iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By CPR Jorge Juan Perlío Fene Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Podcast

Colexio Jorge Juan Perlío Fene

58
118

Dentro da programación do Ivoox este apartado está destinado ás enterevistas que están organizadas no blogue do colexio.

Dentro da programación do Ivoox este apartado está destinado ás enterevistas que están organizadas no blogue do colexio.

58
118
LETRAS GALEGAS 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Neste programa especial das Letras Galegas 2022 o alumnado de 5º de primaria fai un repaso á historia da nosa cultura e do noso idioma a través dunha serie de intervencións nas que se fala de literatura, cine, televisión e outras moitas cousas máis.
Children and education 3 years
0
0
73
39:51
DÍA DA RADIO 2022

DÍA DA RADIO 2022

Anída que cun pouco de retraso, por fin podedes escoitar o programa especial do Día Internacional da Radio 2022. Neste poderedes escoitar as intervencións que fixeron as rapazas e rapaces do colexio adicadas ao proxecto do centro: A Nosa Ría: Contos, historias, receitas, turismo, entrevistas e moito máis poderedes atopar nestes minutos de pura diversión.
Children and education 3 years
0
0
66
37:33
EXPOSICIÓN PROXECTO RÍA EN CABO PRIOR

EXPOSICIÓN PROXECTO RÍA EN CABO PRIOR

Queres participar na exposición que imos celebrar entre os días 4 e 11 de abril no Faro de Cabo Prior? Escoita a cuña publicitaria e saberás como podes formar parte deste incrible proxecto. Contacta coas mestras ou mestres se tes algo que queiras expoñer. Colexio Jorge Juan de Perlío, traballando xuntos!!
Children and education 3 years
0
0
72
01:15
DIA 8M E ENTREVISTA A CARLOTA RODRIGUEZ

DIA 8M E ENTREVISTA A CARLOTA RODRIGUEZ

Hoxe con motivo da celebración do día da muller 8M tivemos o grande placer de ter no noso colexio a Carlota Rodriguez que é oceanógrafa e membra do Instituto Español de Oceanografía. A nenas de Educación Infantil falaron con ela na radio e lle fixeron unhas preguntas moi interesantes que agora queremos compartir con todos e todas.
Children and education 3 years
0
0
81
11:36
Visita aoCentro de día" Xuntanza"

Visita aoCentro de día" Xuntanza"

Hoxe, con motivo da celebración do día da muller 8M, tivemos o pracer de visitar ás usuarias do centro de día Xuntanza, aquí moi preto do noso colexio. Manuela, Alejandra, Lola e Laura fixéronlles unha cantas preguntas sobre a súa vida ás que elas responderon con moita amabilidade e naturalidade. Moitas grazas por recibirnos na vosa casa e deixarnos gozar cas vosas conversas. Vémonos axiña!!
Children and education 3 years
0
0
73
14:58
Entrevista a Espido Freire

Entrevista a Espido Freire

Hoxe tivemos o enorme pracer de recibir na nosa emisora á escritora Espido Freire. Con motivo da charla que tivo coa rapazada de terceiro de ESO sobre o libro que están a ler e do que ela é autora "El chico de la flecha", tamén quixo pasarse por Conexión Tarrio para contarnos algungas cousiñas sobre o seu oficio, a súa obra e os seus plans de futuro.
Art and literature 3 years
1
0
82
12:43
Entrevista francisco barea paz

Entrevista francisco barea paz

Francisco Barea Paz é o actual Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol. Ademais é un antigo alumno do colexio e para el foi unha emoción moi grande voltar a percorrer os corredores e as aulas nas que pasou tantos anos. Así nolo contou na entrevista que lle fixemos e na que lle preguntamos outras cousas sobre a súa vida profesional ao frente do Porto de Ferrol.
World and society 3 years
1
0
81
15:23
PROXECTO ÁRTABRO INCLUSIVO

PROXECTO ÁRTABRO INCLUSIVO

Hoxe pasaron pola emisora Ana Basoa e Marta Pereiro que son, respectivamente, as concelleiras de Política Económica e Medio Ambiente do Concello de Fene. Estiveron falándonos do "Proxecto Ártabro Inclusivo" que se está a desenvolver actualmente coordinado por elas dende o Concello. Unha chea de actividades están programadas para os vindeiros meses e quixemos coñecer de primeria man en que van consistir e amosar o noso interese por participar delas. Grazas pola vosa colaboración
World and society 3 years
0
0
107
25:02
Programa especial 25n

Programa especial 25n

Con motivo da celebración do 25N, Conexión Tarrío participa un ano máis co seu programa especial. María, Ana, Rita, Irene e Helena presentan un programa reivindicativo e comprometido no Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. Noraboa pol voso esforzo e participación
World and society 3 years
0
0
64
10:51
Entrevista Á avoa de marÍa

Entrevista Á avoa de marÍa

A avóa de María, Irene, é mariscadora; e quen millor ca ela pra falarnos deste oficio tradicional da nosa ría. Irene falounos do pasado, do presente e do futuro do marisqueo, do Prestige, das cofradías e doutras cousas, todas moi interesantes. Unha entrevista moi ben levada por María e por ana na que nos achegamos á realidade das mariscadoras e dos mariscadores da nosa ría.
World and society 3 years
0
0
50
10:55
CLUB DE LECTURA DE HARRY POTTER

CLUB DE LECTURA DE HARRY POTTER

Hoxe estiveron en "Conexión Tarrío", Inés, Aurora, Marcos, Guilermo e David para presentarnos o Club de Lectura que están a desenvolver dende a biblioteca do colexio. Ademais de falarnos dos personaxes aos que adican este club, tamén poidemos coñecer as actividades que teñen programadas para realizar ao longo de todo o curso. Noraboa pola vosa iniciativa!!
Art and literature 3 years
0
0
72
12:52
ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado mes de Maio fixemos un programa especial adicado á nosa fermosa lingua. Este programa contén unha escolma de entrevistas que as nenas fixeron a personaxes tan relevantes como o escritor Antonio Fraga ou a pintora Camen Martín que visitou a nosa emisora con motivo da realización do obradoiro "Viñetas no camiño". Tamén podedes gozar cos gañadores do I concurso de relatos organizaco desde Bibliotortu e poderemos tamén escoitalos lendo os textos premiados.
Art and literature 4 years
1
0
57
31:04
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2021

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2021

Conexión Tarrío chega novamente cun programa especial adicado ao Día do Libro 2021. É esté un traballo realizado en colaboración con rapazas e rapaces de todos os niveis educativos do colexio, dende infantil a secundaria. CT segue a ser un punto de encontro para toda a rapazada do cole, un espazo de diversión e colaboración onde nos expresamos con liberdade e compromiso. A continuación deixámosvos un índice das colaboracións por se queredes ir directamente a algunha delas, aínda que o programa enteiro está moi interesante. Non volo perdades!! CT a radio do CPR Jorge Juan de Perlío en Fene.
Art and literature 4 years
0
0
87
01:15:15
PRIMEIROS PASOS EN CONEXIÓN TARRÍO DA RAPAZADA DE TERCEIRO.

PRIMEIROS PASOS EN CONEXIÓN TARRÍO DA RAPAZADA DE TERCEIRO.

A rapazada de terceiro pasou pola radio para facer os seus primeiros "piniños" no mundo das ondas. Gravaron varias colaboracións, entre as que destacan: dúas entrevistas a Olivia e a Emilio, tres contos clásicos adaptados de Perrault, unha mesa redonda sobre o manga Dragon Ball e unha adicatoria moi espacial feita por Dani SanMartín que non perde a oportunidade de pasarse pola emisora para deixar a súa colaboración. Que marabilla ver o ledos que saen cando rematan a gravación e poden escoitarse a través da radio!! Noraboa a todos e todas e agardámosvos novamente!!
Children and education 4 years
0
0
64
27:31
A nosa escola infantil en ct

A nosa escola infantil en ct

Que sorpresa!! A que non sabedes quen estivo hoxe na radio? Pois nin máis nin menos que os máis pequerrechos e pequerrechas do colexio. Quixeron contarnos o ben que o pasan na escola infantil e falarnos da cantidade de cousas que fan aquí cas súas coidadoras. Con elas estiveron Noe e Saray que tamén quixerón contarlle ás familias o funcionamento da escola xa que, está aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso ata o día 31 deste mes de marzo.
Children and education 4 years
0
0
88
08:58
Entrevista Pescados Rubén Burela

Entrevista Pescados Rubén Burela

Hoxe tivemos a grande sorte de poder entrevistar en CT ás xogadoras do mellor equipo feminio de Futsal do mundo, o "Pescados Rubén Burela". Polos micros da emisora pasaron Sandra Buzón, Peque, Ale de Paz e Leti Cortés para falarnos da súa vida profesional e dalgunha cousiña máis moi interesante. A este lado do micro están Jimena, Carlota, África, Candela e Lola.
Football 4 years
0
0
81
26:36
ESPECIAL EQUIPOS MÁIS DESTRUTIVOS DA WWE

ESPECIAL EQUIPOS MÁIS DESTRUTIVOS DA WWE

Neste programa David achéganos á banda sonora da WWE con cinco cortes dos diferentes grupos que forman parte do grande espectáculo da loita libre e da que o comentarísta máis famoso de CT é todo un experto. No dubidedes en escoitar o programa completo para pasar un bo rato coa música e as narracións de Davíd.
Rock and Metal 4 years
0
1
56
31:16
 PROGRAMA ESPECIAL 8M

PROGRAMA ESPECIAL 8M

No episodio de hoxe celebramos o Día Internacional da Muller. Entrevistas, reportaxes, documentos sonoros, historias de mulleres ao longo do tempo. Un programa feito por e para todas vós. Unha forte aperta dende CT e felíz día 8M. Non esquezades de seguir as nosas emisións a través da nosa canle de iVoox.
World and society 4 years
0
0
96
01:18:18
ENTREVISTA A ALEJANDRA LAGO

ENTREVISTA A ALEJANDRA LAGO

O equipo de reporteiras de conexión Tarrío contactou hoxe, con motivo da celebración do 8M, con Alejandra Lago. Ela contounos en primeira persoa o caso de discriminación que está a sufrir no seu posto de traballo na Universidade de Vigo simplemente por ser nai. A súa testemuña axudounos a comprender unha situación inuxta que, aínda a día de hoxe, teñen que sufrir moitas mulleres por diversas circunstancias, as veces tan naturais coma o feito de ser nais. Dende CT quixemos apoiar a súa loita e difundila. Unha forte aperta Alejandra e ánimo!!
News and happenings 4 years
0
0
76
10:15
Contos para a radio

Contos para a radio

Hoxe a radio recibiu a Guille, Mario e Xulia para contarnos o conto que prepararon na clase ca súa mestra Marga e que queren compartir con todos vós."A araña que tiña medo ás arañas" un texto de Ramón D. Veiga adaptado pola rapazada de 1º para Conexión Tarrío. Bravo!!
Art and literature 4 years
0
0
75
05:21
You may also like View more
BBVA Edufin
BBVA Edufin Ayudar a las personas a tomar mejores decisiones financieras. Esta es la finalidad de Educast, el podcast de educación financiera de BBVA. Desde curiosidades hasta conceptos financieros que están presentes en nuestras finanzas del día a día, te ofrecemos información y conocimiento que te ayudarán a adquirir mayores capacidades financieras para acceder a mejores oportunidades. Updated
Educa como puedas
Educa como puedas Ser padre o madre supone pasar a ser patrimonio público de la Humanidad. Es decir, todos te van a criticar y nunca vas a hacer nada bien. Pero con Carles Capdevilla, al menos, te vas a reír. Un podcast de monólogos para Podium. Updated
Go to Children and education