todas estas preguntas e moitas máis atopan resposta no Baleiro dedicado ás intelixencias artificiais! Coa flamante nova Axencia en Galicia, aproveitamos para facermos o único episodio con algo de actualidade. Tedes dúas horas co Trío Tenrura, para ir desde Kubrick ata Pinocho, e todo o que hai no medio.
Art and literature 3 years
5
0
538
01:56:36

Soños - Baleiro Perfecto 32

Soñan os do Baleiro con ovellas eólicas? Será o soño unha vantaxe evolutiva ou apenas un rebumbio eléctrico do cerebro mentres descansa? No podcast desta semana puxémonos a interpretar soños, como quen intenta entender pelis de Lynch. Dos edificios elásticos de Nolan ata os reinos oníricos de Gaiman. Dos soños proféticos da Biblia aos soños hiperespaciais para percorrer tempo e distancia. Non vos durmades, que este Baleiro é para auténticos connaisseurs!
Art and literature 3 years
7
4
400
01:54:17

Deportes máxicos - Baleiro Perfecto 31

A nosa vida como Baleirers e como deportistas é facerlle a vida imposíbel aos gilís, tal e como vimos demostrando desde hai 30 programas. Os nosos corpos esculpidos nas carreiras, no fútbol e no baloncesto canino, ademais do rollerball e o curling, son testemuñas da nosa paixón polo deporte e o seu tratamento na ciencia ficción e na fantasía. Seremos quen de inventar un novo deporte algún día? É a creación de falangullos un deporte? Abofé que suamos con este!
Art and literature 4 years
2
2
457
02:12:14

Música fantástica - Baleiro Perfecto 30

Música para os teus ouvidos! Non porque o Baleiro sexa pura harmonía (que tamén), senón porque hoxe toca falar de músicas en mundos de fantasía e ciencia ficción. Exploramos o tema musical acompañados de holófonos, harpas de bardo, laúdes de trobador e instrumentos imposibles de planetas por descubrir. Desde Wagner ao guitarrista zumbado de Mad Max, neste Baleiro Perfecto hai música para todos os gustos, a ver se falamos xusto do teu!
Art and literature 4 years
4
1
355
01:50:12

A Morte e o Alén - Baleiro Perfecto 29

A morte. A personaxe, o acto, o paso, o intre. Ben podería un morrer falando da morte e non chegaría a saber moito sobre dela. O Baleiro Perfecto inicia nova tempada, a terceira nin máis nin menos, vestindo de negro, collendo a gadaña e conversando coas parcas, procurando respostas e propoñendo preguntas. Krilín estaría orgulloso de nós, e nós del. Din que o malo non é morrer, senón estar morto tanto tempo. Excepto se es un personaxe de Dragon Ball, nese caso podes estar tranquilo que has volver cando toque.
Art and literature 4 years
7
0
445
02:07:10

Especial Verán - Baleiro Perfecto 28

Que fan os membros do Baleiro Perfecto nunha praia perdida dun exoplaneta de Andrómeda? Gravar un especial de verán! O voso podcast de cifi e fantasía favorito non vos ía deixar todo o verán a soas e como corolario da anterior tempada e promesa para a nova fixemos este programa un pouco máis lixeiro, un pouco máis caótico, mais co espírito cheirer de sempre. Polo visto un programa dedicado toda a xente do Ecuador. Falamos da Banda do Patio e de Pokemon. Alba fala de Conan (sorpresa). Darío acaba un pouco borracho.
Art and literature 4 years
5
3
533
01:35:50

Batallas Épicas - Baleiro Perfecto 27

Canta, oh musa, de todas as almas que marchan ao Hades, pois hoxe no Baleiro Perfeito falaremos de Batallas Épicas! Desde os campos de Pelennor ata as lúas de Yahvin, sobrevoamos as grandes batallas da fantasía e ciencia ficción. Unha resistencia heroica se fai falla, ata que chegue a cabalería ou os Avengers por buratos dourados. Falamos de como cambiou a nosa noción da guerra da antigüidade ata o presente e de como as autoras intentan adaptarse a eses cambios. Da batalla das armaduras brillantes da épica idealista, ata o inferno de sangue visceras na guerra moderna.
Art and literature 4 years
7
0
1.1k
01:54:19

Conspiracións - Baleiro Perfecto 26

O Baleiro Perfecto non é realmente un podcast, senón un experimento social masivo no que expoñemos os ouvintes a unha enorme transmisión de datos agochada nas frecuencias máis altas dos audios. O fin desta transmisión é difundir a palabra do mestre Pachnie Papieżem. Non o cres? Igual é que non es moito de conspiracións, por iso neste novo capítulo traemos a verdade (ou non). Navegamos por historias ocultas da ficción e do mundo real, o imaxinario popular, as conspiracións na sombra que son, curiosamente, bastante coñecidas. Pon o gorro de aluminio, abre o post máis fondo de Reddit e prepara as orellas; o Baleiro Perfecto sabe os segredos máis secretos do mundo!
Art and literature 4 years
6
2
454
01:52:55
More of A que cheira, papá? View more
O Tigre do Futuro O Tigre do Futuro é un podcast de historias, un oráculo onde se reúnen todos os temas e contos orfos doutro lugar onde se refuxiar. O podcast en galego onde poden convivir lendas urbanas, nocións de psiquiatría e historias misteriosas sen máis roces dos necesarios. O Tigre do Futuro facémolo desde o magazine cultural A que cheira, papá?, con todo o que iso significa. Unha ollada nova e fresca, gana de pasalo ben, e toda unha plantilla de colaboradoras ben garridas. Entra a escoitar o Tigre! Updated
You may also like View more
Noviembre Nocturno Podcast de ficción sonora. Literatura, fantasía, terror y Ciencia-ficción. La distancia más corta entre nosotros y la verdad es un cuento. ^(;,,;)^ Updated
Podo Falar?! Programa de entrevistas con artistas de diferentes áreas e disciplinas artísticas no que se pretende conversar sobre os seus procesos de creación e motivacións artísticas. Equipo: Pablo Rodríguez Updated
Go to Art and literature