¡Disfruta todo 1 año de Premium al 45% de dto! ¡LO QUIERO!

Podcast
Día a Día
6,230
1.51k
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Ent. Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente de Tui; e Estefanía Rodríguez, de Callejeriños Tudenses | Convenio
Episode in
Día a Día
O Concello de Tui e a Asociación Callejeriños Tudenses acadaron un convenio de colaboración no que se establecen as obrigas municipais no castrado e xestión das colonias de gatos comunitarios dende a Lei 7/2023 de Benestar Animal.
Así nolo contaron no programa Día a Día Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente, e Estefanía Rodríguez, de Callejeriños Tudenses.
10:59
Ent. Damaris Sánchez, da Casa das Redes | Festival Festa Raxada
Episode in
Día a Día
Dende hoxe e até o domingo Couso, en Gondomar, acolle o festival Festa Raxada. Unha proposta que nace co obxectivo de tecer redes no rural con música, gastronomía, cultura e compromiso social.
Durante estes tres días daranse cita no festival Mercedes Peón, Sun Iou, Brassica Rapa ou Baiona Bay.
Damaris Sánchez, membro da Casa das Redes, unha das organizadoras, falounos desta iniciativa.
08:40
Ent. Alberto Abal, do Ensemble Vocal Ángel Barja | Concerto-conferencia Vitae Mariae
Episode in
Día a Día
Mañá sábado ás 18 h a Catedral de Tui acolle o concerto-conferencia Vitae Mariae sobre a representación da Virxe María ao longo da Historia da Arte.
A conferencia correrá a cargo da doutora en Historia da Arte Ana Pereira Molares. O concerto será ofrecido por Artificio Barroco e polo Ensemble Vocal Ángel Barja.
Antonio Abal, membro do ensemble, detallou o repertorio musical que van interpretar.
04:54
Ent. José Ferreira e Maike Rodríguez, da comisión de festas Virxe das Dores | Festas na honra a San Antonio
Episode in
Día a Día
Guillarei celebra mañá sábado festas na honra a San Antonio no recinto de Festas da Virxe das Dores. Dende primeira hora da mañá haberá unha ampla programación con quedada e ruta moteira, xantar popular, actuacións musicais, as tradicionais poxas, actos litúrxicos, verbena e djs.
Así nolo contaron José Ferreira e Maike Rodríguez, membros da comisión de festas Virxe das Dores. Avanzaron ademais o nacemento dunha asociación autonómica de comisións de festas.
11:14
Ent. Eloy Carrera, director da Escola da Banda de Música Popular de Tui | Audición fin de curso e matrículas
Episode in
Día a Día
Hoxe venres ás 18 h nas instalacións da Escola da Banda de Música Popular de Tui, en Guillarei, celébrase a audición de fin de curso coa participación de 30 alumnos e alumnas do centro.
O director da Banda, Eloy Carrera, fixo balance positivo deste curso, e deu conta de que o prazo de matrícula para o próximo está xa aberto.
04:29
Ent. Paco López, organizador de CatroCantos Galicia Riders | CatroCantos Galicia Riders
Episode in
Día a Día
As inscricións para participar na experiencia de mototurismo CatroCantos Galicia Riders 2026 están xa abertas, cun prezo especial até o 20 de xullo. A proba celébrase o 12 de setembro, e terá saída en Tui con rutas de 300, 500 e 700 quilómetros.
Paco López, organizador desta actividade deu todos os detalles hoxe no programa Día a Día.
05:51
Ent. José Manuel Martínez, Gonzalo González, Rosa Castro e Alfonso Álvarez | XVIII Festival de Corais
Episode in
Día a Día
Este sábado 13 de xuño ás 20 h terá lugar o XVIII Festival de Corais na igrexa de San Domingos en Tui.
Unha cita musical na que participarán a coral do Centro Social de Tui, a coral Coro Cantemos de Salvaterra, e a Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Música de Tui.
Hoxe coñecemos todos os detalles con José Manuel Martínez e Gonzalo González da coral tudense; e Rosa Castro e Alfonso Álvarez da coral Coro Cantemos.
09:34
Ent. Alberto Fernández, de Rebouras Team | Velada de Fieras
Episode in
Día a Día
Este sábado ás 20 h o Pavillón Gustavo Rodríguez en Tui acolle a Velada de Fieras. Un evento deportivo no que o público asistente poderá ver seis combates de boxeo principiante e un profesional.
A entrada anticipada ten un prezo de 15€ e en taquilla 20€, tal e como hoxe explicaba Alberto Fernández, de Rebouras Team.
06:50
Ent. Javi Niño, coordinador deportivo do CB Tui | Fase de ascenso a Liga Galega do Infantil Masculino
Episode in
Día a Día
O equipo infantil masculino de 2ª división do CB Tui xógase dende esta fin de semana o ascenso a Liga Galega. Medirase ao Celtas Foz, Basket Ames e Esclavas, da Coruña.
O coordinador deportivo do club, e adestrador do equipo, Javi Niño, deu detalles destes encontros.
04:30
Ent. José Quinteiro e José Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño | Xantar solidario
Episode in
Día a Día
O vindeiro domingo 28 de xuño SOS Tomiño Baixo Miño organiza o seu XV Xantar Solidario nas instalacións da adega Altos de Torona en Tomiño. O prezo é de 28€ persoas adultas, 15€ menú infantil e tamén hai unha opción de mesa 0, de 2€ por rifa. O menú está composto por aperitivos, polbo á feira, carne ao caldeiro, café, postres, e bebidas.
Unha xornada con dobre obxectivo, tal e coma hoxe explicaban no programa Día a Día José Quinteiro e José Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño.
08:02
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador e arquiveiro de Tui | Visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui
Episode in
Día a Día
Esta é a Semana Internacional dos Arquivos, e o Concello de Tui súmase un ano máis a esta celebración cunha visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui. Será este venres 12 ás 12 h, e é necesario inscribirse previamente en arquivo@tui.gal antes do xoves.
O arquiveiro tudense, Rafael Sánchez Bargiela, fixo fincapé en que a actividade centrarase en documentos vencellados ao lema deste ano “Arquivos para a xustiza: Dereitos, memoria e futuros”, como o fondo do cárcere do partido xudicial.
As prazas son limitadas a 15 persoas e é unha actividade gratuíta.
07:11
Ent. Juan Vázquez, canteiro tudense | Gañador do I Certame de Tala en Pedra "Antonio Palacios escríbese en Pedra"
Episode in
Día a Día
O tudense Juan Vázquez foi o gañador do I Certame de Tala en Pedra "Antonio Palacios escríbese en Pedra", que se celebrou esta fin de semana no Porriño. Foi cunha obra inspirada no arquitecto porriñés, que foi o tema central sobre o que debían traballar as persoas participantes.
Hoxe conversamos con el sobre o funcionamento deste certame e sobre a peza que lle fixo gañador.
08:15
Ent. María Xosé Porteiro, escritora e xornalista | "Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. De Vigo a Compostela"
Episode in
Día a Día
Begoña Caamaño foi a persoa homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Sobre o seu labor e papel como xornalista escribiu María Xosé Porteiro o libro "Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. De Vigo a Compostela".
A escritora, xornalista e política viguesa foi compañeira e amiga de Caamaño, e hoxe contounos como naceu este libro.
11:47
Espazo Comercio | María Martínez e Lucas González, de MoMa
Episode in
Día a Día
Carta de tapas, talleres de coctelería e unha colaboración co Pancho 3.0 son as novidades que chegan a MoMa de cara a este verán.
Hoxe coñecemos toda a información no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, con María Martínez e Lucas González, de MoMa.
06:25
Ent. Luján Borrás, impulsora da iniciativa; e Montse Mon, de Un Máis | Di sí ao autismo
Episode in
Día a Día
“Di sí ao autismo” é a iniciativa de Change.org impulsada por Luján Borrás, nai dunha persoa autista, na que asociacións e familias reivindican que os servizos públicos en sanidade, educación, ocio, emprego e vida adulta estean garantidos para as persoas con autismo.
Hoxe Luján Borrás e Montse Mon, de Un Máis, explicaron cal é a situación das 9.500 persoas con autismo na provincia de Pontevedra.
Para colaborar con esta iniciativa, pódese firmar a iniciativa en change.org.
18:26
Raíces e vangarda | Ensaladilla rusa
Episode in
Día a Día
Hoxe no espazo gastronómico Raíces e vangarda o chef Judicael Romero deu consellos e trucos para conseguir unha ensaladilla rusa de verán diferente e mantendo a tradición.
Tamén hoxe falamos de intolerancias e alerxias alimentarias.
13:29
Ent. Alfonso Ferreira, peregrino e divulgador | Caminho da Fé, en Brasil
Episode in
Día a Día
Alfonso Ferreira vén de completar o Caminho da Fé, en Brasil. É unha ruta inspirada no Camiño de Santiago, que conecta Águas de Prata e o Santuario Nacional de Aparecida.
Hoxe conversamos con el sobre este camiño e as súas curiosidades.
06:38
Ent. David Coímbra, membro da organización | Galimpiadas 2026
Episode in
Día a Día
Este venres ás 19 h comezan as Galimpiadas 2026 con récord de participantes. Máis de 200 persoas competirán nas diferentes probas, en dous días de xogos populares, música e gastronomía en Caldelas.
David Coímbra é membro da organización, e hoxe deu todos os detalles desta edición.
09:10
Ent. Anabel Solla, Carmen Raña e Almudena Álvarez, de AMEI | Proxecto INTEGRALAB
Episode in
Día a Día
AMEI TUI acompaña a máis de 20 mulleres migrantes a través do programa INTEGRALAB, un proxecto que ofrece atención psicolóxica, asesoramento xurídico, formación e orientación laboral para favorecer a inclusión social e laboral das participantes.
Trátase dunha iniciativa financiada pola Xunta de Galicia. Hoxe coñecemos o seu funcionamento con Anabel Solla, Carmen Raña e Almudena Álvarez.
09:13
Ent. Curso de camareiro ou camareira
Episode in
Día a Día
O Concello de Tui organiza un curso de camareiro/a que comezará o próximo luns 15 de xuño. Consta de 44 horas lectivas que se van impartir de luns a venres de 16.30 h a 20.30 h até o 30 de xuño no Mercado de San Antonio.
O número de prazas está limitado a 15 participantes. A información sobre este curso pode ampliarse no teléfono do Centro de Formación, 664 55 24 93, ou no teléfono de ACITUI, 604 48 88 90.
Hoxe déronnos toda a información Ana Núñez, concelleira de Emprego e Formación; Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI; Isaac Míguez, e representación do sector; e Ana Concheiro, consultora especializada en formación e emprego.
14:50
More of Radio Municipal de Tui View more
Sesións Plenarias Corporación Municipal de Tui
Audio das sesións plenarias da corporación municipal de Tui retransmitidas en director pola Radio Municipal de Tui Updated
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h. Updated
Diálogos de Educación
Diálogos de Educación, un programa de radio con Teresa Domínguez, mestra, doutora en psicopedagoxía e Premio Nacional de Educación, no que abordamos diferentes temas vinculados á Educación. Updated
You may also like View more
Energía Total
Más Cerca con Johanna Torres es un programa de variedades que ofrece temas de interés actual desde una perspectiva profunda y positiva, cada semana la audiencia tiene la oportunidad de estar MAS CERCA de sus cantantes, películas, series, actores, creadores y pastores a través de entrevistas exclusivas conducidas por la periodista Johanna Torres.
Consciente de la importancia de acercarnos a Dios, Johanna transforma cada entrevista en una valiosa herramienta que edifica y nos invita a experimentar la mejor invitación que jamás hemos recibido: estar MAS CERCA de un Dios que nos ama profundamente. ¡No te pierdas la oportunidad de conectar y descubrir más de este contenido autentico e inspirador!
Y síguenos en Instagram @Johannavirtual
Updated
CaritasCiudadRodrigo
Reportajes y programas radiofónicos creados por el Servicio de Comunicación de Caritas Diocesana Ciudad Rodrigo. Updated
O Futuro é Hoxe, con Modepen
O Movemento Galego en defensa das pensións e dos servizos públicos, MODEPEN, conta cun programa na Radio Municipal de Tui: O Futuro é Hoxe. Updated

























