Fan Fan en VINTE
Podcast

Fan Fan en VINTE

4
49

FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan na música e as cousas que fai aparecer: novas obras, comunidades organizadas e emocións intensas.

FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan na música e as cousas que fai aparecer: novas obras, comunidades organizadas e emocións intensas.

4
49

FAN FAN: Peregrinando (parte 2)

FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan. Este episodio continúa o anterior e segue indagando sobre as peregrinacións motivadas polo fandom, pero desta volta lonxe dos cemiterios. Máis ben, exploramos o impulso de petarlle na porta ás persoas que admiramos, e o de ver os lugares polos que pasaron para entender a súa perspectiva: a viaxe lévanos así por Londres, Nova York ou Washington, pero tamén máis preto da casa a ver Quins, Ourense ou Pontevedra. Falamos (entre outra xente) de Mac de Marco, Emilio José, Cuchillo de Fuego, Fugazi ou Ramón Otero Pedrayo. Interveñen Juan Esturao, Martiño Suárez e Adrián Estévez, e soan, ademais dos citados, Television Personalities, St. Etienne, os Ramones, Columna Vegana, Cecilia, A charanga do Cuco de Velle e George Harrison.
Travel and places 5 years
0
0
292
40:19

FAN FAN: Peregrinando (parte 1)

FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan. Este episodio é o primeiro dunha dupla que trata a que pode ser unha das accións máis representativas do fandom: a peregrinación. No mundo hai miles de lugares aos que viaxan fans buscando a esencia dun referente ou coa pretensión de renderlle tributo. Ás veces son casas-museo, tumbas ou monumentos, outras son lugares de rodaxe ou sitios dos que se falaba en cancións e libros... Neste FAN FAN seguimos, a través de músicas e testemuños, o rastro de ídolos (maioritariamente) mortos como Elvis Presley, Federico García Lorca, Sylvia Plath, Rodrigo Cuevas, Theo Angelopoulos ou o apóstolo Santiago, aproveitando para tratar, entre outras cousas, a dimensión relixiosa do fenómeno fan (ou a dimensión fan do fenómeno relixioso). Participan V. do Rexo, Samuel Solleiro, Xiana Arias e María Yáñez, e sonan Desireless, Ana Kiro, Paul Simon, Enrique Morente, os Clash, as Raincoats, Patti Smith, Metralletas Lecheras, Das Kapital, Vangelis, o citado Rodrigo Cuevas, os Beatles e Malandrómeda.
Travel and places 5 years
0
0
226
45:21

FAN FAN: Soños

FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan na música e as cousas que fai aparecer: novas obras, comunidades organizadas e emocións intensas. Neste segundo episodio para VINTE, Cibrán aborda a relación coas iconas pop a través dos soños, con xente que os relata e cancións inspiradas por eles. Como é lóxico, hai fantasía, romance, situacións absurdas, amizades bonitas e algo de incomodidade. Neste episodio de FAN FAN interveñen Rubén Domínguez, Pepa Prieto Puy, Olalla Esquimal, Andrea Villa, Héctor González, Teresa Ferreiro, Angelo Mastartoni e Leonor Murias.
Magazine and lifestyle 5 years
1
0
214
43:08

FAN FAN: Arredor de Ana Kiro

FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan na música e as cousas que fai aparecer: novas obras, comunidades organizadas e emocións intensas. Neste primeiro episodio para Vinte, Cibrán aborda a Ana Kiro e o seu impacto na xente galega, falando con fans que a seguiron no seu momento e persoas que se achegaron a ela máis recentemente. E poñendo temazos, claro. Unha oportunidade para aprender (ou repasar o aprendido) sobre esta figura clave da nosa cultura popular no momento en que se cumpren dez anos do seu pasamento. Lista de cancións que aparecen: Ana Kiro - Galicia Terra Meiga Elvis Presley - Can’t Help Falling in Love Ana Kiro - Recordando a Galicia Ana Kiro - As romerías galegas Ana Kiro - Soíña na casiña Ana Kiro - Amor de nenos Ana Kiro - Homenaxe aos emigrantes Ana Kiro - A rumba da gaita Ana Kiro - Acouga meu queridiño Ana Kiro - Din que é verde Ana Kiro - Por última vez Ana Kiro - Si vas ó Brasil Ana Kiro - Galega traballadora Ana Kiro - De vacacións Ana Kiro - Merengue galego Ana Kiro - Avenidas y paseos Emilio José - Mae O Caimán do Río Tea - Vén a bailar Boyanka Kostova - Muinheira de interior Marietta - Non me despedín de ti Ana Kiro - Saludos
Magazine and lifestyle 6 years
4
0
632
52:37
You may also like View more
Burán Programa quincenal de radio, de temática variada (xeralmente cultural) e certa intención divulgativa. Updated
DesignBetter.Co: Design great products Design Better co-hosts Eli Woolery and Aarron Walter explore the intersection of design, technology, and the creative process through conversations with guests across many creative fields, helping you hone your craft, unlock your creativity, and learn the art of collaboration. Whether you’re design curious or a design pro, Design Better is guaranteed to inspire and inform. Vanity Fair calls Design Better, “sharp, to the point, and full of incredibly valuable information for anyone looking to better understand how to build a more innovative world.” Updated
Efecto Doppler Ciencia, arte, música, activismo, fotografía, ensayo y cultura pop. Updated
Go to Magazine and lifestyle