
Podcast
Castañas no verán
By AGARESO
47
215
O noso é o social! Descubre o noso souto radiofónico deseñado para entreter, acompañar e sobre todo falar de temas que normalmente quedan agochados pero que afectan a moitas persoas en todo o mundo.
O noso é o social! Descubre o noso souto radiofónico deseñado para entreter, acompañar e sobre todo falar de temas que normalmente quedan agochados pero que afectan a moitas persoas en todo o mundo.
Castañas no verán-Mulleres fronte ao franquismo, 90 anos.
Episode in
Castañas no verán
Neste novo episodio de Castañas no verán repasamos audios do proxecto "Creación de audios pola memoria das mulleres" de Agareso e financiado polo Ministerio de Política Territorial e Memoria democrática. Neles, alumnado de diferentes institutos galegos entrevista a avós e avoas sobre o acontecido durante a Guerra Civil e a Ditadura Franquista.
Este programa publicase no marco dos 90 anos do golpe de estado, para contribuir, coa memoria colectiva a seguir agrandando os arquivos de memoria democrática e a eliminar bulos sobre o franquismo.
01:14:37
Castañas no verán - Dereitos recoñecidos, dereitos garantidos?
Episode in
Castañas no verán
Volve un novo episodio de Castañas no verán e esta vez reflexionamos sobre cómo as trabas (a maior parte das veces camufladas) fan que deixemos de reclamar exercer os nosos dereitos con total dignididade. Neste programa centrámonos no aborto e na eutanasia e en como, pese a ser dereitos recoñecidos, se cuestionan constantemente.
Dende castañas non queremos que se baixe a guardia con respecto a isto e por iso contamos ao final do programa con duas rapeiras salvadoreñas que forman parte de HipHop Femenino. Elas, pese a ter un contexto moi complicado no seu país, seguen a empregar a súa música para esixir que se cumplan os dereitos humanos.
27:24
Castañas no verán - Por que aumentan as ITS?
Episode in
Castañas no verán
Sétima tempada xa no souto de Castañas no verán e comezamos falando de ITS (Infeccións de transmisión sexual) xa que como é sabido, estas non deixan de aumentar nos últimos anos. En outubro de 2025 a ministra de Sanidade, Mónica García, alertou de que as infeccións de transmisión sexual en España alcanzaran os seus máximos históricos, cun aumento sostido superior ao 20% anual desde 2015. Non queremos falar só de datos, nin tampouco crear alarma ou culpabilizar, queremos achegarnos ás causas estruturais. Detrás das cifras hai persoas novas que non recibiron educación afectivo-sexual suficiente. Hai recortes en prevención. Hai estigma. Hai medo a facerse probas. Neste programa escoitaredes a voz experta de Sabela Maceiras. educadora social, sexóloga, divulgadora.
17:08
Castañas no verán - Recap 2025: que pasou este ano?
Episode in
Castañas no verán
Neste último episodio do 2025 repasamos os principais temas de actualidade e tamén os temas que nos decidimos tocar, que non sempre son os mesmos...
Lucía, Claudia, Javi, Marta e Verónica dámoslle a despedida ao ano falando de todo un pouco e á vez de nada.
56:35
Castañas no verán - Protestan menos as novas xeracions?
Episode in
Castañas no verán
Neste novo episodio de castañas queremos falar de protesta, como cambiou o xeito de protestar ao longo dos anos? É certo que as novas xeracións protestan menos? Para responder a estas cuestións falamos neste programa con varias persoas mozas: Eva Infante, Candela Sevillano e Miguel García e tamén con un histórico das protestas, fotógrafo e documentalista, ademais de exdirector de Acampa.
28:56
Castañas no verán-Acabaremos as feministas coa especie humana?
Episode in
Castañas no verán
Tiramos de retranca neste novo episodio de Castañas no verán para falar de un tema complexo e sin dúbida que merecía unha análise máis profunda: a decisión de non ser nai, como de libres somos de tomala, como o reacciona o noso entorno...
Neste episodio contamos coas testemuñas de vairas mulleres que decidiron non ser nais, as cales agradecemos profundamente a súa xenerosidade por compartir a súa historia con nós.
29:23
Castañas no verán - Que podemos aprender do movemento feminista de RD?
Episode in
Castañas no verán
Xusto antes das vacacións do verán Castañas no verán reflexiona sobre o movemento feminista global e faino da man de unha lideresa histórica en República Dominicana. Ela é Juana Ferrer, tamén coñecida como Negrita. Con ela falamos de relevo xeracional, o reto de loitar contra as políticas de extrema dereita ou as cousas que hai que mellorar no movemento.
32:57
Castañas no verán - Por que se banaliza o franquismo?
Episode in
Castañas no verán
Volvemos a activar os micrófonos do Souto para analizar por que cada vez máis se aceptan discursos que banalizan o franquismo, en RRSS, en medios de comunicación, en escolas...e quixemos poñer o foco especialmente na educación, porque é aí onde ao mellor isto se pode atallar.
Para analizar o tema trouxemos ao Souto de Castañas no verán a Lois Anxo Ferreiro, da Asociación Cultural Cultura Aberta de Carral, e aos mestres Cristina López, Rosalía Regueiro e Mateo Torres. Podedes usar as nosas RRSS para dicirnos que opinades.
29:35
Castañas no verán - Soberanía tecnolóxica?
Episode in
Castañas no verán
Primeiro episodio de Castañas no verán neste 2025 e chega con un dos temas máis detatidos ultimamente, as redes sociais e as súas consecuencias.
Quixemos profundizar neste tema da man de un colectivo que leva anos traballando nel, o colectivo UNA. Así, dannos outro punto de vista sobre a situación. Debemos deixar as redes? Seríamos capaces? Debemos tender ao optimismo? ao pesimismo?
Escoita e intenta responder ás cuestións!
20:08
Castañas no verán - Que pasou no 24?
Episode in
Castañas no verán
Neste último episodio de 2024 a equipa de Castañas no verán fala sobre os principais temas do ano. Esta é unha tertulia distendida, sen moitos datos, unha conversa de nadal entre varias persoas entusiasmadas coa movilización social.
01:05:15
Castañas no verán - Como é ser neofalante?
Episode in
Castañas no verán
Este é o segundo episodio que a equipa de Castañas no verán adica ao galego. Se nunha primeira parte analizamos a situación do galego despois dunha demoledora enquisa do IGE, nesta segunda falamos con persoas que, pese a ser castelán falantes dende pequenas, decidiron cambiar o seu día a día e apostar pola nosa lingua e o seu futuro. Así, escoitamos a varias delas e tamén a Alba Verea Pérez, tradutora no recente Premio Nobel de Literatura, A Vexetariana ( Han Kang).
27:39
Castañas no verán - Esmorece o galego?
Episode in
Castañas no verán
A equipa de Castañas no verán enfrontamos a nosa 6ª tempada, nada máis e nada menos. Comezamos con un programa sobre a situación da lingua galega, despois dunha enquisa do IGE moi preocupante quixemos poñer algo de contexto, datos e reflexións no debate. Coma sempre, máis contidos dispoñibles nas nosas redes sociais (Instagram e Facebook).
20:18
Castañas no verán - Como se manifesta o antixitanismo de xénero?
Episode in
Castañas no verán
O antixitanismo e as discriminacións que trae consigo refléxanse en todos os ámbitos da vida das persoas xitanas, obstaculizando o seu benestar e colocandoas de maneira sistemática en espazos de pobreza, olvido e marxinalidade. Neste podcast quixemos falar concretamente de antixitanismo de xénero. Para iso fixemos o programa en directo dende a Libraría Lila de Lilith en Santiago de Compostela para presentar á súa vez os libros de Lola Cabrillana (La maestra gitana e Las cuatro esquinas del mar) e Pastora Filigrana (El pueblo gitano contra el sistema mundo), escritoras e activistas a prol dos dereitos do pobo xitano.
01:16:54
Castañas no verán -Violencia sexual: cal é a realidade dominicana?
Episode in
Castañas no verán
Como moitxs xa sabedes, Castañas no Verán é un podcast de Agareso, a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social. Agareso leva a cabo diferentes proxectos de EpD na nosa comunidade, outros de acción social etc, pero tamén desenrola proxectos de Cooperacion Internacional. Neste senso o país no que máis traballa é República Dominicana, onde centra o seu labor na loita a prol da igualdade e en concreto dos dereitos sexuais e reproductivos das mulleres. Neste podcast analizamos unha enquisa nacional sobre violencias sexuais, realizada no marco do actual proxecto que Agareso leva a cabo xunto co Cipaf.
13:53
Castañas no verán - Imaxinario Migrante? Directo dende a Factultade de Comunicación da UVigo
Episode in
Castañas no verán
Agareso leva varios anos organizando o Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional, este ano ademais con un cambio importante que inclúe ata o propio nome. O curso de especialización en Comunicación Social que se vai a desnrolar en breve dende a Facultade de Comunicación da UVigo é unha aprendizaxe completa e moi necesaria. Neste podcast que agora escoitades, analizamos a situación, necesidades e futuro da comunicación social, pouco presente nas facultades e moi necesaria para que as profesionais da comunicación teñan unha mirada empática e respetuosa. Falamos en directo dende a Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, do propio curso, pero dende unha perspectiva de análise e cuestionamento.
01:13:05
Castañas no verán - A intelixencia Artificial, intelixencia feminista?
Episode in
Castañas no verán
Para rematar o ano, a equipa de Castañas no Verán centrouse nun tema moi de actualidade, a intelixencia artificial, e os usos indebidos que esta pode ter. Neste episodio falamos con unha profesional STEM, Soledad Torres, que reflexiona sobre os principais problemas que pode traernos unha tecnoloxía sen reflexión de xénero e tamén nos da varias claves para que as persoas desarrolladoras poidan autoavaliarse e autoformarse nesta materia. O mundo virtual medra rápido, quizáis máis rápido do que nos podemos asumir. Como podemos contribuir á súa mellora? Cales son as potencialidades positivas da Intelixencia Artificial?
29:21
Castañas no verán - O Polbo, animal de granxa?
Episode in
Castañas no verán
Comezamos a 5ª tempada de Castañas no Verán con un programa moi diferente. Nesta ocasión imos falar do polbo, un animal moi galego, que traspasa a fronteira e é un símbolo da cultura galega. Pero imos centrarnos nun feito concreto, un proxecto que pretente convertilo en animal de granxa. ¿Que ten de malo isto? ¿Obedece a escasez de polbo que estamos vivindo? ¿Como podemos axudar a esta especie nós como sociedade? Todo isto analizaremolo da man de Francisco Rocha, investigador do Centro de Investigación da Mariña da Universidade de Vigo e Aïda Gascón Bosch, directora en España de AnimaNaturalis Internacional
21:18
Castañas No Verán - Cumio Galego Contra o Discurso do Odio
Episode in
Castañas no verán
Trasladamos o noso souto á segunda edición do Cumio Galego Contra O Discurso Do Odio, cita organizada pola Coordinadora Galega de ONGD no marco de Compostela+Solidaria. Un programa moi especial no que falamos de qué é e como podemos combater o discurso do odio.
Recorda que tamén estamos en Redes Sociais. Podes atoparnos en Facebook (Castañas No Verán), Instagram (@castanhasnoveran) e tamén en Twitter (@castanasnoveran).
01:27:45
Castañas No Verán - Vivenda
Episode in
Castañas no verán
A Nova Lei de Vivenda, publicada no BOE o 25 de maio, pillounos con este programa no forno. É unha das cuestións que afecta a cada vez máis persoas: o acceso a unha vivenda digna. A subida dos alugueiros, as condicións abusivas para alugar e para mercar, e unha oferta cada vez máis escasa polo incremento dos pisos e casas turísticas.
Recorda que este souto tamén está en Redes Sociais. Podes atoparnos en Facebook (Castañas No Verán), Instagram (@castanhasnoveran) e tamén en Twitter (@castanasnoveran).
37:26
Feministas desde cando?
Episode in
Castañas no verán
Recordas dende cando eres feminista? Houbo un momento que te marcara e fixera que te recoñeceses baixo esta etiqueta? Sempre o soubeches? Neste programa, un pouco especial, somos as que conformamos este souto quenes compartimos as nosas experiencias e opinión en torno a este tema.
Recorda que este souto tamén está en Redes Sociais. Podes atoparnos en Facebook (Castañas No Verán), Instagram (@castanhasnoveran) e tamén en Twitter (@castanasnoveran).
54:59
More of AGARESO View more
Femweave
O proxecto FEMWEAVE: Bridging the divide está impulsado por Agareso, ANPPIA e a USC e pretende fortalecer a cidadanía europea construíndo unha identidade histórica e cultural común baseada na igualdade de xénero, a paz sostible e os valores democráticos. Utiliza a Educación para a Cidadanía Global para combater o negacionismo, o revisionismo, o discurso de odio e actitudes antidemocráticas. O proxecto compara políticas educativas de España e Italia para fomentar a aprendizaxe mutua e a colaboración transfronteiriza, centrándose no papel das mulleres nos períodos de guerra e posguerra tanto en España como en Italia.
A idea é que as persoas participantes se convirtan en embaixadoras para promover a protección da democracia e os dereitos fundamentais.
Este proxecto está financiado pola Unión Europea no marco dos CERV. Updated
Red Compás
Compilación de audios nos que a mocidade participante no proxecto Red Compás comparte as súas aprendizaxes.
O proxecto “Rede Compás” intégrase na convocatoria Erasmus Plus KA154, financiada pola UE, e nace co obxectivo de crear un espazo para a mocidade, desde onde deseñar e pensar modelos alternativos e sostibles para o futuro nas súas comunidades.
A Rede Compás quere ser tamén un espazo que articule o asociacionismo e o activismo entre grupos de mozos de varios territorios galegos. Máis aló das limitacións xeográficas, leste é o primeiro paso para crear unha rede de cidadanía activa e comprometida, capaz de expresar as súas ideas e de crear accións de incidencia social e política.
+info https://redcompas.eu Updated
Traballos Curso Comunicar para o Cambio
Traballos realizados no marco do Curso de Especialización en Comunicación para o Cambio Social Comunicar para o Cambio organizado por AGARESO na Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo. Updated
Creator' lists View more
Red Compás
16
0
You may also like View more
Saldremos mejores
"Saldremos Mejores" es un podcast que desafía la complacencia y te invita a profundizar más allá de las noticias de último momento en Twitter. Si no te conformas con cualquier información que te den, este es tu espacio.
Con rigor y desparpajo, Inés Hernand y Nerea Pérez de las Heras te llevan a profundizar temas cruciales junto a voces expertas, cada jueves.
"Saldremos mejores" es una producción de Podium Podcast y ha sido galardonado como Mejor Podcast conversacional (ex aequo) en los III Premios Ondas Globales del Podcast. Updated
Economía directa
Economía Directa busca concienciar, informar y difundir a toda la sociedad las verdaderas causas y responsables de la crisis económica, política y social que padecemos desde el periodismo alternativo. Updated










