¡ÚLTIMAS HORAS! Disfruta todo 1 año de Premium al 45% de dto ¡LO QUIERO!

Podcast
Eventos
83
50
Os eventos de Ourense: Marchas, concertos, charlas y mais...
Gravados por Radio Liverdade.
Os eventos de Ourense: Marchas, concertos, charlas y mais...
Gravados por Radio Liverdade.
Laicismo: unha porta á liberdade
Episode in
Eventos
Non vos deron arrepíos? Escoitar todas esas invencións, prohibicións e persecucións que leva feito século tras século a igrexa. Esa culpabilidade cando amamos diferente, eses remordementos cando nos masturbabamos de nenas, esa xenreira cando nos roubaban os segredos no confesionario... Nós rebelámosnos e apostatamos. E non fixemos un programa de radio xornalístico nin imparcial, non, fixemos unha análise das actitudes da santa, din, sede e unha apoloxía da apostasía. Para iso temos con nós ás ateas e ateos confesos, Cristina Asenjo, do sindicato de educación STEG, ao avogado Alfonso Pazos, a Karina Mouriño de Europa Laica, a Manuel Precedo, que sabe ben de como apostatar e do Fecal, e a Carmen Sueiro, activistas feminista e laica.
Alba Pazos e Emilio Tilve aos micros, na mesa de son está Uxía Buciños e graciñas tamén a Martiño polas fotos e ao Pueblo por acollernos!
01:45:39
25N: Feminismos para vivir
Episode in
Eventos
O feminismo ourensán, o feminismo galego, botouse á rúa un ano máis para denunciar as violencias machistas. Violencias que nos ridiculizan, que nos acosan, que nos agreden, que nos violan, que nos asasinan. Porque o machismo violenta as nosas vidas e ataca á nosa liberdade como persoas. Vivimos un estado de excepción de terrorismo machista no que, dende que hai cifras oficiais, o ano 2003, contabilízanse 1.028 feminicidios. Mulleres asasinadas por homes en todo o estado. 62 en Galiza desde 2010, 6 mulleres asasinadas este ano no noso país e co asasinato de Sara, de 26 anos en Tenerife, o día contra as violencias contra as mulleres, 52 é a cifra oficial en España, pero o colectivo Feminicidio.net eleva o número de feminicidios e asasinatos a 94. Pero ademais, dos asasinatos, inadmisibles, a violencia patriarcal maniféstase de múltiples maneiras distintas. Na rúa, no traballo, no ámbito doméstico e tamén nas propias institucións.
Disto é do nos falaron nosas convidadas no Café Cultural el Pueblo. Están as nosas institucións concienciadas do grave problema do machismo? Podemos falar de institucións despatriarcalizadas? Os concellos, a universidade, a propia xudicatura, están a emprender a transición feminista ou estanse a dar pasos cara atrás?
01:45:01
As do 8: Maternidades subversivas
Episode in
Eventos
Dentro das actividades de As do 8, o 11 de outubro celebrouse unha xuntanza de mulleres para debater sobre as maternidades no Café Cultural El Pueblo. Nais, e non nais, opinan sobre as súas experiencias persoais e as súas opinións sobre o que arrodea a maternidade, de como a trata a sociedade e poñen o acento nas cousas que hai que mudar.
02:07:11
Emerxencia climática: Unha perspectiva local
Episode in
Eventos
Estamos a vivir en Ourense, Galiza e no mundo enteiro unha serie de movilizacións masivas, sobre todo no ámbito do estudantado enmarcadas na loita contra a emerxencia climática. É por a isto que a Radio Liverdade sae unha vez máis ao encontro para tomar o pulso desta loita falando coas súas protagonistas. Abrimos os micros, desta volta no Café Cultural El Pueblo de Ourense para ter unha diagnose de primeira man da situación presente e futura do país en relación ás mudanzas causadas polo quecemento global.
01:56:58
Fala a Cultura
Episode in
Eventos
Radio Liverdade sae unha vez máis á rúa, onde máis nos gusta estar, para falar dun dos temas máis candentes do Ourense actual, a Cultura. Convidamos a persoas de procedencias moi variadas e relacionadas con este eido para que nos conten de primeira man cal é a situación real e cales son as súas visións con respecto a algo que nos afecta a todas as ourensás.
02:03:11
As do oito - En todas partes
Episode in
Eventos
Dentro das actividades de As do oito cada 8 de mes, este setembro celebrouse un faladoiro no Liceo de Ourense con seis mulleres que desenvolven a súa actividade profesional en entornos masculinizados.
Nesta actividade, moderada por Nate Borrajo, participaron María Prado, conductora de autobuses en Autocares Rogelio, María José Estévez, xerente de Prosoda, empresa de montaxe de espectáculos, Raquel Huete, baixista, cantante e tubista, Iria de Dios, investigadora da ciencia cognitiva e da linguaxe, Marta Rodríguez, xogadora de fútbol sala no Ourense Envialia e Liliana Rodríguez, mecánica.
01:17:41
FIB 2019
Episode in
Eventos
Un ano máis remata o veráEarte, despois de moitas actividades pechamos coa mellor festa do ano, o Festival Intercultural do Barbaña! Unha vez feitas todas as actividades dos colectivos de EsCuA, disfrazámonos e gozamos da música e da sátira, todas xuntas, na praza de San Marcial.
Nesta edición participaron:
A fadista libertaria - Esa nena
As Damnificadas - O hemiciclo
As Nitroglicerinas - As rúas son nosas
Josemanu - Eu x ti, ti x min
Rectángulo de Amor Bizarro - Piso en Viacambre (1º Premio)
As Femilistas - Volve Sofía
Xácome Valtar e as Psicópatas do Barbaña - Xacomuiñeira de Valtar
Los Manolos - O bastón (2º Premio)
PPeretas - Xuntas por Xinzo
Ukelerria - Una llave llamada libertad
Fatty Daddy Panky - Despachito
Os Riquilerchos - Onde van os Calis?
The Longhands - Dale al merengue
Nubes baixo ti - Chuvias torrenciais
Manette - Pincho vegetal (Xurado popular)
Ramona a dos pelos na cona - Graciñas por vir
02:16:54
Comunicado - Querémos-te na casa, Miguel
Episode in
Eventos
Lectura do comunicado de ESCUA sobre a detención de Miguel.
Querémos-te na casa, Miguel
Recentemente os movimentos sociais de Ourense vivimos outro episódio de repressom, esta vez nom se trata de multas nem de confrontos mediáticos, esta vez temos a um dos nossos na cadeia.
O Miguel está desde o domingo 16 de Junho em Soto del Real, separado da sua família, das suas vizinhas, das suas amizades e do seu povo.
É um preso independentista galego detido por orde da “Audiencia Nacional” e em prisom preventiva sem fiança junto a outros três independentistas, acusados polos médios de intoxicaçom servís ao regime como umha pessoa perigosa colaboradora de banda armada sem a mínima presunçom de inocência.
Miguel é um dos bos e generosos, um dos que aporta, dos que une, dos que suma, um dos que estaria participando e organizando atividades para o veranearte. Dos que nom se calam perante as injustiças, dos que procuram um mundo melhor.
Nestes tempos de recortes de liberdades e auge dos fascismos, desde EsCuA e o Veranearte queremos amosar o nosso apoio e solidarizar-nos co Miguel. Juntas somos imparaveis, queremos-te na casa!
01:16
Radio na Rúa - Antía Balvís e Carlos da Aira
Episode in
Eventos
As poetas Antía Balvís e Carlos da Aira regaláronos un breve recital durante o programa de presentación das actividades do veránEarte 2019, Radio na Rúa.
03:23
Radio na Rúa - Ricardo Coronel - Garufa
Episode in
Eventos
Ricardo Coronel fíxonos este agasallo, cantou en directo Garufa no programa de presentación do veránEarte 2019, Radio na Rúa.
02:27
Radio na Rúa #VEA19
Episode in
Eventos
Programa para presentar as actividades do veránEarte 2019. Polos nosos micros pasaron moitos dos colectivos para explicárnolas, dende concertos até roteiros, todo xullo e agosto, en Ourense, con programación cultural ao xeito de ESCUA. Autoxestión e participación, dende abaixo.
01:44:44
Reina Loba
Episode in
Eventos
Este verán estivemos no Festival Reina Loba falando coas asistentes e organizadoras do Espazo Matrioska! Gravamos os concertos (aínda que non podemos ofrecervos todos debido a uns problemiñas que tivemos de gravación no escenario principal).
Agardamos que vos guste!
02:00:19
Entrevistas FIB 2018
Episode in
Eventos
A nosa compañeira Mar estivo entre bambalinas entrevistando a varias participantes e organizadoras do Festival Intercultural do Barbaña 2018.
Ademais de escoitar o FIB completo podédesvos achegar a este peche final do veránEarte dun xeito máis intimo e descubrir as sensacións dos grupos dende dentro.
29:15
FIB 2018
Episode in
Eventos
Festibal Intercultural do Barbaña 2018 completo.
Remata o veránEarte e como todos os anos, faino con festa. O Festival Intercultural do Barbaña é o remate da programación cultural destes dous meses de verán nos que os colectivos de EsCuA non pararon. E un ano máis queremos partillar con todas vós esta festa.
Damniperigos - Arboricidio
Ukelerria - A paus
As Femilistas - Todo quisqui é feminista (2º Premio)
PPeretas - Suavemente Mul-ta-me
Los Taraos - La ventanita
Nubes Baixo Ti - Denunciei (Xurado popular)
Rata de dos patas - Belén Oh
Rachid El Rafah e as Eskacharéns - In & Out
Hipoconcello de Pontecanedo - Hai un cacique en min
Manette - Por qué te vas? (1º Premio)
Kondiós - Amigos de lo ajeno
02:06:21
Paseo das Letras #VeA18
Episode in
Eventos
O #PaseoDasLetras foi unha actividade dentro do #veránEarte2018 no que oito poetisas locais recitaron as súas obras en diferentes espazos do casco vello de Ourense. Neste paseo puidemos percorrer con elas as localizacións máis senlleiras da nosa vila.
51:28
Radio na Rúa - veránEarte 2018
Episode in
Eventos
Este ano voltamos a sacar os nosos trebellos á rúa para presentar as actividades do veránEarte de 2018. De novo tamén nas escaleiras do Museo Arqueolóxico, na praza Maior, estivemos falando coas organizadoras das diferentes propostas que as asociacións de EsCuA teñen para a programación cultural de verán.
01:35:08
Entrevista Carlos da Aira - Letras galegas - Revista Orballo
Episode in
Eventos
Xente que traballa pola cultura e as letras en Ourense hai abondo, aínda que ás veces poida non parecelo. Grazas, Revista Orballo, Radio Liverdade e O'Renque, polo activismo.
Toda unha tarde de cultura; radio con debates interesantes, música e poesía para homenaxear a María Victoria Moreno neste Día das Letras Galegas 2018.
Grande achega poética de Antía Balvís Moreiras, Manuel J Maside, Noa Moreira, Natalia Umpiérrez Suárez e Raquel (versos e música). Grazas tamén Antía Alberte Maneiro, La chica de la pisa!
31:31
Faladoiro - Letras Galegas - Revista Orballo
Episode in
Eventos
Xente que traballa pola cultura e as letras en Ourense hai abondo, aínda que ás veces poida non parecelo. Grazas, Revista Orballo, Radio Liverdade e O'Renque, polo activismo.
Toda unha tarde de cultura; radio con debates interesantes, música e poesía para homenaxear a María Victoria Moreno neste Día das Letras Galegas 2018.
Grande achega poética de Antía Balvís Moreiras, Manuel J Maside, Noa Moreira, Natalia Umpiérrez Suárez e Raquel (versos e música). Grazas tamén Antía Alberte Maneiro, La chica de la pisa!
01:34:41
Recital de Poesía - Letras galegas - Revista Orballo
Episode in
Eventos
Xente que traballa pola cultura e as letras en Ourense hai abondo, aínda que ás veces poida non parecelo. Grazas, Revista Orballo, Radio Liverdade e O'Renque, polo activismo.
Toda unha tarde de cultura; radio con debates interesantes, música e poesía para homenaxear a María Victoria Moreno neste Día das Letras Galegas 2018.
Grande achega poética de Antía Balvís Moreiras, Manuel J Maside, Noa Moreira, Natalia Umpiérrez Suárez e Raquel (versos e música). Grazas tamén Antía Alberte Maneiro, La chica de la pisa!
01:45:51
#porquemepeta 2018
Episode in
Eventos
Este ano no Día das Letras Galegas naceu unha nova celebración, unha homenaxe a tódalas crianzas que falan galego, que farán que a nosa lingua dogs viva. No momento en que vemos como o galego está cada día máis asediado pola inmersión castelá da nosa sociedade, dos medios e das institucións, aparece unha iniciativa que pretende axudar a que a nosa fala teña un futuro e non se converta nunha cousa do pasado.
31:25
More of Radio Liverdade View more
Lecturas
A sección literaria de Radio Liverdade.
Aquí compartimos diversas lecturas de poesías, lendas, fragmentos de libros e outras cousas. Updated
Chamullando tango; A memoria
No 24 de marzo, aniversario do golpe de Estado militar de 1976 na Arxentina, Chamullando tango fai memoria daqueles días e dos que viñeron despoís. Ricardo Coronel, que viviu en primeira persoa as consecuencias do golpe, comenta, con tangos e cancións, como cambiou a vida das xentes, a resistencia e as vítimas. Unha homenaxe e un exercicio de memoria histórica moi acaído nunha actualidade na que as dictaduras volven asomar as botas que aplastan ó pobo. Updated
Creator' lists View more
As MiL e UmHa MortEs
7
3
You may also like View more
Soa o Silencio
Soa o silencio é unha ventá aberta á cidadanía, onde tentaremos achegarvos temas que vos interesen, realidades incómodas, asulagadas. Para iso contaremos, en cada programa, cun espazo de entrevistas e conversas para que sexan os que saben de cada asunto os que boten luz a temas escuros. E tamén faremos soar as voces da rúa, esas críticas tantas veces silenciadas.
En cada programa ademais dos temas sociais, achegarémonos á cultura a través da música e da lectura. Ensaios novelas, teatro, poesía… Para que vaiades petiscando. Tamén contaremos con algunha sección que por agora, deixamos que sexan sorpresa.
Estamos gravando no local da Asociación Cultural A Galleira, en Ourense. Pero seremos un programa itinerante achegándonos a distintos lugares da cidade para escoitar como soa o silencio.
https://radioliverdade.wordpress.com/programas/soa-o-silencio/ Updated
Anarchism and Other Essays by Emma Goldman
Chicago, May 4, 1886. In the Haymarket region of the city, a peaceful Labor Day demonstration suddenly turns into a riot. The police intervene to maintain peace, but they soon use violence to quell the mob and a bomb is thrown, resulting in death and injuries to scores of people. In the widely publicized trial that followed, eight anarchists were condemned to death or life imprisonment, convicted of conspiracy, though none of them had actually thrown the bomb.
A young Russian immigrant, Emma Goldman, had arrived just the previous year in the United States. She was deeply affected by what came to be known as the Haymarket Affair. She took on various jobs, including that of a factory worker before becoming a writer and lecturer committed to anarchist philosophy. In the years to follow, she and her lover planned to assassinate a well known financier and industrialist. Though the victim survived, Goldman's lover was sentenced to life imprisonment while she received a lesser sentence.
However, she continued to spend time in and out of jail for various activities including distribution of literature regarding birth control, inducing people not to join the newly introduced military draft etc. She was deported back to Russia but found the regime there highly repressive and lived in Canada, England and France. She wrote passionately about issues that concerned humanity including prisons, religion, marriage, free love, the right of choice, capitalism, homosexuality, gender politics and militarism.
Anarchism and Other Essays was first published by her own publishing house, Mother Earth. It opens with an introduction by Hippolyte Havel, a Czech anarchist who lived in Greenwich Village in New York. He was a great friend of the playwright, Eugene O'Neill, who based some of the characters in his plays on Havel. Havel provides a detailed biography of Emma Goldman and ends with a stirring call to emancipate humanity. Emma Goldman's preface describes her own journey and motives.
Twelve chapters delineate Goldman's philosophy and ideas. They include thoughts on Minorities versus Majorities, Prisons: A Social Crime and Failure, The Hypocrisy of Puritanism, Marriage and Love, The Tragedy of Women's Emancipation and several more. Living in an age marked by the rise of unbridled capitalism, self righteousness, imperialism and greed, in these essays she writes simply, passionately, earnestly and penetratingly about ideas and ideals and how individuals are constantly in conflict with society.
Goldman wrote ceaselessly; her works include pamphlets, essays, books and tracts. As an interesting and radical viewpoint, Anarchism and Other Essays is a thought provoking read which was also strangely prophetic about the future of politics to come. Updated
Carne Cruda - PROGRAMAS
Todos los programas completos de la República Independiente de la Radio. Escúchalos en carnecruda.es y haz posible este programa en https://carnecruda.es/hazte_productor/ Updated


























