iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By escolasnasondas Imaxes do Patrimonio 2023
Podcast de Daniela Cedeira Martínez - CPI Cruz do Sar (Bergondo)

Podcast de Daniela Cedeira Martínez - CPI Cruz do Sar (Bergondo)

7/3/2023 · 04:32
0
2

Description of Podcast de Daniela Cedeira Martínez - CPI Cruz do Sar (Bergondo)

Podcast para o 6º Certame de Recolla das Imaxes do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués. Alumna: Daniela Cedeira Martínez. CPI Cruz do Sar (Bergondo).
Texto: Esta imaxe foi feita nun estudio de fotografía en Ordes no ano 1941. Nesta fotografía dende a dereita están a miña bisavoa Xosefa, que tiña uns 40 anos, e ao seu carón está o meu bisavó Xosé, que tiña 43 anos.
Diante da miña bisavoa está a miña avoa Emilia, que tiña 9 anos. Ao lado da miña avoa esta a súa irmá Ramona, que tiña 10 anos. Detrás do meu bisavó está o irmán da miña avoa, Rolando, que tiña 14 anos.
Esta fotografía foi feita debido a que as irmás da miña bisavoa estaban en Cuba, xa que emigraran fai moitos anos e querían enviarlles unha foto para que visen e coñecesen as súas sobriñas.

Comments of Podcast de Daniela Cedeira Martínez - CPI Cruz do Sar (Bergondo)
This program does not accept anonymous comments. !Sign up to comment!