Entreliñas
Podcast

Entreliñas

18
49

A Xunta de Galicia pon en marcha o proxecto Entreliñas, un podcast literario destinado a dar a coñecer a actualidade literaria galega a través das bibliotecas públicas.

Trátase dun programa en formato magazine radiofónico presentado por Teresa Cuiñas e Eva Mejuto no que tratan diferentes aspectos sobre o mundo da literatura, a edición, a lectura, etc.

A Xunta de Galicia pon en marcha o proxecto Entreliñas, un podcast literario destinado a dar a coñecer a actualidade literaria galega a través das bibliotecas públicas.

Trátase dun programa en formato magazine radiofónico presentado por Teresa Cuiñas e Eva Mejuto no que tratan diferentes aspectos sobre o mundo da literatura, a edición, a lectura, etc.

18
49

Cousas de Castelao

Episode in Entreliñas
No capítulo deste mes poñemos o foco no Ano Castelao, arredor da poliédrica e inmensa figura do autor, artista e político galego. Falamos con Manuel Rei sobre a obra "Castelao, desta terra e deste tempo” e con Montse Fajardo sobre “A vida incerta”, a biografía de Virxinia Pereira Renda. Achegámonos ao Museo de Pontevedra, onde están conservados os fondos e a obra do autor, para escoitar a súa directora Ángeles Tilve. Quixemos saber máis sobre a exposición “Castelao. Mirar por Galicia”, unha experiencia de arte dixital que está na Cidade da Cultura e preguntámoslle aos comisarios Miguel Anxo Seixas e Carlos Seijo. E no apartado de clubs de lectura, Nee Barros achéganos a actividade lectora de Avante LGBT Pontevedra. Escoitamos o único rexistro da voz de Castelao, grazas ao Arquivo sonoro de Galicia, do Concello da Cultura Galega e enfiamos os contidos coas músicas “Irmao Daniel” da Quenlla, “Lela” de Carlos Núñez na voz de Dulce Pontes e a versión orixinal da Rianxeira. Fixemos este podcast Luz Pérez Costas e Eva Mejuto nos micros, Denis Losada na técnica e Belén Freijeiro na produción.
Art and literature 10 months
0
0
923
53:36

Axudádeme a cantar

Episode in Entreliñas
Esta capítulo do mes de maio está dedicado integramente á música tradicional, ás nosas cantareiras, homenaxeadas no Día das Letras Galegas. Recollemos recomendacións lectoras arredor do patrimonio oral musical e entrevistamos a Montse Rivera, fundadora do senlleiro grupo Leilía que, con Felisa Segade, están a desenvolver o espectáculo “Axudádeme a cantar” para público mozo, vinculado á obra de Marcos Calveiro “Agora que vén a noite”, editado por Galaxia. Falamos tamén coa cantareira Maite Casás, que botou para nós dúas pezas ao ar. No apartado de bibliotecas, falamos coa responsable da Biblioteca de Rianxo, Sofía Carou e con Xosé Luis Dopico, da biblioteca do CEIP Brea Segade de Rianxo. Enfía o capítulo a música de Leilía e fondo musical da Biblioteca de Rianxo e do cancioneiro tradicional elaborado pola comunidade educativo do CEIP Brea Segade. Entre coplas e libros fixemos este podcast Luz Pérez e Eva Mejuto nos micros, Denis Losada na técnica e Belén Freijeiro na produción. O podcast Entreliñas é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
Art and literature 1 year
0
0
191
57:36

Libros para quererse ben

Episode in Entreliñas
Nesta terceira xeira do podcast incorporamos a voz de Luz Pérez Costas ao equipo de Entreliñas. Entrevistamos a Fina Casalderrey e falamos sobre o conxunto da súa obra e das súas recentes candidaturas aos premios Hans Christian Andersen e Astrid Lindgren. Asistimos ao renacer da revista Criaturas de Literatura Infantil e Xuvenil, da man de Daniel Landesa, Miguel Vázquez Freire e Tensi Gesteira. Ledicia Costas falounos de “Feriópolis”, a obra coa que vén de ganar o Premio Barco de Vapor. E acompañamos a Remedios Cid na nova ruta por Ourense Occidental da biblioteca móbil da Xunta de Galicia, a Furgoteca. Todos estes contidos enfiados coa voz e a música de faia, co seu último traballo: “Alvela”; os temas que nos acompañan son “Toutón”, “Dona Alvela” e “E se queres”. E unha lembranza moi especial para o noso querido Marcos López, impulsor deste podcast, coa súa canción preferida de Mondra: “Quererse ben”. E queréndonos ben, entre libros, fixemos este podcast Eva Mejuto e Luz Pérez Costas aos micros, Denís Losada na técnica e Belén G Freijeiro na producción.
Art and literature 1 year
0
0
149
47:06

O oficio de editar

Episode in Entreliñas
Romanticismo, compromiso e profesionalización son vectores que atravesan a historia da edición en galego ata os nosos días, en que a carón das empresas xeralistas que logran manterse xorden pequenos selos especializados. Neste capítulo de Entreliñas, falamos do oficio de editar con Fran Alonso, director de Xerais, e con Vanesa Rodríguez, responsable de Néspera Editora. Tamén festexamos o centenario do Seminario de Estudos Galegos cunha exposición sobre o papel das mulleres nesta institución, cunha conversa coa súa comisaria Carina Fernández Faya. E pasamos as páxinas destas conversas entreliñadas coas pezas musicais: “Aire”, “Maneo de Cambre” e “Buchimitsa”, de Caamaño e Ameixeiras. Este capítulo fixémolo Belén García Freijeiro na produción, Marcos López, Teresa Cuíñas e Eva Mejuto na redación e Denís Losada na técnica.
Art and literature 2 years
0
0
104
47:13

Negra e criminal

Episode in Entreliñas
Neste capítulo facemos un percorrido pola historia da novela negra e policíaca galega Falamos cos escritores Pedro Feijoo e Sara Vila e axexamos nas lecturas do Club de Lectura de Novela Negra da Biblioteca de Ourense, interrogando a Rosa Díaz Naya e a Julia Amalia Rodríguez. As pezas musicais que nos acompañan son “Ruando”, “Saco de pulgas” e “Aghrúuu” do artista, cantareiro e bailador Mondra. E os culpables desta negra e criminal achega somos Belén García Freijeiro na produción, Marcos López, Teresa Cuíñas e Eva Mejuto na redacción e Denís Losada na técnica.
Art and literature 2 years
0
0
91
44:55

Ninguén morreu de ler poesía

Episode in Entreliñas
Para este novo episodio de Entreliñas pedímoslles prestado o título deste programa ao primeiro libro conxunto de Lucía Aldao e María Lado (Edicións Xerais de Galicia), e algunhas das cancións do dúo. Nel coñeceremos o proxecto “12 meses, 12 libros” do grupo de Bibliotecas Municipais José Saramago de Santiago de Compostela da man de Cecilia Valiño Cid, o poeta e editor Antón Lopo fálanos da editora Chan da Pólvora, especializada en versos, e conversamos coa escritora Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía en 2023 por Materia. Tamén contamos co acompañamento poético musical de Lontreira. Entreliñas somos Belén García Freijeiro na produción, Marcos López, Teresa Cuíñas e Eva Mejuto na redacción e Denís Losada na técnica e queremos demostrar que, efectivamente, ninguén morreu de ler poesía. É máis, mesmo cumpriría inxerila por prescrición médica.
Art and literature 2 years
0
0
84
52:55

Máis música, por favor!

Episode in Entreliñas
Percorremos, neste capítulo de Entreliñas, os sucos da literatura e da música da man dun bo coñecedor deste mundo compartido, o escritor Lois Pérez; falamos coa acordeonista Sonsoles Penadique sobre Os camiños de Dorothé, un libro disco para público familiar inspirado no cancioneiro recompilado pola musicóloga suíza Dorothé Shubart e visitamos a mostra sobre A historia das orquestras de Galicia na Cidade da Cultura, da man dos seus comisarios Zósimo López e Henrique Neira. E todos estes contidos, enfiados coa música de Grande Amore, Ortiga e Pili Pampín, Guadi Galego e os proxectos literario-musicais: “Os camiños de Dorothe” de Sonsoles Penadique, e “Ultraluz”, de Ledicia Costas e Amaro Ferreiro. Entreliñas somos Belén García Freijeiro na produción, Marcos López, Teresa Cuíñas e Eva Mejuto na redacción e Denís Losada na técnica. Máis música, por favor!
Art and literature 2 years
0
0
60
50:32

Viñetas na biblioteca

Episode in Entreliñas
Dedicamos este décimo primeiro capítulo de Entreliñas á banda deseñada e para afondar no mundo do cómic galego convidamos a Miguelanxo Prado, Paula Cheshire e Kiko Dasilva. Tamén falamos de bibliotecas itinerantes con Paula Buján, bibliotecaria de montaña da Furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia. A música que fía este percorrido polo mundo das viñetas é de Baiuca. Entreliñas somos Belén García Freijeiro na produción, Marcos López e Eva Mejuto na redacción e Denís Losada na técnica.
Art and literature 2 years
0
0
91
59:42

Vivir do conto

Episode in Entreliñas
Este capítulo de Entreliñas ten como foco a memoria dos contos e a narración oral. Durante séculos os contos foron a primeira e a única escola, o lugar de encontro e acubillo das persoas que, arredor da lareira, espantaban o medo. E da historia e da actualidade da narración oral galega falamos con Paula Carballeira, Soledad Felloza e Caxoto, tres contadores senlleiros que percorren o país enchendo de historias as prazas, as aulas e os teatros. A música que nos acompaña é “Morra o conto” e “Pepa”, da Banda da Loba e as Tanxugueiras. Entreliñas somos Belén García Freijeiro na produción, Marcos López e Eva Mejuto na redacción e Denís Losada na técnica.
Art and literature 2 years
0
0
45
41:04

A nosa historia

Episode in Entreliñas
Nesta achega de Entreliñas falamos da nosa historia e das nosas letras. Entrevistamos a Ofelia Rey Castelao, galardoada no 2022 co Premio Nacional de Historia de España pola súa obra “El vuelo corto: mujeres y migraciones en la edad moderna”. Falamos con Malores Villanueva sobre Francisco Fernández del Riego e Marilar Aleixandre, como arquiveira bibliotecaria da Real Academia Galega, achéganos a historia e algunhas singularidades desta institución. A música que acompaña esta singradura entreliñada vén da voz de Najla Shame e Uxía con “Na lingua que eu falo” e de Adhara e Ritman coa canción e con “Cantarte hei Galicia”. Entreliñas somos Belén García Freijeiro na produción, Marcos López e Eva Mejuto na redacción e Denís Losada na técnica.
Art and literature 2 years
0
0
46
50:35

Onde a lectura acontece

Episode in Entreliñas
Nesta segunda temporada de Entreliñas, a lectura é a protagonista e falamos de lugares e iniciativas onde a lectura acontece. Falamos con Celia Santamariña, de 6º de Primaria e Breixo Iglesias, de 5º, do club de lectura Arealonga do CEIP de Laredo, Chapela (Redondela). Carlos Martínez explícanos que é a biblioterapia e como funciona o club de lectura da asociación Itínera, unha iniciativa para acompañar persoas con doenzas mentais ou trastornos emocionais. Montse Pena achéganos o seu manifesto pola lectura e con Cristina Rubal, subdirectora das Bibliotecas e do Libro, afondaremos nas bibliotecas itinerantes do proxecto senlleiro da Xunta de Galicia: a Furgoteca. Pecha o programa Noelia Bascuas, a xefa do servizo da Biblioteca de Galicia coa exposición bibliográfica “Maria Antonia Dans, a maxia da cor”. O fío musical que percorre as páxinas deste capítulo é a canción “Coidar dunhas colmeas” do grupo Néboa. Entreliñas somos Belén García Freijeiro na produción, Marcos López e Eva Mejuto na redacción e Denís Losada na técnica.
Art and literature 2 years
0
0
42
40:57

Literatura de premio

Episode in Entreliñas
Este capítulo de Entreliñas ten premio, que é o tempo e as palabras coas que nos agasallaron Marilar Aleixandre, para falar do Premio Nacional de Literatura obtido pola obra 'As malas mulleres' (editada por Galaxia) e Ismael Ramos, para conversar sobre o Premio Nacional de Poesía Xove que recibiu polo seu poemario 'Lixeiro' (editado por Xerais). Tamén debullamos, coas súas impulsoras, o proxecto 'Bibliofogar' da Biblioteca Pública Municipal Luis Seoane de Soutomaior, unha iniciativa que recibiu o premio á Innovación Bibliotecaria na categoría de municipios de ata 10.000 habitantes. E todo isto enfiado coa música dun dos grupos revelación da música galega actual, As fillas de Casandra, que veñen batendo forte co seu primeiro disco: 'Acrópole'. Pedímoslles prestadas as cancións 'Lisístrata' e 'Antígona' para esta achega entreliñada. O capítulo foi guiado por Teresa Cuiñas e Eva Mejuto con Denís Losada ao cargo da técnica e do son.
Art and literature 3 years
0
1
226
56:05

Mulleres e ciencia

Episode in Entreliñas
Os camiños en que se cruzan a ciencia e a literatura constitúen o itinerario do sexto episodio de Entreliñas. Entre figuras literarias e neuronas, conversamos coa poeta Estíbaliz Espinosa e coa xornalista e escritora María Solar e recomendamos a lectura do álbum ilustrado da científica Luisa Martínez, Que teñen que ver as vacas co cambio climático? Tamén visitaremos a Biblioteca Juan Compañel de Vigo para falarmos coa técnica Cristina García Parga e atenderemos ás recomendacións lectoras de Carlos Coira, da libraría Trama de Lugo.
Art and literature 3 years
0
0
377
51:28

O paraíso era unha biblioteca

Episode in Entreliñas
O capítulo 5 de Entreliñas é unha festa dobre. Celebramos o día das escritoras coa lectura de pasaxes da novela de Begoña Caamaño, Morgana en Esmelle, que fai unha década neste 2022, e cunha entrevista a unha das autoras contemporáneas máis salientables, Ledicia Costas; e para conmemorar tamén o día das bibliotecas, falamos coa directora da Biblioteca de Lugo, Sabela Pérez Fórneas. As recomendacións literarias da xornalista Tensi Gesteira, do blog Lecturafilia, e da booktuber Irene Pérez, da conta Surfeando libros. A banda sonora é da autoría da poeta e música Rosalía Fernández Rial, do seu poemario e disco Desnortada.
Art and literature 3 years
0
0
116
38:17

Moito conto!

Episode in Entreliñas
Na cuarta achega de “Entreliñas” falamos de literatura infantil e xuvenil (LIX). A especialista Montse Pena Presas debulla os contidos da exposición “Cen anos de literatura infantil e xuvenil en galego: unha árbore de historias” que estará na Biblioteca de Galicia ata o vindeiro maio de 2023. A bibliotecaria e contacontos Cris de Caldas fala do importante que segue a ser na actualidade a narración oral para os nenos e as nenas. Na biblioteca Ánxel Casal de Santiago descubrimos os hábitos lectores do público infantil e xuvenil da man do seu director, Jesús Torres. Alba Blanco ábrenos as portas e as fiestras da librería Seijas, especializada en LIX e álbum ilustrado e celebramos o Día da Tradución con Ana Luna, docente, investigadora e vogal de GÁLIX (Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil) Marcos López achéganos fragmentos do último premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, “Un elefante na sala de estar”, de Berta Dávila (Xerais), Bea Gregores le para nós un fragmento da súa obra “As mulleres que cultivaban néboas” (Xerais) e a xornalista Chus Gómez Dorrego recomenda que leamos “A viaxe de Gagarin”, de Agustín Fernández Paz. A compañía musical vén da man (e a voz) de Magín Blanco, coas cancións “Cores” e “Corazón”. E de corazón agradecemos que nos escoitedes, sempre, entreliñas!
Art and literature 3 years
0
0
235
52:31

Puro teatro

Episode in Entreliñas
Neste terceiro episodio dedicado ás artes escénicas conversamos cunha das persoas que mellor coñece as medidas dos escenarios do país, como é o dramaturgo e director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Roberto Pascual, a propósito da súa obra premiada Sophie non é o meu nome de guerra. Tamén facemos parada especial no centenario da actriz María Casares da man dunha da súa primeira biógrafa, Arancha Estévez, quen tamén comisaria para a Xunta de Galicia a exposición itinerante 100% María Casares, o teatro é o refuxio. Na Coruña, cidade natal de Casares, paseamos coa técnica Rosa Michelena pola mostra María Casares: residente privilexiada coa que a Biblioteca Pública Miguel González Garcés se suma á efeméride. Coa voz de Marcos López repasamos textos recentes de Esther Carrodeguas e de AveLina Pérez e contamos coas recomendacións de Susana Sánchez Aríns e de Lorena Conde. De palco a palco, soan na nosa banda sonora varios cortes do disco Erosión (2022) de Chicharrón, grupo procedente de Carballo, unha das nosas vilas teatreiras por excelencia, como Cangas, Ribadavia e Vilanova de Arousa. Que comece a función!
Art and literature 3 years
1
0
112
52:29

Lecturas orgullosas

Episode in Entreliñas
Nesta segunda achega temos un programa ben colorido, con libros e iniciativas que tratan a realidade LGBT+. Falamos con Daniela Ferrández, autora do ensaio 'A morte dos sexos: disidencias sexuais na Galiza contemporánea', publicado por Xerais, e entrevistamos a Nee Barros para falarmos da súa obra 'Identidade', publicada por Galaxia, e da canle de Youtube 'Neeumatiko'. Visitamos a Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra, acompañadas da súa directora, Alejandra Mosquera, que nos amosou o centro de interese en obras LGBT que teñen ben visible no corredor. E falando de visibilidade, achegámonos ata a Coruña, para coñecer 'Queeruña', o primeiro club de lectura LGBT de Galicia, unha iniciativa da rede de Bibliotecas Públicas Municipais da cidade. Foi Diego Maseda, o seu coordinador, quen nos falou dela. Non faltou tampouco a música e a poesía, desta vez composta e interpretada por María Lado e Lucía Aldao, do seu álbum 'Casa'. Del tomamos prestada a canción 'Por que non hai flores?', unha fermosísima homenaxe a Elisa e Marcela. Marcos López adentrouse nun 'Campo de Plumas', publicado por Sushi Books para amosarnos un poema de Cavafis.Para pechar o capítulo, pedímoslle a Ismael Ramos que nos lese o artigo 'E mentres tanto, dame a man', co que vén de gañar o V Premio Lueiro Rei de Xornalismo. Todo un orgullo de programa!
Art and literature 3 years
1
0
170
46:14

Premios Follas Novas e Letras Galegas 2022

Episode in Entreliñas
Neste 'capítulo piloto' temos no foco os Premios Follas Novas, con dúas entrevistas: as editoras de Apiario, Antía Otero e Dores Tembrás, gañadoras do Premio ao Libro Mellor Editado coa obra 'O que fica fóra', de Manuel Rivas, e o director artístico e editorial da Central Folque, Ramón Pinheiro Almuinha, que recibiu o galardón á mellor iniciativa bibliográfica pola colección 'Chave mestra'. Os premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), co apoio de varias institucións entre as que está a Xunta de Galicia. Achegámonos ao mundo das bibliotecas da man e a voz de directora da Biblioteca Pública Nós de Ourense, Rosa María Díaz Naya. Incluímos, así mesmo, dúas homenaxes sonoras na voz de Marcos López: a Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado no día das letras galegas, e a Domingo Villar, autor destacado da narrativa galega e recentemente falecido. O acompañamento musical é a canción 'Carballesa', unha produción da Central Folque incluída no volume EMPA#01, resultado do Curso Maxistral que Central Folque organiza na Escola de Música Popular e Avanzada. O alunado gravou o tema baixo a dirección e arranxos dos mestres: Alejandro Vargas, Pablo Pérez Sanmamed e Javier María López.
Art and literature 4 years
1
0
170
47:53
You may also like View more
NALINGUA, lecturas dun neofalante Ola, son Sergio Pascual, xornalista, BLA, BLA, BLA... O que pode que che interese máis é que son de VALLADOLID. Si. E gústame o GALEGO. Un neofalante. A miña idea é dar un paseo sonoro por grandes obras da literatura galega (A Esmorga, Anagnórise, Memorias dun neno labrego, etc.), desde unha ollada amena, relaxada e actual. Ollo! Neste podcast escoitarás pronomes mal colocados, problemas na pronuncia do n velar e máis. Xa sabes, cousas da meseta...! Un proxecto de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Updated
Un Libro Una Hora Aprende a leer, aprende de literatura escuchando. Un programa para contar un libro en una hora. Grandes clásicos de la literatura que te entran por el oído. Dirigido por Antonio Martínez Asensio, crítico literario, productor, escritor y guionista. En directo los domingos a las 05:00 y a cualquier hora si te suscribes. En Podimo, ¿Y ahora qué leo? nuestro spin off con los imprescindibles de la temporada https://go.podimo.com/es/ahoraqueleo Updated
Grandes Infelices "GRANDES INFELICES. Luces y sombras de grandes novelistas" es un podcast literario de Blackie Books presentado y dirigido por el escritor Javier Peña (autor de los libros “Agnes” e “Infelices”).Javier Peña repasará capítulo a capítulo la vida y obra de destacados escritores y escritoras, que a veces tuvieron vida de novela, pero no siempre de las felices. Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information. Updated
Go to Art and literature