Día a Día
Podcast

Día a Día

6,315
1.56k

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

6,315
1.56k

Ent. Paula Cabaleiro - Ponte Creativa e Enogastronómica no IKFEM

Episode in Día a Día
A vella Ponte Internacional Tui-Valença converterase mañá nunha ponte creativa e enogastronómica no marco do IKFEM Festival. 30 expositores, 8 grupos en concerto, foros, presentacións... todo nunha xornada especial que simbolizará a unión entre as dúas beiras do Miño. Así nolo contou hoxe Paula Cabaleiro, comisaria artística do evento. O tráfico na Ponte permanecerá cortado xa dende ás 6.45 h e até ás 3 h do domingo.
Magazine and lifestyle 2 days
0
0
10
15:12

Ent. Celtia Rodríguez, arqueóloga e investigadora | A campaña arqueolóxica das Torres descobre uns estribos de cabalo

Episode in Día a Día
A campaña arqueolóxica que o proxecto Fortalezas da Fronteira desenvolve no xacemento das Torres, en San Miguel de Taborda (Tomiño), vén de documentar un dos achados máis relevantes desta edición: varios elementos metálicos de carácter militar, entre os que destacan uns estribos de cabalo. Celtia Rodríguez, arqueóloga e investigadora, explicou hoxe no programa Día a Día a importancia deste achado.
Magazine and lifestyle 2 days
0
0
7
04:27

Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda de Caselas | Festas do Cristo 2026

Episode in Día a Día
Salceda de Caselas vive esta fin de semana tres xornadas de tradición coa celebración das Festas do Cristo 2026. Unha programación que, como definía a alcaldesa Loli Castiñeira, é variada, intensa e pensada para que todas as persoas poidan celebrar e desfrutar. A rexedora salcedense destacou hoxe o especial desta festa, co Acto Cívico Salcedenses Distinguidas/os, o concerto de A Banda da Loba ou a instalación dunha pantalla para ver a final do Mundial de Fútbol este domingo ás 21 h. Con ese motivo, informou de que o concerto da Banda Cultural de Salceda celebrarase finalmente o luns 20, festivo local.
Magazine and lifestyle 2 days
0
0
6
08:00

Ent. Borja Niso, compositor e pianista | Concerto no IKFEM 2026

Episode in Día a Día
A Alameda de San Domingos será o escenario este domingo do concerto de peche do IKFEM Festival Tui-Valença deste 2026. Será cun concerto moi especial de Borja Niso rendindo tributo a Ludovico Einaudi, e no que contará coa colaboración especial de Rosa Cedrón. Pero amais súmase ao concerto o proxecto Caixa Son e un coro infantil formado por alumnado de centros educativos de Tui. Así nolo contou hoxe o propio Borja Niso. O concerto comezará ás 19 h, xa que se anticipou o seu horario para non coincidir coa final do Mundial. As entradas están dispoñibles en ikfem.com.
Magazine and lifestyle 2 days
0
0
7
07:18

Ent. Uxía, cantante | Actuación no Festival IKFEM 2026

Episode in Día a Día
A cantante galega Uxía participará no concerto que mañá venres ofrecerá António Zambujo, dentro da programación do Festival IKFEM 2026. Será ás 22.30 h ES nas Cortinas de São Francisco, en Valença, con entradas á venda en ataquilla. Hoxe no programa Día a Día, Uxía amosábase orgullosa de poder participar nun festival que promove a irmandade entre Galicia e Portugal.
Magazine and lifestyle 3 days
0
0
7
07:40

Ent. António Zambujo, cantante | Concerto no IKFEM 2026

Episode in Día a Día
“Oração ao tempo” é o novo disco do portugués António Zambujo, que presentará mañá venres ás 22.30 h ES no IKFEM Festival 2026. Será un concerto nas Cortinas de São Francisco, en Valença, e no que contará coa actuación de Uxía como artista convidada. As entradas están á venda en ataquilla. Hoxe António Zambujo deu detalles sobre este concerto e sobre o seu último disco.
Magazine and lifestyle 3 days
0
0
4
05:41

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal | XXXIV Feira do Viño

Episode in Día a Día
O túnel do viño é unha das novidades da XXXIV Feira do Viño do Rosal, que se celebra dende este venres 17 até o domingo 19. Tres xornadas onde o viño é protagonista, con actividades infantís, música, obradoiros e moito máis, na praza do Calvario. Hoxe a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, deu información e detalles sobre esta feira organizada polo Concello e a Asociación Cabaqueiros do Viño do Rosal.
Magazine and lifestyle 4 days
0
0
11
10:17

Ent. Fran Álvarez e Alejandro Pérez da Comisión de Festas | Festas na honra a Santa Mariña en Areas

Episode in Día a Día
Con verbena con Paris de Noia e o trío 3.com comezan mañá as festas na honra a Santa Mariña en Areas. Esta mañá Fran Álvarez e Alejandro Pérez da Comisión de Festas deronnos conta do programa previsto no que a gastronomía, a música co concertos da Banda de Música Popular de Tui e da Banda de Gaitas de Paramos, e verbenas.
Magazine and lifestyle 4 days
0
0
20
05:20

Ent. Cristina Fálquez do Club Náutico San Telmo | Festividade da Virxe do Carmen

Episode in Día a Día
O Club Náutico San Telmo coa colaboración da Asociación Cultural San Roque e San Bartolomeu e do Concello de Tui organiza unha actividade festiva tamén para mañá xoves, co gallo da celebración da Virxe do Carmen. Así nolo contaba Cristina Fálquez, do Club Náutico San Telmo detallando que haberá gastronomía e música en directo co grupo Pa Ti Na Ma.
Magazine and lifestyle 4 days
0
0
8
03:41

Ent. Elsa Roldán, soprano | Concerto na Catedral dentro do IKFEM

Episode in Día a Día
A Catedral de Tui acolle este domingo, ás 19 h, un concerto moi especial no marco do IKFEM. A soprano tudense Elsa Roldán, e organista Joaquín Barreira, intepretarán un repertorio de obras procedentes do propio arquivo catedralicio nun evento único co que o festival se suma á celebración do VIII Centenario da consagración da Catedral tudense. Elsa Roldán, que actualmente estuda o máster de interpretación da Escola Raíña Sofía en Madrid, explicaba hoxe os seus comezos no mundo da música no Conservatorio de Tui, e o máxico que será para ela actuar aquí.
Magazine and lifestyle 4 days
0
0
7
07:51

Ent. Ismael Felgueiras e Amelia López de Amigos da Festa | Torneo Interbarrios de Rebordáns e Festas da Virxe do Camiño

Episode in Día a Día
Este sábado celébrase en Rebordáns o Torneo Interbarrios organizado por Amigos da Festa, e no que van participar os 8 barrios desta parroquia tudense. Así nolo contaron hoxe Ismael Felgueiras e Amelia López de Amigos da Festa. Avanzaron amais o programa da semana cultural e das festas na honra á Virxe do Camiño que se celebrarán do 11 ao 15 de agosto.
Magazine and lifestyle 5 days
0
0
21
08:41

Ent. Maruxa Salas e Erick Jiménez de Sólodos. | Festival Danza no Camiño en Tui

Episode in Día a Día
A praza da igrexa de San Telmo, no conxunto histórico de Tui, acolle hoxe martes ás 20 h tres actuacións dentro do festival Danza do Camiño. Son pezas coreográficas pensadas para este espazo onde se van desenvolver esta tarde. Será Extender como si pudiera, de Julia Laport, Mover Cenizas , que asina Sólodos, o dúo formado por Maruxa Salas e Erick Jiménez, e A raíz de, de Daniel Rodríguez Cía. Así nolo contaron hoxe Maruxa Salas e Erick Jiménez de Sólodos.
Magazine and lifestyle 5 days
0
0
10
07:45

Espazo Comercio | Campaña de Verán Mergúllate

Episode in Día a Día
ACITUI está a piques de rematar, cun evento final este xoves 16, a campaña de promoción do comerio local Mergúllate. Hoxe o presidente dos comerciantes tudenses, Pepe Míguez, facía un balance moi positivo da campaña coa participación de 75 establecementos. E avanzaba os detalles do evento que este xoves van desenvolver na praza da Inmaculada, repartindo máis de 200 premios, e tamén cunha actividade de busca do tesouro para os máis pequenos.
Magazine and lifestyle 5 days
0
0
7
04:52

Ent. Eloy Carrera | Tese doutoral sobre a Banda de Música Popular de Tui

Episode in Día a Día
O músico tudense Eloy Carrera está a elaborar a súa tese doutoral sobre a Banda de Música Popular de Tui, agrupación que dirixe. O próximo mes de agosto culminará un traballo de cinco anos nos que profundou no coñecemento da banda tudense e da súa historia. Nesta recta final do seu traballo solicita a colaboración daquelas persoas que poidan aportar datos, fotografías, documentos... sobre a banda tudense. Na Radio Municipal de Tui desvelou algúns dos datos que atopou ao longo da súa investigación, anécdotas ou novos detalles sobre a orixe desta agrupación.
Magazine and lifestyle 6 days
0
0
17
12:18

Ent. Noemí Guisande do Cineclub Tui - Programación xullo e agosto

Episode in Día a Día
O Cineclub Tui programou a proxección de catro películas este verán no Espazo Sociocultural nunha única sesión ás 21.45 h e mantendo o prezo de 2€ para persoas socias e menores de 18 anos e 4,5€ para o público en xeral. A primeira cita será mañá martes, 14 de xullo, con "Vitus" de Fredi M. Murer. O martes 28 proxectarán "Historias del buen valle" de José Luis Guerín, o martes 11 de agosto "Nausiaä do Val do Vento" de Hayao Miyazaki, e por último o martes 25 de agosto "Calle Málaga" de Maryam Touzani. Así nolo contou Noemí Guisande do Cineclub Tui.
Magazine and lifestyle 6 days
0
0
9
06:11

Ent. Wöyza | Concerto de apertura no IKFEM 2026

Episode in Día a Día
Dobre estrea a que teremos este xoves na praza da Inmaculada abrindo o IKFEM, Festival Tui-Valença 2026. Será a estrea de “Valiosa” , o novo disco de artista galega Wöyza, e tamén da formación musical que estará sobre o escenario formada. Un concerto especial, tal e coma explicaba Wöyza, que comezará ás 22.30 h na praza da Inmaculada, no que como artista convidada estará Emmy Curl. A entrada será gratuíta. Así se abren cinco días do IKFEM Festival Tui-Valença.
Magazine and lifestyle 6 days
0
0
5
07:29

Raíces e vangarda | Augas saborizadas, xeados e carpaccio de sandía

Episode in Día a Día
Co verán chegan tamén as receitas frescas e sinxelas. Hoxe en Raíces e vangarda, o chef Judicael Romero deu diferentes ideas, receitas e consellos para levar a práctica con augas saborizadas, xeados e carpaccio de sandía con queso feta.
Magazine and lifestyle 6 days
0
0
4
11:57

Ent. Andrea González, directora IKFEM | XIV Festival Tui-Valença

Episode in Día a Día
Do xoves 16 ao domingo 19 de xullo vaise celebrar na Eurocidade Tui-Valença o XIV IKFEM, Festival Tui-Valença. A música tenderá pontes e a vella Ponte Internacional será o escenario especial no que a artesanía e os concertos se sucederán ao longo do sáado 18. Coñecemos o programa do festival coa súa directora, Andrea González.
Magazine and lifestyle 1 week
0
0
13
12:11

Ent. David Domínguez e Lis Montes | Xornada de actualización de adestradores

Episode in Día a Día
Claudio Giráldez, adestrador do RC Celta; Jonatan Giráldez, técnico do OL Lyonnes; e Borja Fernández, adestrador do CD Lugo partcipan esta tarde no Espazo Sociocultural de Tui na Xornada de Actualización e Reciclaxe para Adestradores de Fútbol. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Comité Galego de Adestradores, e que se suma á celebración do centenario do Tyde. Anticípase o inicio ás 16 h debido ao partido de España, xa que rematará ás 21 h. Así nolo contaron hoxe David Domínguez e Lis Montes, do Tyde F.C.
Magazine and lifestyle 1 week
0
0
6
08:38

Ent. Tiago Rodrigues, arquitecto da Universidade da Beira Interior | Actividades en Tui de Fortalezas de Fronteira

Episode in Día a Día
Hoxe e o domingo chega a Tui o proxecto Fortalezas da Fronteira con dúas propostas arredor da paisaxe fortificada da raia. Así esta tarde, ás 20:30 horas, haberá unha Barferencia en Al Dente, no Mercado de San Antonio de Tui. Participarán Rebeca Blanco-Rotea, arqueóloga e investigadora no Lab2PT da Universidade do Minho, e Tiago Rodrigues, arquitecto da Universidade da Beira Interior. Xa o domingo ás 10 h sairá do Palco da Musica, na Corredoira a “Visita aos sistemas fortificados de Tui”. Para participar é precisoi nscribirse en rutasdehistoria.com.
Magazine and lifestyle 1 week
0
0
5
05:05
More of Radio Municipal de Tui View more
Informativos Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h. Updated
Día a Día - Espazo Xove de Tui Novidades do Espazo Xove de Tui a través da súa directora, Mónica Bugarín. Updated
Día a Día | Achegámonos á Biblioteca No programa Día a Día achegámonos semanalmente á Biblioteca Municipal de Tui da man de Ramón Nogueira, auxiliar da Biblioteca. Con el coñecemos os servizos, as actividades, o funcionamento, e as novidades deste servizo situado no edificio Francisco Sánchez. Updated
You may also like View more
Chemistry For Your Life A podcast that helps you understand the fascinating chemistry hidden in your everyday life. Have you ever wondered why onions make you cry? Or how soap gets your hands clean? What really is margarine, or why do trees change colors in the fall? Melissa is a chemist, and to answer these questions she started a podcast, called Chemistry for your life! In each episode Melissa explains the chemistry behind one of life’s mysteries to Jam, who is definitely not a chemist, but she explains it in a way that is easy to understand, and totally fascinating. If you’re someone who loves learning new things, or who wonders about the way the world works, then give us a listen. Updated
Energía Total Más Cerca con Johanna Torres es un programa de variedades que ofrece temas de interés actual desde una perspectiva profunda y positiva, cada semana la audiencia tiene la oportunidad de estar MAS CERCA de sus cantantes, películas, series, actores, creadores y pastores a través de entrevistas exclusivas conducidas por la periodista Johanna Torres. Consciente de la importancia de acercarnos a Dios, Johanna transforma cada entrevista en una valiosa herramienta que edifica y nos invita a experimentar la mejor invitación que jamás hemos recibido: estar MAS CERCA de un Dios que nos ama profundamente. ¡No te pierdas la oportunidad de conectar y descubrir más de este contenido autentico e inspirador!  Y síguenos en Instagram @Johannavirtual  Updated
O Futuro é Hoxe, con Modepen O Movemento Galego en defensa das pensións e dos servizos públicos, MODEPEN, conta cun programa na Radio Municipal de Tui: O Futuro é Hoxe. Updated
Go to Magazine and lifestyle