
Podcast
Descubrindo o noso patrimonio
55
36
Os xoves cada quince días Cristian Lago, guía intérprete do Patrimonio, convídanos a descubrir o noso patrimonio cultural, histórico, natural... no tempo de "Descubrindo o noso patrimonio".
En emisión na Radio Municipal de Tui dende abril de 2024. Comezou coma unha sección no programa Día a Día e dende marzo de 2025 é un programa independente.
Os xoves cada quince días Cristian Lago, guía intérprete do Patrimonio, convídanos a descubrir o noso patrimonio cultural, histórico, natural... no tempo de "Descubrindo o noso patrimonio".
En emisión na Radio Municipal de Tui dende abril de 2024. Comezou coma unha sección no programa Día a Día e dende marzo de 2025 é un programa independente.
Descubrindo o noso patrimonio | Martín Díaz Spuch, Xogos Florais de 1891
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
Hoxe no “Descubrindo o noso patrimonio” falamos con Cristian Lago sobre Martín Díaz Spuch e os Xogos Florais de Tui.
ℹ️ Estes días conmemórase o 135 aniversario deste importante acto que tivo lugar na nosa cidade en 1891, e recordamos a figura dun tudense que tivo un papel importante nese certame poético: Martín Díaz Spuch.
👉🏻 Martín formou parte activa, conseguindo o segundo premio polo seu poema “O derradeiro trovador”
Este programa redifúndese hoxe xoves ás 20 h no 107.4 FM.
📍 Localización Teatro Principal de Tui: https://maps.app.goo.gl/9CG8RoepGHcgtBpF9
28:00
Descubrindo o noso patrimonio | Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento da Catedral de Lugo
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
Este domingo realizarase a Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento da Catedral de Lugo. Nesta ocasión será o Alcalde de Tui o encargado de realizar dita ofrenda. Por isto, hoxe en “Descubrindo o noso patrimonio” falamos con Cristian Lago desta cerimonia.
ℹ️ Un acto con máis de 350 anos de antigüidade que comenzou a celebrarse en 1672, e no que continúan participando os representantes das sete cidades capitais do Reino de Galicia.
Este programa redifúndese hoxe xoves ás 20 h no 107.4 FM.
24:30
Descubrindo o noso patrimonio | Salinas do Seixal (A Guarda)
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
Hoxe en “Descubrindo o noso patrimonio” falamos con Cristian Lago das Salinas do Seixal (A Guarda).
ℹ️ Trátase dun xacemento arqueolóxico, localizado a pé de costa, que nos axuda a coñecer a explotación salina feita polo Imperio romano nas costa da Gallaecia.
👉🏻 Falamos tamén da toponimia do lugar e dos precedentes na recolección do sal.
📍Localización: https://maps.app.goo.gl/iRnmraoWmkf5Exs19
Este programa redifúndese hoxe xoves ás 19 h no 107.4 FM.
23:44
Descubrindo o noso patrimonio | Maristas da Lagarteira (Pazos de Reis)
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
Hoxe en Descubrindo o noso patrimonio falamos con Cristian Lago dos Maristas da Lagarteira, en Pazos de Reis.
ℹ️ Foi un centro de formación que estivo activo 35 anos (1920-1955), destinado maioritariamente a rapaces portugueses que, tras a súa formación, poderían nutrir á comunidade Marista do norte de Brasil.
👉 Tratamos o contexto histórico que fixo posible este centro, e sobre todo afondaremos na finca na que se instalou: A Lagarteira
📍Localización: https://maps.app.goo.gl/grKdytWFYp43PNn27
Este programa redifúndese hoxe xoves ás 20 h no 107.4 FM.
24:22
Descubrindo o noso patrimonio | Panteón de Alejo Gregores no cemiterio de Paramos
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
Hoxe en “Descubrindo o noso patrimonio” falamos con Cristian Lago sobre arte funerario. En concreto do Panteón de Alejo Gregores, no cemiterio de Paramos.
Orixinariamente este panteón estivo no antigo cemiterio municipal, pero ao ser desmontado, uns familiares reclamaron os seus dereitos e trasladaron este monumento ao cemiterio da súa parroquia.
Trátase dunha excepcional obra, que hoxe coñecemos co contexto daquel Tui de finais do S. XIX e da persoa que o mandou construír, Alejo Gregores.
Localización: https://maps.app.goo.gl/Fh1r5iaUkHjbwyVC7
Este programa redifúndese hoxe xoves ás 20 h no 107.4 FM.
24:01
Descubrindo o noso patrimonio | Petróglifos de Coto da Chan (Salceda de Caselas)
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
Hoxe retomamos o “Descubrindo o noso patrimonio” visitando Santo Estevo de Budiño (Salceda de Caselas) para coñecer os Petróglifos de Coto da Chan.
Cristian Lago profundou nas tarefas de musealización que se realizaron neste xacemento a comezos deste 2026, o tipo de gravados que existen e dun Marco Xurisdicional que se atopa próximo a este lugar.
Localización: https://maps.app.goo.gl/PmYeaJEF2MbkonRW8
Este programa redifúndese hoxe xoves ás 20 h no 107.4 FM.
24:34
Descubrindo o noso patrimonio | Ponte do Souto, en Pexegueiro
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
Hoxe no programa “Descubrindo o noso patrimonio” coñecemos con Cristian Lago a Ponte do Souto, en Pexegueiro.
Trátase dunha ponte de 1840, que viu substituír un antigo pontillón deteriorado polas enchentes do río. Falamos tamén dos camiños históricos e as pontes, do muíño e da represa que están ao carón desta ponte.
Localización: https://maps.app.goo.gl/zhLJj9wb5D8yH38k8
Este programa redifúndese hoxe mércores ás 20 h no 107.4 FM.
27:13
Descubrindo o noso patrimonio | 8M Rosa Bahamonde e Conchiña Concheiro
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
Coincidindo co 8M no tempo de Descubrindo o noso Patrimonio con Cristian Lago falamos de dúas mullers Rosa Vaamonde e Chonchiña Concheiro.
Ambas teñen en común que posúen unha rúa co seu nome en Tui. No caso de Conchiña Conceiro compartida co seu marido Francisco Comesaña.
Cristian Lago contounos quen foron e a súa historia.
27:44
Descubrindo o noso patrimonio | Sâo Teotónio
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
ℹ️ Onte 18 de febreiro celebrouse o día de Sâo Teotónio, o coñecido como primeiro santo portugués. Hoxe en Descubrindo o noso patrimonio, con Cristian Lago, profundamos na súa figura, coñecendo detalles da súa vida e os motivos polos que foi canonizado en 1163.
👉 Coñecemos tamén o lugar do seu nacemento, Ganfei, onde hoxe hai unha fermosa capela, unha impoñente estatua e unha fonte con moitas lendas.
📍 Localización (Ganfei): https://maps.app.goo.gl/NbpZsQrDjQ1wcBxi7
Este programa redifúndese hoxe xoves ás 20 h no 107.4 FM.
25:15
Descubrindo o noso patrimonio | Canteiras de Rebordáns
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
Hoxe no “Descubrindo o noso patrimonio” falamos con Cristian Lago das Canteiras de Rebordáns
ℹ️ Esta parroquia ten unha longa tradición de extracción de granitos nos seus montes, especialmente na ladeira do Aloia.
Hoxe en día, non existe ningunha canteira activa en Rebordáns, pero estes lugares son unha interesante testemuña do noso patrimonio industrial.
📍Localización da canteira Urceira: https://maps.app.goo.gl/NT3rBy2uL2vqznre7
Este programa redifundirase hoxe xoves ás 20 h no 107.4 FM.
21:08
Descubrindo o noso patrimonio | Aurora del Porvenir (Tomiño)
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
📢 Comezamos unha nova etapa en “Descubrindo o noso patrimonio” na que saltamos os marcos municipais para coñecer tamén o patrimonio dos municipios limítrofes.
ℹ A primeira parada é Tomiño para coñecer a Aurora del Porvenir. Un edificio destinado a escola, que foi construído hai cen anos por iniciativa dun grupo de tomiñeses emigrados ao Brasil.
📍 Localízase na Telleira de San Bieito (ou Benito) moi próximo ao Campo do Alivio (onde se celebran as festas) https://maps.app.goo.gl/fnVsNM1UsH9csSQN6
O programa redifundirase hoxe xoves ás 20 h no 107.4.
25:18
Descubrindo o noso patrimonio | A Senda do Caselas
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
Comezamos o ano descubrindo a Senda do Caselas en Caldelas. Trátase dun percorrido de case 2 kms cun alto valor ambiental e paisaxístico, e tamén patrimonial, na que no mesmo atopamos muíños e pontillóns. Así nolo contou hoxe Cristian Lago, quen tamén nos falou da toponimia do lugar.
No tempo de "Descubrindo o noso patrimonio" comezamos con o ano con este paseo.
📍Localización: https://maps.app.goo.gl/hoTKmXXEUKTvdEsq7
27:54
Descubrindo o Noso Patrimonio | Pino Manso de Areas
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
📢 Hoxe xoves en “Descubrindo o noso patrimonio” falamos con Cristian Lago do coñecido como Pino Manso de Areas, aínda que realmente esta árbore estaba localizada en terreos da veciña parroquia de Sobrada.
ℹ Profundamos na relación do enxeñeiro Rafael Areses con esta monumental árbore, pero tamén dunha interesante escritura notarial de 1873.
📍 Localización: https://maps.app.goo.gl/MkJUrucLvmePkRjw7
O programa redifundirase hoxe xoves ás 20 h no 107.4.
28:27
Descubrindo o Noso Patrimonio | Monumento aos Mártires de Sobredo
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
📢 Hoxe xoves en “Descubrindo o noso patrimonio” falamos con Cristian Lago do monumento aos Mártires de Sobredo, un símbolo do agrarismo galego e da loita antiforal.
ℹ Mañá venres 28 cumprirase o aniversario dos sucesos de Sobredo, en Guillarei, nos que perderon a vida tres persoas: Venancio González, Joaquín Estévez, e a tudense Cándida Rodríguez.
Naquel ano 1922 escribiuse unhas das páxinas negras da nosa historia como pobo, un fracaso social do que debemos aprender.
📍 Localización: https://maps.app.goo.gl/iWc9NsFWQ3xM17HB6
O programa redifundirase hoxe xoves ás 19 h no 107.4.
30:14
Descubrindo o Noso Patrimonio | Terremoto de Lisboa de 1755
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
📢 Hoxe en "Descubrindo o noso patrimonio" falamos con Cristian Lago do terremoto de Lisboa do ano 1755. Esta foi unha das peticións da audiencia e hoxe profundamos neste suceso histórico de cara ao 800 aniversario da consagración da Catedral.
ℹ A tradición cultural fala deste importante suceso e dos graves danos que orixinou na Catedral. Coñecemos con Cristian que ten de certa esta historia.
O programa redifúndese hoxe xoves ás 20 h no 107.4 fm.
25:09
Descubrindo o Noso Patrimonio | Ermida de Sanomedio, en Malvas
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
Hoxe en “Descubrindo o noso patrimonio” Cristian Lago falounos da Ermida de Sanomedio, en Malvas.
Está localizada nun dos lugares máis fermosos do outono tudense, sitúase nunha ladeira da prolongación suroeste da Serra do Galiñeiro. Falamos tamén deste santo, e da gran devoción que teñen os veciños de Malvas a este lugar.
Localización: https://maps.app.goo.gl/tGE3Xv5Bn9NteLT29
O programa redifundirase hoxe xoves ás 20 h no 107.4.
21:56
Descubrindo o Noso Patrimonio | Muíños do Fochaco, en Baldráns
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
Hoxe en “Descubrindo o noso patrimonio” Cristián Lago falounos dos coñecidos como Muíños do Fochaco, en Baldráns.
Están situados no barrio do Rapado. Contounos o seu aspecto funcional e a súa historia, e tamén nos falou da relación cos mesmo de Pedro Valdivieso.
O programa redifundirase hoxe xoves ás 20 h no 107.4.
21:35
Descubrindo o Noso Patrimonio | Muíños da Dorna (Randufe)
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
📢 Hoxe no "Descubrindo o noso patrimonio" falamos con Cristian Lago dos Muíños da Dorna, en Randufe. Estes dous elementos pertencen ao conxunto de muíños do río Tripes.
ℹ Analizamos a súa evolución histórica e arquitectónica dende o S. XVIII ata os nosos días. Falamos tamén da toponimia, de onde ven "Dorna".
📍Localización: https://maps.app.goo.gl/BDZKP7pnE6gQDifF7
26:05
Descubrindo o noso patrimonio | Saga familiar dos Novás, canteiros de Pazos de Reis
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
📢 Hoxe no “Descubrindo o noso patrimonio” con Cristian Lago satisfacemos unha das peticións da nosa audiencia e falamos dos Novás, unha saga familiar de canteiros de Pazos de Reis.
ℹ Centrámonos na figura de 3 deles: Juan Francisco, Manuel Francisco e Domingo; que durante o S. XVIII e comenzos do XIX realizarán diversas obras de gran relevancia na nosa cidade.
👉 Tamén falamos de arquitectura civil, aínda que a maioría da súa obra é de arquitectura relixiosa. Traballaron en moitas igrexas parroquiais de toda a diocese tudense, e facemos fincapé no seu traballo na capela de San Telmo e na formidable intervención de Domingo na Catedral tudense.
O programa redifundirase hoxe xoves ás 20 h no 107.4.
30:23
Descubrindo o noso patrimonio | A metralla
Episode in
Descubrindo o noso patrimonio
📢 Hoxe no “Descubrindo o noso patrimonio” falamos con Cristian Lago sobre a praia da Metralla.
ℹ Varias xeracións de tudenses gardan o recordo deste lugar como símbolo dos veráns de infancia e xuventude.
📖 Buscamos na documentación histórica para atopar a que se debe que este lugar levase o nome de Metralla.
📍 Localización: https://maps.app.goo.gl/yB7wVRwMDziG7RHL6
O programa redifundirase hoxe xoves ás 20 h no 107.4.
24:14
More of Radio Municipal de Tui View more
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,... Updated
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h. Updated
Día a Día - Espazo Xove de Tui
Novidades do Espazo Xove de Tui a través da súa directora, Mónica Bugarín. Updated
You may also like View more
La Historia en Ruta
Un podcast que es una road movie, aprende de historia viajando y oyendo España. David Botello y Esther Sánchez recorren los lugares más destacados y la historia de los itinerarios culturales europeos que hay en España. Suscríbete y descubre nuevas rutas. Updated
Lo que Vigo Esconde
Vigo esconde muchos tesoros! Una rica historia, grandes personas con proyectos que vale la pena conocer, rutas gastronómicas y mucho más!
Porque soy una enamorada de mi ciudad y quiero compartir todos mis descubrimientos con vosotros...os espero cada sábado en este rincón podcastero tan especial!
Si estás planeando tu viaje a Vigo, acabas de mudarte o llevas aquí toda tu vida...este programa es para ti! Updated
Planeta Montaña by "Huesca La Magia"
Grandes montañas y paredes, expediciones dentro y fuera de España, esquí, rutas de senderismo, montañeros de leyenda y consejos de seguridad conforman el Podcast "Planeta Montaña by Huesca La Magia". Todos los viernes, nuevo episodio. Updated

























