¡ÚLTIMAS HORAS! Disfruta de 6 meses de Plus al 25% de dto ¡LO QUIERO!
Descifrando a Historia
Podcast

Descifrando a Historia

104
1.99k

Análise da Historia de Galicia

Instagram e TikTok: @descifrandohistoria

iVoox e Spotify

Por David Gesteira

Análise da Historia de Galicia

Instagram e TikTok: @descifrandohistoria

iVoox e Spotify

Por David Gesteira

104
1.99k

Cova Eirós, un lugar prehistórico moi importante para Galicia con Tania Mosquera

Con este episodio comezamos a séptima tempada de Descifrando a Historia en formato podcast. Son xa máis de 100 episodios nos que tratamos moitos e diversos temas e sei que a prehistoria non é do que máis falo por iso decidín comezar este ano cun episodio sobre un dos temas máis impactantes de Galicia: Cova Eirós.
History and humanities 1 week
10
0
352
26:27

Ruth Matilda Anderson, tradutora das marxes con Alba Saavedra

Todos vimos fotografías de Ruth Matilda Anderson da Galicia de comezos do s.XX, pero poucos saben da historia que se agocha detrás dela.
History and humanities 3 months
8
0
917
38:00

A Galicia moderna, con Lourenzo Fdez Prieto

A Galicia de finais do XIX e comezos do XX foi unha terra moderna. Con avances tecnolóxicos e sociais que dalgunha forma se truncaron en 1936 e que a nós chegou apenas un recordo. O historiador Lourenzo Fdez Prieto publicou un libro hai unhas semanas no que fala arredor de todos eses temas que deben ser recordados.
History and humanities 5 months
15
0
1k
39:56

Unha Escocia en clave galega, con Manuel Gago

Sabemos que Bretaña ou Irlanda teñen moitas cousas en común con Galicia, pero... e Escocia? Falamos con Manuel Gago que leva anos estudando os paralelismos entre ambas terras na súa historia, xeografía, idiosincrasia, relacións persoais, etc.
History and humanities 6 months
16
0
1.2k
54:59

E de novo o dilema dos celtas e Galicia, con Martín Fdez Calo

Os celtas e Galicia, quizais a cuestión histórica e historiográfica máis polémica e fermosa que temos. Moitos historiadores e historiadoras dan argumentos a favor, outros en contra. Hoxe quero falar cun especialista neste tema, Martín Fdez Calo.
History and humanities 8 months
25
0
1.8k
01:02:01

Romasanta, un asasino en serie ou un home lobo?

Manuel Blanco Romasanta naceu en Esgos (Ourense) e probablemente naceu como muller. Con 15 anos xa aparece como home. Asasinou a mínimo trece persoas entre 1845 e 1852. Cando o detiveron dixo que foi porque se transformaba en home lobo. Real ou unha estratexia? O certo é que lle serviu para conmutar a pena de morte por cadea perpetua. Escoita este marabilloso programa con Manuel Rial.
History and humanities 10 months
19
0
1.4k
01:01:33

Pódese vivir da historia? Conversa con Mercedes Vázquez, empresa DeHistoria

Vivir da historia é moi difícil. Ou iso din algúns. Hoxe falamos con Mercedes Vázquez Bertomeu, que xunto con outras socias, teñen unha emrpesa que se dedica a historia, nin máis nin menos.
History and humanities 1 year
11
0
2k
38:39

Unha panorámica do galego no Bierzo con Sara Rodríguez

Fálase galego no Bierzo? Pódese estudar a nosa lingua na comarca veciña? A estas preguntas responde Sara Rodríguez experta no galego do Bierzo e estudosa do mesmo. Para escoitar e aprender.
History and humanities 1 year
11
2
1.5k
36:47

A implicación popular na Revolución de 1846 con César Caramês

Pensamos que sabemos todo da Revolución de 1846 pero se escoitamos a Cesár Caramês e as súas últimas explicacións decatarémonos que hai cousas que non se explicaron ben. Con intención? Acompáñanos neste trepidante podcast.
History and humanities 1 year
17
0
1.7k
34:35

Falemos das comarcas galegas, con Borxa Neira

As comarcas galegas foron unha división territorial de finais do s. XX. Na actualidade hai debate sobre se funcionaron e cumpriron co seu papel e diso queremos falar co especialista Borxa Neira, que ten traballos ao redor deste tema. Compartide!
History and humanities 1 year
12
2
1.8k
35:31

A educación no pasado de Galicia, con Narciso de Gabriel

A educación pública é un "luxo" dos últimos anos, porén os nosos antepasados xa querían aprender a ler e a escribir un mínimo pa desenvolverse no mundo. Hoxe falamos con Narciso de Gabriel, para que nos fale das escolas de ferrado. Marabilla de programa. Compartide!
History and humanities 1 year
11
2
1.4k
34:20

Alonso Ríos, a historia dun galeguista, con Natalia Jorge

Neste episodio de Descifrando a Historia falamos coa historiadora Natalia Jorge Pereira ao redor dunha figura moi importante para o galeguismo: Alonso Ríos.
History and humanities 1 year
14
0
1.6k
55:50

Chegamos tarde? Conversa con Carlos Callón

Aínda que xa é algo falado e sabido por moitos, o galego xa non é a lingua máis falada en Galicia. Hoxe facemos un repaso polos castigos que sufriu ao longo da historia a nosa lingua.
History and humanities 1 year
17
0
1.7k
34:08

Os segredos das medidas tradicionais de Galicia, con Rubén Castro

Nesta 5 tempada de Descifrando a Historia falamos con Rubén Castro sobre as medidas tradicionais de Galicia: ferrados, fanegas e demais. Que teñen de especial?
History and humanities 2 years
18
4
1.8k
35:13

Novas cuestións sobre o reino suevo, con Martín Fernández Calo

Este é o último episodio da cuarta tempada de Descifrando a Historia, nel conversamos con Martín Fernández Calo sobre o reino suevo e algunha cuestión que outra sobre a importancia dun reino que durou case douscentos anos.
History and humanities 2 years
22
0
2.6k
38:02

O Couto Misto: orixes, historia e evolución con Serxio María

Neste 89 programa de Descifrando a Historia falamos con Serxio María, orixinario de Calvos de Randín, sobre a historia do seu Couto Misto. Lendas e realidades mistúranse neste trepidante podcast.
History and humanities 2 years
15
0
1.6k
37:31

Alejandro Viana e Amado Garra, dúas figuras con firmes compromisos con Roberto Mera

Neste episodio de Descifrando a Historia falamos con Roberto Mera sobre dúas figuras galegas con firmes compromisos democráticos. Alejandro Viana e Amado Garra, é hora de coñecer as súas historias.
History and humanities 2 years
12
0
1.2k
01:24:52

Que nos din as fortificacións na raia galego-portuguesa? Conversa con Rebeca Blanco-Rotea

As fortificacións entre Galicia e Portugal non sempre estiveron aí. Comezaron na Idade Media e Idade Moderna. Mais que nos din?
History and humanities 2 years
14
0
1.4k
37:16

A cara e a cruz de Basilio Álvarez, con Miguel Cabo

Basilio Álvarez foi un líder galego na loita a favor dos dereitos do campesiñado na época do agrarismo. Mais este cura e xornalista, tivo a súa cara e asúa cruz. Acompañanos neste breve podcast para coñecelo un pouco máis!
History and humanities 2 years
15
0
1.4k
56:52

Cen anos das escolas de ensino galego, con Santiago Quiroga e Emilio Xosé Ínsua

Este ano cúmprense cen anos das Escolas de Ensino Galego que deron o seu primeiro paso con galeguistas históricos como Ánxel Casal e María Miramontes. Hoxe, as escolas Semente son os herdeiros desa experiencia. Se queres coñecer a súa historia, os seus primeiros pasos, as outras escolas de linguas minorizadas ou minoritarias como as de País Vasco ou Irlanda, escoitade este fermoso podcast. Comparte parea que chegue a máis xente!
History and humanities 2 years
12
0
1.3k
01:09:26
You may also like View more
Na volta de folla Manuel Gago desenvolve neste podcast as exploracións na historia e cultura de Galicia que publica habitualmente noutras redes sociais. Unha porta aberta á volta de folla da historia, antropoloxía e cultura galegas. Updated
Falamos de memoria Falamos de Memoria é unha serie documental de reportaxes sonoras que percorren diferentes espazos da Coruña e da súa contorna para recuperar historias vinculadas á II República, á resistencia antifascista, á represión franquista e á memoria democrática. O podcast, producido pola Fundación Praza Pública coa colaboración do Comisionado para a Celebración dos 50 Anos de España en Liberdade, está formado por dez episodios que se publicarán semanalmente ao longo deste último trimestre do ano. Todos eles comezan coa creadora de contido Prado Rúa presentándonos in situ o espazo sobre o que versa o capítulo. Esta serie ten como director editorial a David Lombao, director de Praza.gal, con Miguel Pardo na coordinación de contido. A redacción e gravación das entrevistas e o guión corren a cargo de Pablo Vázquez e Paula Cermeño, con Llerena Perozo e David Lombao na narración e o traballo de montaxe de Xarda Cooperativa Audiovisual. Updated
Paseando por Compostela con mulleres Este programa fará un percurso por Compostela (as súas rúas, os seus barrios, as súas parroquias...) coas súas mulleres. A maioría das mulleres das que falaremos son pouco coñecidas, moitas anóminas, e a vida de Compostela, como a de moitos outros lugares, sería impensable sen elas, non estaría escrita. Updated
Go to History and humanities