
Podcast foto nº187 - Certame 2021 Imaxes do Patrimonio

Description of Podcast foto nº187 - Certame 2021 Imaxes do Patrimonio
Peza elaborada por Nayara Campo do IES San Rosendo de Mondoñedo. Acompaña a foto nº187 do Certame 2021 Imaxes do Patrimonio.
"Texto:
Esta foto foi tomada 13 de xuño do 1969 na antiga parroquia de Lindín, Mondoñedo, cando se estaba a celebrar a festa do San Antonio, propia do lugar. Nela aparecen a miña avoa, bisavoa e algúns veciños xunto co seu gando, xa que nesta celebración a xente ía bendicilo para ter boa sorte durante todo o ano cos partos, produción...
Antigamente, nas aldeas era imprescindible o traballo de campo para sobrevivir, dependían del para todo, por exemplo, o falecemento dunha vaca podía variar a vida dunha familia . Agora é bastante desprezado pero segue a ser un medio de sustento para moitas familias e un servizo primario vital na sociedade. Os gandeiros teñen problemas para manter o seu labor e sobre todo non teñen moitas axudas para continuar, pero eles non se dan por vencido. Por todo iso é polo que nós debemos que loitar con eles e impedir a súa desaparición, porque se non, si que íamos ter problemas dos que agora mesmo non nos decatamos".