¡Disfruta de 6 meses de Plus al 25% de dto! ¡LO QUIERO!

Podcast
Burán
37
174
Programa quincenal de radio, de temática variada (xeralmente cultural) e certa intención divulgativa.
Programa quincenal de radio, de temática variada (xeralmente cultural) e certa intención divulgativa.
Burán 036 (02-06-2022) - metaverso
Episode in
Burán
Como se un mundo non fose suficiente, o ser humano estivo sempre ideando as posibilidades dos universos alternativos. Neste episodio, a tripulación de Burán fala do metaverso, esa extensión virtual da simple realidade obxectiva e o que pode depararnos. Tamén das súas dimensións lúdicas, o reflexo que tivo no cinema e na literatura e a sombra da distopía que espreita. E escoitando achados como P.R2B, Caetano Veloso ou Camarada Nimoy.
59:22
Buran 035 (12-05-2022) - reencontros
Episode in
Burán
Segundas partes nunca serán boas, pero os reencontros poden ser gloriosos. Co mesmo espírito das primeiras veces e a experiência que a vida, a pandemia e a crioxénese lles deu, a tripulación de Burán protagoniza un dos reencontros máis agardados dos podcasts galegos. E soando Familia Caamagno, Vera Lynn, Triángulo de Amor Bizarro e o Devalo que pide os desexos que sempre compartimos: volver.
55:40
Buran 035 (05-03-2020)
Episode in
Burán
Un novo espazo do programa Buran
Podes escoitar este e outros programas na web:
www.radiocampusculturae.org
57:23
Buran 034 (20-02-2020)
Episode in
Burán
Un novo espazo de Buran
Podes escoitar este e outros programas en:
www.radiocampusculturae.org
56:04
Buran 033 (03-10-2019)
Episode in
Burán
O universo conspira para que Burán regrese unha temporada máis. O transbordador consegue unha nova conexión co planeta terra para falar de teorías máis ou menos conspiranoicas, contubernios xudeo-masónicos, illuminatis desbocados, simboloxías crípticas na música pop e outras herbas estrañas. Cunha banda sonora que vai choutando por Offspring, Katy Perry, Bad Religion, Madonna e o combo mortal de Arrhythmia con Rebeliom do Inframundo.
01:00:31
Buran 032 (25-04-2019)
Episode in
Burán
Compartindo piso.
A historia da humanidade é a historia dos compañeiros de piso, unha saga que comeza cando Trog e Urg decidiron que sería boa idea partillar aquela caverna tan mona xuntos e das atrocidades que pasaron despois. Neste episodio contamos con Miguel Baamonde, un autoestopista galáctico famoso por compartir vivenda por todo o planeta e escoitamos grandes grupos que trataron o tema da partilla como Los Hermanos, Beach Boys e outros que coñecedes pola tele.
Podes escoitar este e outros programas na web
www.radiocampusculturae.org
01:00:13
Buran 031 (04-04-2019)
Episode in
Burán
"Maldita memoria" cóntannos que berran os políticos na Terra antes de cada cita electoral. Neste Burán afondamos no funcionamento deses mecanismos do recordo: a amnesia, hipermnesia e outros síntomas, e tamén repasamos algúns dos filmes que centraron nela a súa trama. Escoitando Baiuca, Yo La Tengo, Fino Coletivo e Gran Purismo entre outras músicas inesquecíbeis.
01:00:08
Buran 030 (21-03-2019)
Episode in
Burán
Neste Burán falamos de micronacións, reais ou inventadas, lugares minúsculos e imposibles neste planeta ou en órbita. Con música de Fermín Muguruza, Ataque Escampe e Muse, ademáis dalgún himno máis grande que o país ao que pertence.
01:00:17
Buran 029 (07-02-2019)
Episode in
Burán
Un novo espazo de Burán
Podes escoitar este e outros programas en
www.radiocampusculturae.org
59:58
Buran 028 (10-01-2018)
Episode in
Burán
O amor é un cego guiado por un tolo. O transbordador Burán, porén, está guiado moitas veces por Jonathan Barral, que desde terra nos axuda a orientarnos e polo espacio e polas ondas. Neste programa acompáñanos falando da cegueira e das persoas cegas, na vida e na literatura ou o cinema. Escoitaremos cantares de cego, Hercules & Love Affair ou a Tiago Nacarato.
59:53
Buran 027 (27-12-2018)
Episode in
Burán
vixésimo séptimo programa dos cosmonautas do transbordador Buran
57:56
Buran 026 (13-12-2018)
Episode in
Burán
En 1988, a Unión Sobiética lanza o espazo o primeiro transbordador Burán; Burán, que significa xistra, estaba chamado a ser unha das pezas máis importantes do programa espacial sobiético, pero a caída do muro de Berlín un ano despois, e a posterior disolución da URSS fan que o proxecto seña cancelado.
Teóricamente, os transbordadores quedan avandonados sen celeiros polo territorio da nova república Rusa, pouca xente sabe que un deles, lanzado en colaboración coa Axencia Espacial Galega, ficou avandonado bagando polo cosmos, no seu interior catro cosmonautas que tras ver como desaparece o país que os mandou, seguen agardando que naza aquel que os ten que rescatar, no tempo longo, falan entre si.
59:29
RCC - Buran 025 (29-11-2018)
Episode in
Burán
Hoxe en Buran poñémonos un pouco máis serios do habitual para falar sobre o suicidio, perspectivas, medidas e filosóficas, pero tamén literarias e musicais...
01:01:18
Buran 024 (15-11-2018)
Episode in
Burán
Existen os superheroes? Neste episodio achegámonos a figuras con biografías incríbeis ou altamente improbábeis. Estrelas do rock e da astrofísica, aviadores que pilotaron a sorte, señores que mapearon un país a cabalo e actrices que deseñaban o sen fíos mentres triunfaban en Hollywood. Escoitando heroes como Caxade, Eric Clapton, Blood Filloas ou Leonardo da Vinci.
01:02:48
Burán 023 (01-11-2018)
Episode in
Burán
Que posibilidades hai de que deas con este capítulo de Burán por casualidade? Pois moitas máis das que parece, neste programa falamos de sincronicidades e de como a nosa mente constrúe fermosos edificios baseados en feitos illados. Cunha volta do destino de Bob Dylan, The Police, Ana Moura ou Os amigos dos músicos.
01:00:05
Buran 022 (18-10-2018)
Episode in
Burán
As cousas non son o que parecen. Case nunca. Neste programa a tripulación analiza unha boa presada de cancións que falan en realidade de cousas inesperadas. Inocentes temas sobre paxariños que son un canto á revolta social, óperas para iniciar unha revolta contra as forzas de ocupación ou músicas indie con subtexto LGBTQ. Sen esquecer todo o que a galeguidade oculta tras a auga e os muíños.
01:02:16
Buran 021 (04-10-2018)
Episode in
Burán
O transbordador Buran recolle un novo autoestopista chamado Juan D. Díaz para repasar con el a historia da arquitectura desaparecida da capital galega. Rúas que se salgaban e tiñan que ser pechadas para sempre, furias demoledoras de alcaldes franquistas e outras formas de crear edificios fantasmas. Soando The Homens, Aló Django, Muse e Hanz Zimmer.
59:49
Buran 020 (20-09-2018)
Episode in
Burán
Ao longo da historia varios grupos humanos tiveron a xenial idea de mesturar os seus proxectos políticos con posturas místico-relixiosas, algunhas veces aderezados tamén con drogas e complexos mesiánicos. Neste episodio analizamos os exemplos máis disparatados, descacharrantes e algúns dos máis tráxicos, escoitando música de Galician Army, os Beatles ou os Beach Boys.
59:36
Buran 019 (09-08-2018)
Episode in
Burán
Os mitos populares e as lendas tribais, moi especialmente no caso galego. Ou dito doutra forma, os restos que quedaron dunha cristianización mal feita e que aínda aparecen nos rituais do lume e das ondas, nos tesouros perdidos e nos rituais da menciña popular. Escoitando música de bruxaría con Dr. John, Pendulum e Na Lúa versionando ao José Afonso.
59:46
Buran 018 (26-07-2018)
Episode in
Burán
Segunda parte do tema da loucura, nesta ocasión o seu pouso e os seus clichés no mundo da literatura, aínda que non só. Con Gnarls Barkley, Daniel Johnston e Sergio Mendes, ademais dos devaneos musicais dun capitán que volve das súas misións con estrés post-traumático e ao que recibimos con moito cariño.
59:59
More of Radio campUSCulturae View more
Especial Eleccións USC 2014
Equipo | Team:
Dirección | Directors: Jonathan Barral, Alba Piñeiro
Reporteiras | Reporteras | Reporters: Andrea Espiñeira, Amara Añón, Silvia Bua, Selena Pizarro, Paula Cañal, Rosalía Macías
Produción | Producción | Production: Antía García
Técnico | Technical: Germán Valcarce, Toni Espagne
Invitados/as | Guests: Senén Barro, Alberto Rivera, Rebeca Sánchez, Irene García, Xosé. A. Neira Cruz, J. A. España.
Programa especial sobre as eleccións celebradas o 25 de abril 2014 para elixir o novo reitor da USC.
Programa especial sobre las elecciones celebradas el 25 de abril 2014 para elegir el nuevo rector de la USC.
Special program on the elections held on April 25, 2014 to elect the new president of the USC.
Updated
De Facto, De Iure
Equipo | Team: Belén Trigo
Programa sobre dereito | Programa sobre derecho | Program about law Updated
Tren De Medianoche
Programa de entretenimiento con secciones de actualidad, música y artes en general. Cada sección es como el vagón de un tren. Intentamos tratar los temas con criterio periodístico buscando en el análisis y la variedad de opinión.
Equipo: Marcelo Saffores Updated
You may also like View more
Podo Falar?!
Programa de entrevistas con artistas de diferentes áreas e disciplinas artísticas no que se pretende conversar sobre os seus procesos de creación e motivacións artísticas.
Equipo: Pablo Rodríguez
Updated
Notas á marxe
Espazo de difusión cultural. Este proxecto nace nun sofá no que pasamos moitas horas nos últimos anos e unhas longas conversas arredor dos libros que agora tamén queremos que sexan vosas.
Por Belén Teiga e Carmen Novo. Updated
Entre Nós E As Palavras
Entre nós e as palavras é um programa de conversas com gente que faz cousas interessantes.
Equipo: ifrit Updated






