Compostela nas pequenas historias
Podcast

Compostela nas pequenas historias

20
34

Compostela nas pequenas historias reflicte a memoria viva da cidade sacada dos diversos xornais editados en Compostela nos século XIX e XX, dos textos dos cronistas, das lendas populares e dos contos de taberna.

Compostela nas pequenas historias reflicte a memoria viva da cidade sacada dos diversos xornais editados en Compostela nos século XIX e XX, dos textos dos cronistas, das lendas populares e dos contos de taberna.

20
34

Rúa do Vilar

A Rúa do Vilar, a rúa máis elegante e antiga da cidade, xordida no Val dos Mil anos, mantén o seu nome dende hai máis de 800 anos.A Rúa do Vilar, a rúa máis elegante e antiga da cidade, xordida no Val dos Mil anos, mantén o seu nome dende hai máis de 800 anos.
History and humanities 4 years
0
0
35
08:00

Gallofos

En máis de mil anos de historia, Compostela acolle peregrinos de todos os niveis e castes sociais. Homes e mulleres que, coas intencións máis diversas, emprenden unha longa ruta, chea de esforzos, de perigos, pero tamén de emocións positivas e boas sensacións. Entre as tipoloxías está o falso peregrino.
History and humanities 5 years
0
0
32
05:56

A rúa de Bonaval

Conta o cronista da cidade, Antonio Neira de Mosquera a misteriosa historia do cruceiro de Bonaval, que recibía os rezos nocturnos e constantes dos veciños, mesturado cos cánticos relixiosos que procedían do mosteiro e conforman unha das lendas más tradicionais e populares de Compostela.
History and humanities 5 years
0
0
24
04:58

O bordón agochado

Neste podcast falamos dun dos elementos máis secretos da catedral de Santiago: o bordón do Apostolo.
History and humanities 5 years
0
0
27
06:21

900 anos de Porta Santa

Poucos saben que, cando remate o actual ano Santo, Compostela celebrará o 900 aniversario dun privilexio papal que potenciou a cidade e o Camiño de Santiago.
History and humanities 5 years
0
0
34
05:03

Reloxo sen horas

Temos tendencia a considerar que os edificios da Compostela antiga foron concibidos tal e como os contemplamos hoxe. Nada máis lonxe da realidade. Coñece como era a torre do Pazo de Fonseca antes do remate herreriano que hoxe conserva.
History and humanities 5 years
0
0
21
08:25

Santiagueses ou picheleiros

Santiagueses, composteláns... cal é o xentilicio dos que aquí nacemos? Como se chaman os habitantes desta cidade? Pois con certa sorna e certas ganas de agravio, tamén nos chaman picheleiros. Pero de onde vén iso de "picheleiros"?
History and humanities 5 years
0
0
22
07:13

A Incógnita de Mateo

Entre os múltiples misterios que encerra a Catedral de Santiago, un dos que máis preguntas ten suscitado ao longo da historia é a biografía do Mestre Mateo. Mateo fixo o Pórtico da Gloria, fixo o coro pétreo da catedral, interveu cos seus homes, coa súa escola, ao longo de case corenta anos nas obras máis importantes da basílica, porén, nada sabemos da súa patria, da súa orixe, onde está a súa tumba? Nin sequera podemos dicir si era galego.
History and humanities 5 years
0
0
26
08:58

Ouro negro

Dende a praza de Cervantes baixamos hoxe cara a catedral pola rúa que aínda conserva o nome dunha das principais industrias artesáns da cidade. O acibeche. Coñece o esplendor dun gremio que caracterizou a Compostela medieval e perdurou hasta ben avanzada a idade moderna!
History and humanities 5 years
0
0
24
07:35

As Campás de San Xoán

Bordeando o Seminario Maior, entre a Praza de San Martiño e a Acebachería, descorre a Rúa da Moeda Vella, onde desemboca a rúa que moitos aínda denominamos dos Brillares. Esta rúa sempre estivo rodeada de misterio, en gran pate pola existencia dunha casa cun campanario baleiro.
History and humanities 5 years
0
0
31
05:19

A viaxe de Cosme III de Médici

Compostela, como final dun camiño que sempre foi, recibiu ao longo da historia, peregrinos de todas as clases sociais, dende probes camiñantes hasta comitivas reais que chegaban á cidade facendo gala do seu poderío. De todas as peregrinacións ilustres que chegaron a Santiago, a do Gran Duque da Toscana, Cosme III de Médici, foi quizais a que máis pegada deixou.
History and humanities 5 years
0
0
30
10:05

Tres Santiagos

Cae a tarde e ponse o sol sobre o Pazo de Raxoi, inundando de dourados as torres da catedral e proxectando sobre a praza do Obradoiro a imaxe imperial do Apóstolo Santiago, un apóstolo guerreiro e pouco edificante que lle corta as cabezas aos mouros que agonizan baixo o seu cabalo branco. Con todo, ao longo do tempo, Santiago aparece representando de tres formas ben distintas: como peregrino, como cabaleiro guerreiro e a figura sedente que agarda a chegada dos peregrinos.
History and humanities 5 years
0
0
26
09:14

De Raios e Tronos

Ao fío do podcast da semana pasada, alguén me remite a pregunta de si os pararraios son elementos modernos ou sempre estiveron aí, coroando as agullas e o cimborio da basílica. Pois podemos dicir documentalmente que nin tan vellos nin tan novos: hai máis de 150 anos que a catedral está protexida por estes elementos que axudaron a deter a destrución ocasionada polos raios, pois as tormentas eléctricas foron unha das maiores calamidades polas que pasou a catedral ao longo de máis de oitocentos anos de historia.
History and humanities 5 years
0
0
29
08:30

O Home Araña

Polas rúas de Compostela chegamos á gran praza. Románico, plateresco, barroco, neoclásico. Todo está no Obradoiro. Nesta praza vivimos momentos intensos que, ao menos no meu caso, permanecen na miña memoria de neno como algo inesquecible. Así como os cativos de hoxe teñen a Spiderman en diversas versións e con fazañas a todas luces imposibles, a finais dos anos 50 e comezos dos 60, os nenos de onte, acudíamos ao Obradoiro a ver un espectáculo incrible pero real. Daquelas aparecía por Compostela o home araña.
History and humanities 5 years
0
0
26
06:43

A Rúa Maldita

Continuamos o noso paseo polas rúas de Compostela para falar da Rúa Maldita. Segundo a memoria popular, entre a Rúa Nova e a Rúa do Vilar houbo unha rúa que foi clausurada porque nela mataron a un arcebispo. A chamada Rúa da Balconada descorría entre os bloques de casas das dúas principais calles de Santiago, recollendo os accesos posteriores dos pazos da Rúa do Vilar e da Rúa Nova. Descubre a súa historia.
History and humanities 5 years
0
0
36
08:44

Cervantes e os cameranos

A praza de Cervantes non sería o que é sen o asentamento na mesma dos cameranos, unha corrente migratoria, procedente principalmente de Ortigosa de Cameros, corazón da Serra Cebollera de A Rioxa, que deu lugar á máis dinámica burguesía compostelá e galega.
History and humanities 5 years
0
0
31
07:58

Iris del Bello Sexo

A historia do xornalismo compostelán está cheo de periódicos ás veces sorprendentes, pero ningunha tan provocativa como “El Iris del Bello Sexo”.\r\nA cousa aconteceu vai facer estes días 180 anos, o 2 de maio de 1841. Con ese nome (El Iris del Bello Sexo) saíu á rúa un semanario redactado integramente por dúas supostas e desafiantes señoritas da localidade que escollen, para disimular, os nomes literarios de Enarda e Galatea.
History and humanities 5 years
0
0
36
10:58

Rúa Nova II. A Bomba

Continuamos camiñando e facendo memoria por esa Compostela monumental e humana tan chea de pequenas e grandes historias.\r\nRetomamos o noso paseo pola Rúa Nova, onde se sitúa o Pazo de Santa Cruz, un edificio neoclásico de tres plantas, obra do arquitecto Domínguez Roma. Esta construción ten un lugar destacado na historia do terrorismo, posto que aquí estoupou a primeira carta bomba da que se ten noticia.
History and humanities 5 years
0
0
29
08:06

Rúa Nova I: Dona Ernestina

Neste novo episodio estamos na Rúa Nova, antes Vicus Novus ou rúa do Bico, unha rúa histórica que xa recibe este nome dende o século XII. Esta rúa tivo unha intensa vida social e nas súas casas concentrouse a nobreza local, deixando que a incipiente burguesía local e as xentes do comercio se instalasen na veciña Rúa do Vilar. \r\nNa Casa das Pomas viviu, segundo Torrente Ballester, Dona Ernestina a mandona. Dona Ernestina resumía no seu sangue toda a nobreza galega que amosan os catro escudos de armas do edificio: as rivalidades feudais, os odios herdados, as altiveces e intransixencias de setecentos anos...
History and humanities 5 years
0
0
24
11:24

A fonte do Toural

Neste podcast falaremos sobre todo o que agocha a fonte do Toural, que acaba de cumprir os douscentos anos de vida e, aínda que vos pareza mentira, foi unha conquista social dos Composteláns que levaban máis de trescentos anos pelexando por ela.
History and humanities 5 years
0
0
34
05:25
More of Radio Ateneo View more
Música e cine Xa non podemos concebir un filme sen a súa banda sonora e a súa música. Neste podcast, Antón Porteiro analizará a música das películas, dende o comezo das bandas sonoras ata a actualidade, facendo palpable a simbiose existentente entre o cine e a música. Updated
Hablamos de libros En este programa recorreremos la estantería de libros de Maricarmen Sánchez, acompañándola en sus lecturas y descubriendo sus títulos y autores favoritos. Updated
Ateneo Jazz Ateneo Jazz, da man de Antón Porteiro, é un programa para os amantes do jazz e todos aqueles que queiran achegarse a el. Updated
You may also like View more
La ContraHistoria La historia como no te la contaron en la escuela. Presentado y dirigido por Fernando Díaz Villanueva. Updated
Fóra de Mapa O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Updated
A GALIZA e o GALEGO Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza... Updated
Go to History and humanities