¡ÚLTIMAS HORAS! Disfruta todo 1 año de Plus al 45% de dto ¡LO QUIERO!
Disimulen
Podcast

Disimulen

40
18

Xornalista cultural (Vigo, 1979). Publico en El País, Rockdelux, ProTexta e algunha outra reserva india. Son autor da biografía 'Lois Pereiro. Vida e obra' (Xerais, 2011) e compartín con Alexandre Cancelo a escrita e a dirección do documental 'Contra a morte'.

Xornalista cultural (Vigo, 1979). Publico en El País, Rockdelux, ProTexta e algunha outra reserva india. Son autor da biografía 'Lois Pereiro. Vida e obra' (Xerais, 2011) e compartín con Alexandre Cancelo a escrita e a dirección do documental 'Contra a morte'.

40
18

Disimulen #38 - Cuac FM - 3 de febreiro de 2014

Episode in Disimulen
Conversa con Miguel-Anxo Murado, guionista, xornalista, historiador de formación e, como nos dicía no programa, por enriba de todo escritor. A escusa: 'La invención del pasado' (Debate, 2013), o seu último libro. Na banda sonora, pouquiña cousa por culpa dos problemas técnicos: Bill Callahan e Damien Jurado. Disimulen é un programa sen sintonía que se emite cada luns de 19 a 20h en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. No 103.4 da FM local ou en www.cuacfm.org. Conduce e dirixe: Iago Martínez www.disimulen.com
History and humanities 12 years
0
0
905
56:59

Disimulen #37 - Cuac FM - 27 de xaneiro de 2014

Episode in Disimulen
Longa conversa con Luis Boullosa, novelista inédito, crítico musical, músico e galego-madrileño do 75. En Ribadumia data 'El puño y la letra' (66 rpm, 2013), unha pescuda polo misterio da composición de cancións a través de dez autores polos que ten unha especial querencia: Michael Gira, Julian Cope, Aidan Moffat, Pete Simonelli, Ryan Sambol, Grant Hart, Gareth Liddiard, Kim Warsén, Brendon Humphries e Matt Korvett. Na banda sonora: Arab Strap, Strange Boys, Enablers, The Angels of Light e Gareth Liddiard. Disimulen é un programa sen sintonía que se emite cada luns de 19 a 20h en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. No 103.4 da FM local ou en www.cuacfm.org. Conduce e dirixe: Iago Martínez www.disimulen.com
Rock and Metal 12 years
0
0
150
56:34

Disimulen #36 - Cuac FM - 20 de xaneiro de 2014

Episode in Disimulen
Regresa o Disimulen logo dunhas semanas de mutismo cunha longa conversa con escritor Isaac Rosa (Sevilla, 1974), autor de novelas como 'La mano invisible', 'El vano ayer', 'El país del miedo' o 'La habitación oscura' (Seix Barral, 2013), la última, de momento. Música, poca: Dorian Wood, Tindersticks, Damien Jurado, Gravenhurst e Destroyer versionando a Sr Chinarro. Disimulen é un programa sen sintonía que se emite cada luns de 19 a 20h en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. No 103.4 da FM local ou en www.cuacfm.org. Conduce e dirixe: Iago Martínez www.disimulen.com
Art and literature 12 years
0
0
119
56:59

Disimulen #35 - Cuac FM - 9 de decembro de 2013

Episode in Disimulen
Conversamos con Alonso Caxade arredor do seu primeiro disco, Dança dos Moscas (Discos da Máquina, 2013) e outros proxectos paralelos, como Pel de Noz. Na banda sonora, Caxade, Pel de Noz, Anna Calvi e Bill Callahan. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, que tamén se pode escoitar en diferido en RadioFilispiM. Conduce e dirixe: Iago Martínez.
Alternative and indie 12 years
0
0
89
56:48

Disimulen #34 - Cuac FM - 11 de novembro de 2013

Episode in Disimulen
César Rendueles, profesor da facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid e autor de 'Sociofobia' (Capitán Swing, 2013), protagoniza o programa co que 'Disimulen' regresa á sintonía de Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Na banda sonora, Primal Scream, Turner Cody, Denis Jones e o novo single de Michel Cloup. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, que tamén se pode escoitar en diferido en RadioFilispiM. Conduce e dirixe: Iago Martínez.
Politic and economy 12 years
0
0
124
56:51

Disimulen #33 - Cuac FM - 15 de xullo de 2013

Episode in Disimulen
Último programa da tempada, dedicado a repasar algunhas das películas e entrevistas a cineastas que protagonizaron este espazo sen sintonía en Cuac FM. Facémolo canda o crítico e programador José Manuel Sande, colaborador habitual do Disimulen. Ademais dalgunhas reflexións xerais sobre o fenómeno do Novo Cinema Galego ás que convén regresar nalgún momento, lembramos o paso polo Disimulen de fitas como 'Fóra', de Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas; 'VidaExtra', de Ramiro Ledo; 'A cicatriz branca', de Margarita Ledo; 'O quinto evanxeo de Gaspar Hauser', de Alberto Gracia; 'Arraianos', de Eloy Enciso; ou 'Montaña en sombra', de Lois Patiño. Na banda sonora, Caxade, The Lost Omelette-Makers, Das Kapital, Jessica Pratt, Efterklang, Malandrómeda e Sr Chinarro. Tamén volvemos escoitar 'Insectos', do segundo disco de Das Kapital, desta vez por unha nova razón: os composteláns tocarán por primeira vez na Coruña o vindeiro 20 de xullo a partir das 22 horas, na festa de despedida desta primeira tempada do Disimulen. Será na sala Mardi Gras, xunto aos locais Volonté. Antes, ás 20h na Casa da Fariña, presentación na cidade do proxecto discográfico Discos da Máquina, ao que se veñen de incorporar Caxade e The Lost Omelette-Makers. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, que dende comezos de abril tamén se pode escoitar en diferido en RadioFilispiM. Conduce e dirixe: Iago Martínez.
Movies, TV and shows 12 years
0
0
164
56:09

Disimulen #32 - Cuac FM - 1 de xullo de 2013

Episode in Disimulen
Entrevista con Alberto Ramos, xornalista, escritor e autor de 'Todos os días' (Sotelo Blanco, 2012), Premio Risco de Creación Literaria o ano pasado. Coa mesma escusa, volvemos escoitar fragmentos dalgunhas das entrevistas a autores de narrativa de ficción en lingua galega que fixemos ao longo desta primeira tempada do programa: Alberto Lema, retratado por Ana Salgado; Samuel Solleiro, introducido por Montse Dopico; e Diego Ameixeiras. Na banda sonora, Flamaradas, Sam Amidon, Eels, Foxygen, Tame Impala, Scout Niblett, Michel Cloup, Bill Callahan, Angel Olsen, Ataque Escampe, Adrian Sherwood. Tamén volvemos escoitar 'Tumulto', do segundo disco de Das Kapital, desta vez por unha nova razón: os composteláns tocarán por primeira vez na Coruña o vindeiro 20 de xullo, na festa de despedida desta primeira tempada do Disimulen. Será na sala Mardi Gras, xunto aos locais Volonté. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, que dende comezos de abril tamén se pode escoitar en diferido en RadioFilispiM. Conduce e dirixe: Iago Martínez.
Art and literature 12 years
0
0
166
56:49

Disimulen #31 - Cuac FM - 24 de xuño de 2013

Episode in Disimulen
Programa que ía estar dedicado a falar con Alberto Ramos, xornalista, escritor e autor de 'Todos os días' (Sotelo Blanco, 2012), Premio Risco de Creación Literaria o ano pasado. Problemas técnicos obrigaron a abortar a emisión aos 35 minutos. Até ese momento, rescataramos a emisión inaugural do Disimulen do 1 de outubro de 2012, coa declaración de intencións da cabeceira e a primeira entrevista do programa ao filósofo e activista Amador Fernández-Savater. Despedimos tamén outras dúas seccións que nos acompañaron ao longo desta primeira (e quen sabe se última) tempada: 'Disparando aos reloxos', de Manuel M. Barreiro, e 'Calypso Frelimo', de Daniel Salgado. Na banda sonora, Ataque Escampe, Colleen, Crisis, The Housemartins, Clifford Thornton, Portishead, Django Django e CocoRosie. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, que dende comezos de abril tamén se pode escoitar en diferido en RadioFilispiM. Conduce e dirixe: Iago Martínez.
Art and literature 12 years
0
0
134
35:53

Disimulen #30 - Cuac FM - 3 de xuño de 2013

Episode in Disimulen
Programada dedicado á cuarta edición da Mostra de Cinema Periférico da Coruña, o S8, que se celebra entre os días 4 e 11 de xuño. Ángel Rueda, codirector da mostra, e José Manuel Sande, crítico e programador do CGAI, participan dende o estudio facendo un repaso á programación. Ao outro lado do fío telefónico, Miguel Mariño dá algúns detalles sobre 'Fomos ficando sós', o filme-performance que presenta na mostra, e o cineasta vigués Lois Patiño, que protagoniza unha retrospectiva, un encontro co público e dúas videoinstalacións. David Rodríguez, O Funambulista Coxo, entrega a súa última columna da tempada. Na banda sonora, The Ex coa Brass Unbound, Tricky, Colleen e Caxade. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, que dende comezos de abril tamén se pode escoitar en diferido en RadioFilispiM. Conduce e dirixe: Iago Martínez.
Movies, TV and shows 12 years
0
0
129
56:51

Disimulen #29 - Cuac FM - 27 de maio de 2013

Episode in Disimulen
Tres cineastas, tres filmes, tres olladas sobre o 15M: 'Libre te quiero', de Basilio Martín Patino; 'Vers Madrid', de Sylvain George; e '15M. Excelente. Revulsivo. Importante', de Stéphane M. Grueso. Xunto a José Manuel Sande, crítico de cine e programador do CGAI, entrevistamos a Stéphane M. Grueso e Basilio Martín Patino e escoitamos a columna mensual de Manuel M. Barreiro, desta volta sobre a cita constituínte que temos este domingo contra a megaminaría en Galicia. Na banda sonora, amais dos filmes comentados e un fondo de Musel, soa o primeiro disco de Grampoder, 'Golf Whiskey' (Discos da Máquina, 2013) e a voz do seu vocalista, Martin Wu. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, que dende comezos de abril tamén se pode escoitar en diferido en RadioFilispiM. Conduce e dirixe: Iago Martínez.
Movies, TV and shows 12 years
0
0
127
56:54

Disimulen #28 - Cuac FM - 13 de maio de 2013

Episode in Disimulen
Programa case monográfico dedicado a Roberto Vidal Bolaño e confeccionado a catro mans co xornalista e escritor Alberto Ramos, quen traza unha biografía do actor, dramaturgo e produtor teatral ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas e escolle o personaxe do tempo da entrevista: Xosé Manuel Fernández Castro, autor de 'A obra dramática de RVB' (Laiovento). Fóra de Vidal Bolaño, a quen tamén lembran as voces de Antonio Durán Morris e Laura Ponte, hai tempo para unha nova entrega do 'Cartom de Baile' de Alonso Caxade e outra do sempre polémico 'Paciencia ou armas' de Rexina Vega, desta volta arredor do rebrote reintegracionista. Na banda sonora soan Noel Rosa, Wilson Batista, a orquestra de Pérez Prado, Migala, Mikal Cronin, Vampire Weekend e Fluzo. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, que dende comezos de abril tamén se pode escoitar en diferido en RadioFilispiM. Conduce e dirixe: Iago Martínez.
Art and literature 12 years
1
0
207
56:49

Disimulen #27 - Cuac FM - 6 de maio de 2013

Episode in Disimulen
Conversamos con Jesús Llorente, 'capo' de Acuarela, discográfica, editorial, axencia e promotora de concertos, como pouco, que está de aniversario: cumpre dúas décadas. Para completar o tributo escoitamos algunhas 'acuarelas' persoais: cancións e lembranzas vinculadas ao selo desta vez ao cargo da poeta Olalla Cociña, a xornalista Elena Cabrera e un dos directores do Festival Sinsal, Julio Gómez. No treito final, averiguamos algo máis sobre Extramuros, un espazo de colisións artísticas, como lle chaman os seus promotores, que botou a andar hai pouco na Coruña. Na banda sonora soan Nacho Umbert, Refree, Señor Chinarro, Efterklang, Portishead, The Postal Service, Destroyer e Migala. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, que dende comezos de abril tamén se pode escoitar en diferido en RadioFilispiM. Conduce e dirixe: Iago Martínez.
Alternative and indie 12 years
0
0
172
56:42

Disimulen #26 - Cuac FM - 29 de abril de 2013

Episode in Disimulen
Conversamos coa musicóloga Lorena López Cobas, autora de 'Historia da música en Galicia' (Ouvirmos, 2013), primeira obra destas características, global, se ben centrada na música culta, que se publica no país. Averiguamos tamén algo máis sobre Adtlántida.tv, un proxecto de creación de infraestruturas tecnolóxicas para unha radiotelevisión libre, da man de Berio Molina, un dos seus promotores. O poeta e xornalista Daniel entrega outro 'Calypso Frelimo', neste caso a medio camiño entre The Pop Group e o John Lennon revoltado de 'Some Time In New York City'. Óscar Vilariño (A Veces Ciclón), Abel Dobarro (Estrambote) e o comentarista musical Xavier Valiño cóntannos por que Acuarela foi importante para eles e recomendan algunhas cancións do catálogo histórico do selo, que cumpre este ano dúas décadas. A semana que vén completaremos o tributo cunha entrevista co seu responsábel, Jesús Llorente. Na banda sonora, ademais das mostras de música culta que acompañan o libro de Lorena López Cobas, soan Señor Chinarro, Efterklang, Los Planetas, John Lennon, Yoko Ono, Frank Zappa, The Mothers Of Invention, The Pop Group, Flow e Mus. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, que dende comezos de abril tamén se pode escoitar en diferido en RadioFilispiM. Conduce e dirixe: Iago Martínez.
Alternative and indie 12 years
0
0
181
56:40

Disimulen #25 - Cuac FM - 15 de abril de 2013

Episode in Disimulen
Conversa co poeta, tradutor, ensaísta, profesor e militante ecosocialista Jorge Riechmann (Madrid, 1962) tras o seu paso polo Consello da Cultura Galega a semana pasada para dar unha conferencia. O analista político Manuel M. Barreiro, que tamén participa na entrevista, volve con outra entrega de 'Disparando aos reloxos', desta volta sobre a hipótese republicana agora e aquí. No capítulo musical escoitamos algunhas das cancións do vinilo conmemorativo do Record Store Day en Galicia e facémoslle sitio a Manolito Portolés, vocalista de Niño y Pistola, para que explique os detalles do cuarto disco da banda, 'There's A Man With A Gun Over There' (Ernie Records, 2013). 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, que dende a semana pasada tamén se pode escoitar en diferido en RadioFilispiM. Conduce e dirixe: Iago Martínez. Soan, desta vez, Fagot y Popota, Grizzly Bear, Musel, Niño y Pistola, A Veces Ciclón e Grampoder.
Politic and economy 13 years
2
0
151
52:49

Disimulen #24 - Cuac FM - 8 de abril de 2013

Episode in Disimulen
Conversa co cineasta Ramiro Ledo (Lugo, 1981) arredor da súa nova longametraxe, 'VidaExtra', que se estrea este mes en Arxentina. Coa axuda dos críticos de cine José Manuel Sande e Martin Pawley comentamos tamén as outras presenzas galegas no Festival de Cine de Bos Aires, o Bafici: Lois Patiño e Eloy Enciso con 'Arraianos'. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, que dende esta semana tamén se pode escoitar en diferido en RadioFilispiM. Conduce e dirixe: Iago Martínez. Soan, desta vez, Efterklang, DasKapital e Malandrómeda. Emitido o 8 de abril de 2013.
Movies, TV and shows 13 years
0
0
195
57:08

Disimulen #23 - Cuac FM - 1 de abril de 2013

Episode in Disimulen
Conversa coa economista (crítica) Miren Etxezarreta, catedrática emérita da Universitat de Barcelona e unha das participantes na XXX Semana Galega de Filosofía. Escoitamos tamén a Ana Regueira, que fai parte da Aula Castelao e a organización deste foro, dedicado este ano á intersección entre filosofía e memoria. Completan o programa o parte de guerra de David Rodríguez, O Funambulista Coxo, e o cartón mensual de baile do distinguido Alonso Caxade. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Conduce e dirixe: Iago Martínez. Soan, desta vez, Fasenuova, Devendra Banhart, Bill Callahan, Koroiev, Ernesto Júlio de Nazareth e un danzón de Miguel Failde. Emitido o 1 de abril de 2013.
Politic and economy 13 years
0
0
169
57:52

Disimulen #22 - Cuac FM - 25 de marzo de 2013

Episode in Disimulen
Conversa con Yolanda Quintana e Mario Tascón, autorxs de 'Ciberactivismo' (Catarata, 2012), no segundo programa consecutivo dedicado á dimensión política da rede logo do de Margarita Padilla hai quince días. Escoitamos a Daniel Salgado por partida dupla. A súa voz nunha nova entrega de 'Calypso Frelimo' e os seus textos encarnados polo Leo no inminente novo disco de Das Kapital, 'Grecia', que estreamos no programa. A escritora Rexina Vega, por último, toma posición fronte á polémica arredor de Marta Rivera de la Cruz. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Conduce e dirixe: Iago Martínez. Soan, desta vez, Das Kapital, Ataque Escampe versionando a Das Kapital, Mogwai, Einstürzende Neubauten, SPK, Fran Zappa, Devendra Banhart e Jason Molina en forma de Songs:Ohia. Emitido o 25 de marzo de 2013.
Internet and technology 13 years
0
0
254
56:46

Disimulen #21 - Cuac FM - 11 de marzo de 2013

Episode in Disimulen
Conversa con Margarita Padilla, autora de 'El kit de la lucha en internet' (Traficantes de Sueños, 2012). Repaso á programación do Play-Doc, o festival de documentais de Tui, da man de Sara García, codirectora do encontro. No intermedio, segunda entrega de 'Disparando aos reloxos', a columna mensual de Manuel M. Barreiro. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Conduce e dirixe: Iago Martínez. Soan, desta vez, Pony Bravo, Niño y Pistola, Daughn Gibson, The Beatles e Fiona Apple. Emitido o 11 de marzo de 2013.
Internet and technology 13 years
1
0
192
56:49

Disimulen #20 - Cuac FM - 4 de marzo de 2013

Episode in Disimulen
Longa conversa con Antonio Luque a conto de 'Enhorabuena a los cuatro' (Mushroom Pillow, 2013), décimo cuarto disco de Sr. Chinarro. Paseo polo novo EP de Jane Joyd, que publica este mes Origami Records, da man de quen o asina, a coruñesa Elba Fernández. Todo música agás o pórtico, cun novo parte de guerra do Funambulista Coxo, David Rodríguez. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Conduce e dirixe: Iago Martínez. Soan, desta vez, Sr. Chinarro e Jane Joyd. O final é unha concesión á nostalxia. Emitido o 4 de marzo de 2013.
Alternative and indie 13 years
0
0
187
56:45

Disimulen #19 - Cuac FM - 25 de febreiro de 2013

Episode in Disimulen
Repaso ao primeiro aniversario de Praza Pública (www.praza.com) e á situación dos medios en lingua galega. Falamos con Manuel M. Barreiro, novo presidente do padroado da fundación editora de Praza; Marcos Pérez Pena, director do equipo xornalístico da cabeceira dixital; e Henrique Sanfiz, director de Radiofusión e presidente da Asociación de Medios en Galego. Na banda das colaboracións, regresa Alonso Caxade co seu quinto Cartón de Baile. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Conduce e dirixe: Iago Martínez. Soan, desta vez, Youth Lagoon, Young Galaxy, Yo La Tengo, Eels, Aracy de Almeida e Gene Krupa. Emitido o 25 de febreiro de 2013.
Internet and technology 13 years
0
0
218
56:53
You may also like View more
El Cine..."Desde Dentro" (Series Temáticas) "No, las películas de Hollywood jamás volverán a ser mejores de lo que ya han sido". Es lo que muchos pensamos y sobre lo que Mark Harris nos advertía en un excelente artículo escrito para la revista GQ y titulado "The Day the Movies Died". En él nos prevenía principalmente sobre un mal ya conocido, pero lo hacía de forma estimulante y reveladora, utilizando el efecto "Origen" como hilo conductor para demostrarnos que las películas ya no son concebidas como obras, sino como marcas. Productos que ya no están destinados, como siempre lo ha estado el cine comercial, a contar historias. El cine ha sido devorado por el marketing. Hollywood se ha convertido en una institución mucho más interesada en lanzar y promocionar al próximo action-hero o la nueva franquicia, que la próxima buena película. La cuestión hace tiempo que dejó de ser "si la película será buena o no" para pasar a ser si "la película puede ser vendida o no". Prueba de ello son las 27 secuelas con las que Hollywood nos obsequiaba el pasado año, batiendo así, y de forma muy preocupante, todos los records establecidos hasta la fecha. Lo se, no estoy contando nada nuevo, aunque si nos atenemos al efecto "Origen" entramos en el verdadero quiz de la cuestión, en aquello que resulta 'novedosamente' preocupante. El cine comercial está enfermo y aunque asome un posible antídoto, la industria le da la espalda limitándose a la búsqueda de un atajo que le lleve directamente al dinero. Así es, podemos escudarnos en el 3D, en la época de los Oscar o en los box-office veraniegos para afirmar que las películas están más vivas que nunca. Pero ya no son películas, son marcas, son un packaging que únicamente responde al deseo comercial y no al artístico. No estamos tan lejos de aquella época dorada de los años 70, donde películas como "Bonnie & Clyde," "Taxi Driver" o "Cowboy de Medianoche" salvaron una industria abocada al abismo, una industria que en aquel momento supo valorar las nuevas puertas que directores como De Palma, Bogdanovich o Spielberg abrieron y que más adelante propuestas como "Top Gun" cerraron de golpe porrazo, dando pie a ese modelo ramplón de action-hero que lleva ya tiempo obsoleto y del que tristemente, aún sigue viviendo Hollywood, por más que se le concediera una última oportunidad como la brindada por "Origen" que sin embargo, ninguneó. Resulta una verdadera pena que hoy día el cine comercial sea sinónimo de mala calidad. Para ir terminando merece la pena aclarar que la idea de estas palabras no es un intento de convencer a nadie de dejar de consumir cine comercial pero por lo menos que se sepa lo que se consume, el ampliar o no el cine que se mira depende de cada uno. Aqui el oyente encontrara una seleccion de realizaciones y actores que alcanzaron la originalidad y la gloria y a pesar del tiempo siguen estando en la memoria colectiva. Updated
Go to Movies, TV and shows